Convocatoria de bolsas para estadías no estranxeiro dirixidas ao alumnado do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía das escolas de arte e superiores de deseño de Galicia
Mar, 13/05/2025 - 13:29
Xúntase a Resolución do 13 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se fai pública a convocatoria de bolsas para estadías no estranxeiro dirixidas ao alumnado do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía das escolas de arte e superiores de deseño da Comunidade Autónoma de Galicia.
A tramitación das solicitudes farase a través das secretarías das diferentes Escolas de Arte e Superiores de Galicia
O prazo de inscrición estará aberto do 23 de xuño ao 1 de xullo de 2025, ambos os dous días incluídos