Inicio
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar
Curso 2025/2026
Prazo de solicitude: do 16/5/2025 a 20/6/2025, incluídos
Texto da convocatoria: ORDE do 28 de abril de 2025 (DOG do 15 de maio)
Procedemento administrativo: ED330B
O modelo mixto de EDIXGAL non se xestiona na aplicación de fondolibros. Este sistema tramitarase pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.
♦ Forma de presentación de solicitudes:
-
Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica [iniciar].
IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.
NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma
- Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [iniciar].
-
Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2025-2026, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2024-2025.
As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2026.
♦ Documentación complementaria:
- Especificase no artigo 11 da Orde de convocatoria
- NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa) [artigo 12 da Orde de convocatoria]
- A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática
♦ Máis información:
-
Información na Sede electrónica da Xunta de Galicia
-
Enlace ao portal educativo: páxina con listado de librarías e outros establecementos participantes en Axudas Libros (utilización dos vales de libros e material).
♦ Resumo do fondo e axudas:
♦ Prazos establecidos na convocatoria: