Gallego

Aberto o prazo para solicitar a participación nas Comisións Delegadas (CD) e nas Comisións de Avaliación (CA) da Proba de Acceso á Universidade (PAU) 2025

Gallego

Aberto o prazo para solicitar participar nas Comisións Delegadas (CD) e nas Comisións de Avaliación (CA) da Proba de Acceso á Universidade (PAU) da convocatoria 2025.

A inscrición debe facerse de xeito electrónico antes do 24 de febreiro a través da ligazón: Formulario de inscrición

Poden presentar solicitudes para as Comisións Delegadas: o profesorado dos corpos de educación secundaria e dos corpos de profesorado de artes plásticas e deseño, que, de acordo coa lexislación vixente, poida impartir docencia nas materias de bacharelato, nun grao superior de formación profesional, nun grao superior de artes plásticas e deseño ou nun grao superior de ensinanzas deportivas.

Poden presentar solicitudes para as Comisións de Avaliación: o profesorado dos corpos docentes e das especialidades que, de acordo coa lexislación vixente, poida impartir docencia nas materias de bacharelato.

O profesorado de FP pode solicitar participar nas Comisións Delegadas (vixiancia) pero non nas Comisións de Avaliación (corrección).

  • Máis información no documento “Información para participar nas comisións da PAU 2025”.

 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Orde do 31 de xaneiro de 2025 pola que se regula a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos na Comunidade Autónoma de Galicia

Gallego

Publicada a Orde do 31 de xaneiro de 2025 pola que se regula a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Tema: 

Colectivo: 

Convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso 2025/2026. Solicitude de NOVAS persoas candidatas

Auxiliares de conversa
Gallego

Desde o 11 de febreiro de 2025 ata o 26 de marzo de 2025, o Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes abre a convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso escolar 2025/2026.

Convócanse prazas de Auxiliares de Conversa de lingua alemá, chinesa, francesa, inglesa, italiana e portuguesa.

Axudas dirixidas a persoas graduadas e estudantes universitarias, como mínimo de segundo curso (ao peche da convocatoria), dos seguintes países:

Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Brasil, Bulgaria (inglés), Canadá (francés ou inglés), China, Costa de Marfil, Dinamarca (inglés), Estados Unidos, Filipinas, Finlandia (inglés), Francia, Hungría, Irlanda, India, Islandia (inglés), Italia, Luxemburgo, Malta, Marrocos (francés), Noruega (inglés), Nova Zelandia, Países Baixos (inglés), Países de Oceanía (Fixi, Illas Salomón, Kiribati, Samoa, Tonga e Vanuatu), Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Suecia (inglés), Suíza (alemán ou francés), Tailandia e Tunes (francés).

Ligazón á convocatoria:

https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/99/998188/ficha/998188-2025.html

Información:

Departamento: 

Colectivo: 

Convocatoria para a solicitude de RENOVACIÓN das persoas auxiliares de conversa para o curso 2025/2026. Centros públicos

Auxiliares de conversa
Gallego

Información en galego, castelán e inglés relativa ao proceso de renovación no Programa de Auxiliares de Conversa en Galicia. Contén ligazóns á plataforma de solicitude e á información.

Estas instrucións van dirixidas ás persoas participantes no programa de auxiliares de conversa durante o curso 2024/2025 que desexen solicitar a renovación no programa durante o curso 2025/2026.

A ter en conta:

  • Non é posible participar no programa de auxiliares de conversa en Galicia máis de tres cursos escolares consecutivos.
  • É obrigatorio realizar a formación didáctica específica para persoas auxiliares de conversa.
  • Prazo de solicitudes: desde o 11 de febreiro de 2025 ata o 26 de marzo de 2025.

 

Colectivo: 

Convocatoria do concurso Eduemprende Idea 2025

Eduemprende
Gallego

Publicada a Orde do 30 de decembro de 2024 pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2025 dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos (código de procedemento ED523A).

  • Comprende dúas modalidades:
  • Modalidade A: ciclos de grao superior e cursos de especialización.
  • Modalidade B: ciclos de grao básico e grao medio.

A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dúas persoas e un máximo de catro.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 11 de febreiro ata o 16 de maio de 2025, ambos os dous incluídos.

 

Probas de certificación polo réxime oficial e libre nas escolas oficiais de idiomas

Gallego

Na Instrución 3/2025 da Dirección Xeral de Formación Profesional, regúlanse as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial polo réxime oficial e libre para o curso 2024/25.

Prazo de inscrición (alumnado CALC, CALG, CUALE, ExamPrep e alumnado libre): do 24 de febreiro ao 12 de marzo de 2025

Máis información: Instrución 3/2025

Tema: 

Colectivo: 

Axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa para mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras

ac
Gallego

Achégase ORDE do 14 de xaneiro de 2025 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa durante o curso 2024/25 coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras (Código de procedemento ED504E).

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

 

Colectivo: 

Relación de proxectos presentados á convocatoria de premios a proxectos de innovación na FP 2025

fp
Gallego

Publicada a listaxe de proxectos de innovación presentados á convocatoria premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (Resolución do 2 de decembro de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional).

Nas seguintes ligazóns atopará a relación de proxectos presentados, agrupados por centro educativo coordinador, así como a documentación requirida se é o caso.

O prazo de presentación da documentación requirida será do 7 de febreiro ao 18 de febreiro, ambos os dous incluídos.

 

Colectivo: 

Resolución do 4 de febreiro de 2025, pola que se ditan instrucións para a acreditación da competencia dixital do alumnado que cursa, en réxime ordinario, ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato en Galicia no curso 2024/25

Competencia dixital
Gallego

Achégase Resolución do 4 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación da competencia dixital do alumnado que cursa, en réxime ordinario, ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2024/25.

O prazo de presentación de solicitudes abrangue do 5 ao 20 de febreiro.
A solicitude realizarase a través da aplicación  https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos/ (sección Programas de éxito educativo>> Proba de acreditación de competencias dixitais - Área 4 - 2º Bacharelato)

Para máis información sobre o procedemento de acreditación do alumnado en competencias dixitais consulte en: https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado.

 

Colectivo: 

Convocatoria de axudas ao alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para estadías noutros países co obxecto de coñecer a súa lingua durante o verán de 2025

Gallego

Orde do 10 de decembro de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas ao alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para estadías noutros países co obxecto de coñecer a súa lingua durante o verán de 2025 (código de procedemento ED416A).

  • Prazo de presentación de solicitudes: O prazo será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

 

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Sección: