Convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de abril e xuño de 2024
Enviado por administrador a Xov, 11/01/2024 - 11:17Publicada a Resolución do 3 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).
Os prazos de presentación de solicitudes de inscrición nas probas serán:
Para a primeira convocatoria: do 5 ao 21 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.
Para a segunda convocatoria: do 8 ao 19 de abril de 2024, ambos os dous incluídos.
Nota: Debido a causas sobrevidas hai un cambio no lugar de realización da proba na sede de Ourense. A proba do próximo 7 de xuño celebrarase na EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, n.º 4, 32002 Ourense.
File:
Tema:
Departamento:
Sección: