Aprender a emprender. Como educar o talento emprendedor (Fase I)
Enviado por boletin a Ven, 11/11/2016 - 10:33O programa Educar o talento Emprendedor persegue o reto de introducir a competencia de Aprender a Emprender na práctica ordinaria dos/das docentes e así configurar auténticas escolas emprendedoras.
O programa opta polas denominadas “metodoloxías activas”, que enfocan a aprendizaxe no propio alumnado, e nas que o rol do profesorado cambia substancialmente. En concreto, abórdanse tres metodoloxías activas: aprendizaxe cooperativa, aprendizaxe de servizo e a elaboración de proxectos de emprendemento ético, pola súa potencialidade na aula para adestrar as aprendizaxes vinculadas ao talento emprendedor. O outro gran alicerce do programa radica na definición de diversos sistemas de avaliación, nos que os/as docentes adoptan o rol de adestradores de procesos de aprendizaxe do seu alumnado.
O programa conta cun servizo de asesoramento en liña para docentes, asociado á web: http://competenciaemprendedora.org/
Temporalización: 21/11/2016 - 22/11/2016 - 01/12/2016
Data límite de inscrición: 31/10/2016
Ligazón para inscribirse: https://es.fpdgi.org/form/73/perfil/
Website:
Tema:
Ensinanza:
Colectivo:
Sección: