Gallego

Premio Proxecta de Innovación Educativa 2018 para os centros docentes públicos admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2017/2018

Premio Proxecta de Innovación Educativa 2018 para os centros docentes públicos admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2017/2018
Gallego

Publicada a Resolución do 19 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca o Premio Proxecta de Innovación Educativa 2018 para os centros docentes públicos admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2017/18.

  • O prazo de participación remata o 24 de abril de 2018.

Para calquera dúbida:

planproxecta@edu.xunta.es

881 997 498 / 881 997 096

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

I Concurso de carteis sobre a doazón e os transplantes

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocan un concurso de carteis relacionado coa doazón e cos transplantes. Este concurso ten como finalidade achegar a realidade da doazón e dos transplantes á poboación escolar na nosa Comunidade Autónoma, de xeito que o alumnado sexa capaz de valorar os beneficios do fomento da doazón de órganos para a cidadanía.

Alumnado destinatario: 5º e 6º de educación primaria e 1º e 2º da ESO
Centros destinatarios: todos os centros educativos galegos.
Ampliacón do prazo de presentación das solicitudes: ata o 30 de abril de 2018.

Para obter máis información pódense consultar as bases da convocatoria no arquivo anexo.

Gallego
Logo

Tema: 

Sección: 

Proxecto “Asignatura Empatía”

Trátase dun proxecto desenvolto por Samsung e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para concienciar e intentar reducir o acoso escolar mediante a implicación do alumnado na propia resolución do problema.

O obxectivo é concienciar sobre o problema do acoso escolar e ciberbullying. Para isto utilizaranse dispositivos Samsung de Realidade Virtual e un vídeo en 360º. Para medir o impacto realizarase un cuestionario anónimo posterior á visualización do vídeo.

Esta actividade está destinada a alumnado de 1º de ESO.

Os centros que estean interesados en participar deberán mandar un correo a asesoria.tic@edu.xunta.es antes das 14:00 do mércores 21 de febreiro de 2018 indicando no asunto “proxecto asignatura empatía”.

Gallego
Cartel do proxecto

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria eduMOTIVAcon

Convocatoria eduMOTIVAcon
Gallego

Este programa educativo ten como obxectivo ofrecer aos centros de ensino non universitario galegos experiencias de diferentes persoeiros de recoñecido prestixio e relevancia na sociedade galega e que destacan en diferentes campos profesionais, para así fomentar no alumnado valores como a motivación, o esforzo, a curiosidade,  o pensamento crítico e o traballo en equipo.

Trátase de fortalecer os procesos de ensino e aprendizaxe que os docentes desenvolven nas aulas a través das distintas disciplinas curriculares ou proxectos nos que traballan co alumnado, con achegas que os complementen mediante charlas, obradoiros ou visitas que cada persoeiro propón.

Plataforma web

Este proxecto dispón dunha plataforma web para dar soporte a toda a información, as experiencias dispoñibles, as que se desenvolven nos centros, as solicitudes e a participación nas redes sociais.

Destinatarios: Centros docentes de ensino non universitario públicos e concertados

Para calquera dúbida:

Sección: 

O profesorado de todos os CRAs de Galicia reciben formación sobre “Escolas na Nube”

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) puxeron a disposición de todos os Colexios Rurais Agrupados de Galicia “Escolas na Nube”, un proxecto de innovación educativa que tenta desenvolver unha contorna de colaboración e aprendizaxe en comunidade, baseada en servizos ‘cloud’ e software aberto.

Gallego
O profesorado de todos os CRAs de Galicia reciben formación sobre “Escolas na Nube”

Colectivo: 

XXXV Olimpíada Galega de Química 2018

A Asociación de Químicos de Galicia-ANQUE, coa colaboración do Colexio Oficial de Químicos de Galicia organiza, o 23 de marzo de 2018, nas sedes da Coruña, Lugo, Santiago, Ourense e Vigo a edición XXXV desta Olimpíada. O  evento vai dirixido ao alumnado de calquera centro público ou privado da Comunidade Autónoma de Galicia matriculado, durante o curso 2017/18, no Bacharelato e que non teña cumpridos dezanove anos o 1 de outubro de 2018. Con carácter excepcional, tamén poderán tomar parte alumnos/as do 2º ciclo da ESO de excelentes capacidades.

As probas, cuxo contido versará sobre aqueles aspectos da Química que estean recollidos no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, conterán tanto cuestións tipo test como problemas e interpretación dun suposto práctico de laboratorio.

O prazo para as solicitudes de participación é ata o 13 de marzo de 2018, indicando expresamente en que cidade quere realizar as probas.

A  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia reconocerá estas fases (local e nacional) como actividades de innovación educativa cunha certificación ao profesorado participante equivalente a 15 horas de formación en caso de fase autonómica e 25 horas na fase nacional.

 

Gallego
XXXV Olimpíada Galega de Química 2018

Colectivo: 

Sección: 

Actualización do repositorio de contidos de espazoAbalar con 56 novos recursos educativos dixitais

O repositorio de espazoAbalar ampliou novamente a súa oferta, nesta ocasión con 56 novos contidos educativos en formato dixital. Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 3.139 recursos, dispoñibles en varios idiomas, para os seguintes niveis educativos: educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.

Os contidos proceden de:

Da actualización do manual de Debuxo Técnico II de Senén Olano Álvarez para 2º de bacharelato quen usou o procedemento de cesión de dereitos:

Debuxo técnico II

Das unidades didácticas interdisciplinar para 4º da ESO elaboradas por Felisa Redondo Valín quen usou o procedemento de cesión de dereitos:

Gallego
espazoAbalar

Resolución provisional de centros admitidos no programa de innovación educativa "Club de Ciencia" durante o curso 2017/2018

Gallego

Xúntase a Resolución provisional do 8 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se resolve a participación no programa de innovación educativa “Club de ciencia” para centros docentes públicos de ensino non universitario da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria durante o curso 2017/18

Colectivo: 

Sección: 

Dous centros galegos, recoñecidos na convocatoria Move2Learn da Comisión Europea

A Comisión Europea acaba de publicar a listaxe de proxectos seleccionados na iniciativa Move2Learn, Learn2Move. Entre eles, foron recoñecidos os proxectos de 2 centros galegos:

  • IES de Poio: "Delirant isti eTwinnienses Romani!" desenvolvido polo alumnado de  Latín de 1º de bacharelato.
  • IES San Clemente: "Green spots in town" desenvolvido polo alumnado de Administración de Sistemas Informáticos en Rede.

Pódese consultar toda a información na seguinte ligazón.

Gallego
logo

Colectivo: 

Sección: 

Ampliación do prazo de participación na convocatoria do Plan Proxecta para o curso 2017/2018

Ampliación do prazo de participación na convocatoria do Plan Proxecta para o curso 2017/2018
Gallego

Prorrógase ata o venres 20 de outubro de 2017 o prazo para solicitar a participación na convocatoria 2017/18 do Plan Proxecta.

Tema: 

Colectivo: 

Sección: