Título node Learning object

eTwinning: novo grupo destacado para persoal de dirección e xestión de centros educativos
Mér, 09/11/2016 - 13:02
Logo eTwinning

Os grupos de eTwinning son unha das mellores maneiras para compartir materiais e poñer en común ideas entre docentes. Por iso, presentouse recentemente a creación dun grupo para persoal de dirección e xestión de centros (principals & school management staff).

En setembro celebrouse un congreso monográfico sobre eTwinning e participación cidadá en Florencia, Italia, para persoal de dirección e xestión de centros. Neste congreso, abriuse un amplo debate sobre as cuestións ás que se enfronta a dirección de centros educativos hoxe en día: as habilidades dixitais, a motivación do alumnado, as repercusións das migracións, así como o que implica converterse nun «centro eTwinning». Durante estes debates, quedou claro que eTwinning necesitaba un espazo para persoal de dirección de centros e de xestión, co que examinar estas cuestións.

eTwinning creou o grupo eTwinning for School Management (eTwinning para xestores de centros educativos) como resposta a esta necesidade. Se traballas como directora, director ou persoal de xestión de centros educativos, xa podes participar.