Gallego

Un paseo pola música de Galicia

Hoxe en día son moitos e moi variados os recursos dixitais que temos á nosa disposición en Internet. Independentemente da etapa educativa ou da materia da que se trate, a rede poderá fornecernos case con total seguridade calquera material que precisemos nun momento dado. Así, no caso da educación musical na educación secundaria obrigatoria, atopamos actividades de todo tipo: sobre o oído e a voz humana, familias instrumentais, linguaxe musical, historia etc. Con todo, considero que o número das relacionadas coa música da nosa comunidade é case insignificante se o comparamos con outras do tipo das anteriormente citadas, especialmente se buscamos algunha que nos permita obter unha visión xeral da música feita en Galicia.

É neste contexto no que xorde a idea de Un paseo pola música de Galicia. Nace coa finalidade de reunir nun único ODE (obxecto dixital educativo) unha serie de contidos e actividades sobre a nosa música, de xeito que tanto o profesorado como o alumnado poida acceder dun modo rápido e sinxelo a unha gran cantidade de material didáctico sobre o tema, tratado aquí no seu conxunto.

Gallego
Un paseo pola música de Galicia

Concurso de fotografía "Entendendo as nubes"

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio convoca o concurso de fotografía 'ENTENDENDO AS NUBES' .

O prazo para a presentación de candidaturas remata o vindeiro 23 maio.

A recepción das fotografías realizarase a través da dirección de correo electrónico:  administracion.meteogalicia@xunta.gal.

Importante!! Aceptaranse unicamenta os envíos realizados desde contas de correo electrónico oficiais.

As bases deste concurso atópanse no seguinte ligazón: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170323/AnuncioG0422-200317-0004_gl.pdf

Gallego
Logos de Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Meteogalicia

Sección: 

Actualización do repositorio de contidos de espazoAbalar con 27 novos recursos educativos dixitais

Actualización do repositorio de contidos de espazoAbalar con 27 novos recursos educativos dixitais
Gallego

O repositorio de espazoAbalar ampliou novamente a súa oferta, nesta ocasión con 27 novos contidos educativos en formato dixital.

Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 2.939 recursos, dispoñibles en varios idiomas, para os seguintes niveis educativos: educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.

Máis información

Día Mundial da Creatividade e da Innovación

Descrición

A Cidade da Cultura acolle o vindeiro xoves 20 de abril o Día Mundial da Creatividade e a da Innovación, unha data coa que se quere poñer de manifesto a creatividade persoal de cada cidadán a nivel mundial. Esta xornada foi promovida polo deseñador publicitario Marci Segal de Toronto (Canadá) e a elección deste día coincide co nacemento dunha das mentes máis creativas da Historia: Leonardo da Vinci.

Información práctica

Data: 20 de abril de 2017

Lugar: Cidade da Cultura. Salón 1. Edificio CINC. Santiago de Compostela

Horario visita: de 16.00h a 17.00h

Horario xornada: de 17.30h a 19.45h

Teléfono de información: 981 536 434

Correo electrónico (confirmar asistencia previamente): noroeste@apd.es

Programa

17.20 h Recepción de asistentes
17.30 h Apertura. Santiago Sesto. Director Zona Noroeste APD.
17.35 h Inauguración. Ángel Rodríguez, Director Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI).
17.45 h Escolas creativas, empresas innovadoras. Elba Pedrosa. Consultora en comunicación e creatividade Promotora e organizadora da First World Creativity & Innovation Week Galicia
18.05 h Conexións con Viena e Bristol
Emprendedores e creatividade. Selma Prodanovic
Educación innovadora. Niegel Newton. Projects Director & Researcher
18.20 h Mesa redonda. Educar hoxe para dirixir mañá. Modera Sara Carreira, xornalista especializada en educación de La Voz de Galicia
19.20 h Coloquio
19.45 h Fin da xornada

Ás 16:00 h as persoas asistentes que o desexen poderán asistir a unha visita guiada á exposición Da árbore á cadeira.

Gallego
Logo

Sección: 

Descartes e Synfigstudio na Maqueta Abalar

Xa están dispoñibles na Maqueta Abalar dous novos programas: Descartes e Synfigstudio

Por un lado, con Descartes pódense visualizar as gráficas de funcións algebraicas de diferentes maneiras. O rango de funcións xa incluídas no programa é moi amplo: desde funcións trigonométricas simples ou hiperbólicas ata funcións teito ou gamma.

Ademais das funcións que veñen definidas no propio programa, pódense definir tamén as súas propias, e ver as gráficas resultantes.

As principais finalidades de Descartes son: a creación de actividades relacionadas coa representación gráfica de funcións, as ferramentas xeométricas, o cálculo algorítmico, representación en tres dimensións, etc.

Gallego
Descartes e Synfigstudio na Maqueta Abalar

Novidade: Programa de Educación Financeira dispoñible en inglés

Este programa é unha iniciativa enmarcada dentro do Plan de Educación Financeira, proxecto lanzado pola Comisión Nacional del Mercado de Valores (CNMV) e o Banco de España. Coa colaboración da Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones e a Secretaría General del Tesoro, co obxectivo xeral de contribuír á mellora da cultura financeira de todos os cidadáns.  O Ministerio de Educación, cultura e Deporte avala esta iniciativa.

O programa de Educación Financeira pretende incorporar temas de finanzas persoais nas aulas. Trata de potenciar os coñecementos, destrezas e habilidades básicas que permitan ao alumnado comprender conceptos claves como o aforro, os ingresos, o presuposto persoal, o custo das cousas, a calidade de vida o e consumo responsable.

Como novidade os materiais tamén están dispoñibles en inglés.

Os centros e docentes que participen neste programa contarán cos seguintes recursos:

  • Contidos e manual didáctico
  • Zona reservado para docentes na web www.gepeese.es
  • Curso online (certificado polo INTEF)
  • V Edición do Concurso “Premios Programa de Educación Financeira”

Para máis información e acceso ao formulario de inscrición, na ligazón aportada

Gallego
Cartel do Programa de Educación Financeira curso 16/17

Colectivo: 

O encerado dixital, porta de entrada á comprensión

Baixo a denominación Actividades de Matemáticas para a PDI, aparece no repositorio Abalar unha batería de actividades e xeradores de actividades que foron realizados durante unha licenza por estudos de dous meses de duración de Rico Taboada.

A elaboración destes recursos nace pola necesidade de poñer ao día, en canto presentación, os materiais escolares en papel acumulados durante anos e, asemade, aproveitar as novas posibilidades que ofrecería o emprego desas actividades no EDI.

Os materiais escolares que serviron de base para estas actividades beberon das mesmas fontes ca as de calquera mestre: manuais escolares, traballos en equipo, cursos, escolas de verán… e a experiencia de anos impartindo clase en educación primaria.

Gallego
O encerado dixital, porta de entrada á comprensión

Xeoactividade nas Azores

“Dende Vigo directos á dorsal mesoatlántica, vía Instagram”

Trátase dunha iniciativa innovadora, probablemente a primeira en España que utiliza Instagram como ferramenta educativa,levada a cabo polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do IES do Castro, na que un grupo de alumnos da materia de Xeoloxía de 2º de Bacharelato , capitaneados polo seu profesor, Luis Miguel Pérez, viaxaron á illa de Terceira no arquipélago das Azores.Alí realizaron un triplo papel,como estudantes, profesores e divulgadores, a través de Instagram, unha das redes sociais máis utilizadas polos adolescentes.

Gallego
Xeoactividade nas Azores

Colectivo: 

Recursos educativos abertos e interactivos sobre a atmosfera, a meteoroloxía e climas do mundo

O material proposto foi elaborado por  Tucho Méndez (profesor de Tecnoloxía) e Juan Martínez (estudante), co imprescindible asesoramento de Carmen Cuesta García, profesora de Xeografía e Historia no IES Canido (Ferrol).

Presentaron dúas secuencias didácticas, unha sobre os climas do mundo para Xeografía e Historia e outra sobre a atmosfera para Ciencias da Natureza, ambas as dúas para primeiro da ESO. Estas secuencias didácticas están compostas por animacións, imaxes e actividades interactivas, e son aptas para ser traballadas empregando o EDI ou os propios ordenadores dos alumnos.

O material enfócase cara aos recursos multimedia e renunciouse a producir un traballo baseado na abundancia de texto e na imaxe estática, xa que consideran que, naquel intre, a oferta dese tipo de recursos era grande e, frecuentemente, moi boa. Ao contrario, atopar animacións e exercicios interactivos de calidade, sobre todo en galego, era un dos grandes ocos que se precisaba cubrir.

Obxectivos

  • Complementar o labor docente nas aulas Abalar.
  • Ser atractivos e motivadores para o alumnado.
  • Ser sinxelos e fiables no seu uso.
  • Ser coherentes visual e tecnicamente.
  • Permitir o seu uso modular.
  • Resultar efectivos para o proceso de ensino-aprendizaxe.
  • Favorecer o proceso de autoavaliación.

Dentro das áreas concretas nas que podemos aplicar estes recursos, en Ciencias Sociais quixemos traballar contidos relacionados coa meteoroloxía e os climas do mundo, os mapas climáticos e a representación gráfica de datos climáticos, as causas de que existan diferentes climas, identificación e caracterización de climas, climas fríos, climas temperados e climas cálidos.

En Ciencias da Natureza os contidos que se desenvolveron foron a atmosfera, a súa importancia, a súa estrutura e composición, as condicións que moldean o tempo atmosférico, a explicación dos fenómenos meteorolóxicos e a diferenza entre tempo atmosférico e clima, así como os mapas de clima e a representación gráfica de datos climáticos.

Gallego
Recursos educativos abertos e interactivos sobre a atmosfera, a meteoroloxía e climas do mundo

Convocatoria de premio de innovación educativa “Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D” para centros públicos

Convocatoria de premio de innovación educativa “Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D” para centros públicos
Gallego

Poderán presentar solicitudes aqueles centros docentes públicos de ensino non universitario que impartan ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ou bacharelato.

Cada centro presentará ata un máximo de 6 equipos. Os equipos estarán configurados por un mínimo de 3 alumnos/as e un máximo de 6; deberán pertencer ao mesmo nivel educativo e estarán titorizados por un docente que pode ser o mesmo para todos os equipos. Procurarase que exista paridade de xénero na elección do alumnado participante.

Cada equipo presentará un proxecto STEM elaborado enteiramente polo alumnado coa dotación que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria realizou aos centros públicos de ensino non universitario no curso 2016/17, segundo as seguintes características:

  • Equipamento de robótica educativa
  • Placas de Comunicación  e Programación
  • Equipo de Impresión 3D

Categorías de participación

  • Categoría STEM junior (iniciación), para proxectos sinxelos realizados por alumnado de iniciación. Aconsellado para 1º, 2º, 3º da ESO, FP Básica ou PMAR.
  • Categoría STEM senior (afondamento), para proxectos máis complexos. Aconsellado para alumnado de 4º ESO e 1º bacharelato.

E ademais, en cada categoría, cada proxecto poderá presentarse aos seguintes “Desafíos”:

  • Desafío Robots: proxecto no que nun escenario un ou varios robots realizan determinadas accións ou tarefas encamiñadas a dar solución a unha situación que teña aplicación na realidade da vida diaria, da industria etc.
  • Desafío Programación: proxecto tecnolóxico que de solución a unha necesidade concreta onde se utilicen linguaxes de programación tipo Scratch .
  • Desafío Impresión 3D: proxecto tecnolóxico onde se utilice unha impresora 3D para o deseño e construción de todas ou parte das pezas da maqueta que represente ao proxecto.

Cada proxecto debe presentarse a unha única categoría e un, varios ou todos os desafíos que se propoñen.

Premios:

Haberá 6 premios, un por cada desafío e categoría de 2.000 euros cada un para o centro docente do equipo gañador.  Cada centro poderá recibir un só premio.

O alumnado dos equipos gañadores recibirá un premio ou unha distinción e poderán participar nun evento onde amosen os seus traballos.

O docente titor de cada equipo gañador recibirá da consellería unha certificación como 1º premio de innovación educativa cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado.

  • O prazo para presentar proxectos será antes do 21 de abril de 2017.
  • Amplíase o prazo para presentar proxectos ata o 1 de xullo de 2017.

Máis información detallada da documentación a presentar para participar, no arquivo anexo da convocatoria.

Sección: