Gallego

Resolución provisional da convocatoria a participación no programa de innovación educativa «OBSERVA_ACCIÓN» durante o curso 2018/2019

Resolución provisional da convocatoria a participación no programa de innovación educativa «OBSERVA_ACCIÓN» durante o curso 2018/2019
Gallego

Resolución provisional da convocatoria para a participación no programa de innovación educativa «OBSERVA_ACCIÓN» durante 2018/2019, que se levará a cabo en Galicia, en colaboración con outras Comunidades Autónomas do Estado Español e con outras institucións a nivel internacional.

  • Prazo de tres días hábiles a partir do día seguinte ao desta publicación para formular reclamacións ou alegacións

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución definitiva dos premios de innovación educativa "Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D"

Resolución definitiva dos premios de innovación educativa "Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D"
Gallego

Achégase a Resolución definitiva do 19 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Educacción, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se resolve o premio de innovación educativa "Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D" para centros docentes públicos de ensino non universitario da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria para a participación no programa de innovación educativa «OBSERVA_ACCIÓN» durante 2018/2019, que se levará a cabo en Galicia, en colaboración con outras Comunidades Autónomas do Estado Español e con outras institucións a nivel internacional

Convocatoria para a participación no programa de innovación educativa «OBSERVA_ACCIÓN» durante 2018/2019, que se levará a cabo en Galicia, en colaboración con outras Comunidades Autónomas do Estado Español e con outras institucións a nivel internacional
Gallego

Xúntase a Resolución de 31 de Outubro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a participación no programa de innovación educativa «OBSERVA_ACCIÓN» durante o curso escolar 2018/19, que se levará a cabo en Galicia, en colaboración con outras Comunidades Autónomas do Estado Español e con outras institucións a nivel internacional.

  • O prazo de presentación de solicitudes e da documentación será de 10 días hábiles desde o día seguinte á publicación da presente resolución no portal educativo.

Colectivo: 

Sección: 

Resolución provisional de centros admitidos no programa "Espazos Maker" para centros docentes públicos durante o curso 2018/2019

Gallego

Achégase a resolución provisional dos centros docentes admitidos no programa "Espazos Maker" durante o curso 2018/19.

  • Ábrese un prazo de 5 hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución no portal educativo, para efectuar reclamacións ou renuncias.

Por mor dunha maior axilidade na xestión, pode adiantar as posibles reclamacións e/ou renuncias por correo electrónico ao enderezo espazostem@edu.xunta.es, o que non exclúe facelo segundo o procedemento administrativo establecido.

 

Sección: 

Resolución provisional de centros docentes admitidos para participar no programa "Introdución á robótica educativa en primaria" durante o curso 2018/2019

Gallego

Achégase a resolución provisional de centros docentes admitidos no programa "Introdución á robótica educativa en primaria".

  • Ábrese un prazo de de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución neste portal educativo, para efectuar reclamacións ou renuncias.

Por mor dunha maior axilidade na xestión, pode adiantar as posibles reclamacións e/ou renuncias por correo electrónico ao enderezo roboticaprimaria@edu.xunta.es, o que non exclúe facelo segundo o procedemento administrativo establecido.

Sección: 

Resolución provisional da convocatoria de premio de innovación educativa “Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D” para centros públicos

Resolución provisional da convocatoria de premio de innovación educativa “Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D” para centros públicos
Gallego

Resolución provisional do 3 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Educacción, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se resolve o premio de innovación educativa "Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D" para centros docentes públicos de ensino non universitario da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

  • Ábrese un prazo de 5 hábiles para realizar reclamacións ou renuncias

Colectivo: 

Sección: 

Resolución definitiva dos centros premiados na convocatoria do Premio Proxecta de Innovación Educativa 2018

Resolución definitiva dos centros premiados na convocatoria do Premio Proxecta de Innovación Educativa 2018
Gallego

Achégase a resolución definitiva pola que se resolven os Premios Proxecta de Innovación Educativa 2018 para os centros docentes públicos admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2017/18, convocados na Resolución do 19 de marzo de 2018.

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Román Rodríguez anuncia que o programa de libro dixital E-Dixgal chegará o vindeiro curso a 600 centros educativos galegos

A iniciativa permite ao alumnado do ensino galego estudar con este sistema de libro dixital durante seis cursos consecutivos: de 5º de Primaria a 4º de ESO

O 94% dos centros participantes son públicos e está previsto que se beneficien deste programa 60.000 alumnos o vindeiro curso

O alumnado amosa na Cidade da Cultura o seu traballo coas novas tecnoloxías arredor do espazo virtual, a robótica ou a impresión 3D

O conselleiro destaca a utilidade destas iniciativas para afondar nas prioridades estratéxicas da Estratexia de Educación Dixital 2030

Gallego
d

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade en funcións, Román Rodríguez, visitou hoxe os expositores dos 23 centros educativos participante nos obradoiros do I Congreso de Innovación Educativa e Dixital, DixInnova 2022. No seu percorrido pola feira, o titular do departamento de ensino do Goberno galego anunciou que o número de centros participantes no programa de libro dixital da Xunta, E-Dixgal, se elevará o vindeiro curso a 600, ao abeiro da incorporación de 55 novos centros a esta iniciativa. “Deste xeito agardamos acadar os 60.000 alumnos estudando con libro electrónico de balde nas aulas galegas”, destacou.

O conselleiro, acompañado polo secretario xeral de Educación e Formación Profesional, José Luis Mira, sinalou que dos 55 novos centros en E-Dixgal que se poñen en marcha coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, 43 incorporan o programa na etapa de Primaria, 10 en ESO e 2 en Primaria e ESO á vez. Ademais, un centro que xa contaba co programa en Primaria incorpórao para o curso que vén en 1º de ESO.

Da totalidade de centros E-Dixgal o 94% son públicos. Por provincias, 216 deles están na da Coruña, 98 na de Lugo, 54 na de Ourense e 232 na de Pontevedra.

Seis cursos consecutivos

Tal e como explicou Román Rodríguez, “o ano pasado ampliouse este programa a 3º e 4º de ESO, o que permite que o alumnado poida estudar con este sistema durante seis cursos consecutivos”. “O curso 2022/23 traerá novidades, especialmente no referido aos contidos dispoñibles para o proxecto”, indicou.

Neste sentido, está en proceso a licitación de recursos editoriais adicionais para 3º e 4º da ESO. Así mesmo, amplíase o catálogo da contorna virtual Dixit, que xa conta con 37 contidos innovadores a disposición da comunidade educativa.

“Desde a súa posta en marcha no curso 2014/2015, este programa evolucionou e gañou peso, pasando de ser un proxecto experimental a converterse nunha iniciativa de referencia que beneficia a case a metade do alumnado de 5º de Primaria a 4º de ESO”, salientou o conselleiro.

Equipamento e recursos

Os centros e aulas Abalar contan cunha conexión de datos con velocidade nominal mínima de baixada de 100 Mbps e contan cun kit de aula dixital composto por pizarra dixital interactiva, proxector e equipo no posto do profesor e conexión á rede de datos do centro. Ademais, cada alumno conta cun ordenador ultraportátil en réxime de préstamo para o seu uso.

Os participantes no proxecto poden acceder a unha plataforma de Entorno Virtual de Aprendizaxe na que están dispoñibles tanto contidos editoriais diversos para as diferentes etapas como o repositorio de contidos do espazoAbalar que actualmente supera os 1674 recursos. A Xunta continúa traballando na ampliación deste material.

Experiencias innovadoras

Durante o seu percorrido polos 23 expositores de Dixinnova 2022, Román Rodríguez tivo a oportunidade de coñecer de primeira man o traballo do alumnado coas novas tecnoloxías arredor do espazo virtual, a robótica ou a impresión 3D.

Entre os proxectos que o alumnado e os seus docentes están a presentar no marco do congreso, o conselleiro en funcións puido comprobar o funcionamento dunha bicicleta intelixente para a mellora da seguridade viaria, dun brazo robótico, de simuladores de voo e soldadura, así como dun escape room con realidade aumentada, dunha cidade sostible no metaverso e dunha ruta ciclista virtual.

Así mesmo, nos expositores pode contemplarse un xogo elaborado polos estudantes arredor do corpo humano e os hábitos de vida saudable, participar nun taller de drons, así como en dúas iniciativas de radio e televisión innovadoras na escola, entre outros proxectos.

O titular do departamento educativo da Xunta felicitou a profesorado e alumnado por estes traballos e sinalou a importancia deste tipo de iniciativas para avanzar na consecución das prioridades estratéxicas da Estratexia de Educación Dixital 2030, “que pasan por fomentar o desenvolvemento dun ecosistema educativo dixital de alto rendemento e perfeccionar as competencias e capacidades dixitais para unha verdadeira transformación dixital”, dixo.

Audio: 

Sección: 

Programa ARCO

ARCO 2021/2022

TODA A INFORMACIÓN DO PROGRAMA ARCO PARA O CURSO 21/22 ESTARÁ ACCESIBLE NO APARTADO DOCUMENTACIÓN DA WEB DO PLAN RECUPERA.

 

Que é a iniciativa Arco?

 

NOVIDADES:

1. Amplíase o prazo de solicitude ata o 30 de setembro.

2. O reforzo educativo poderá realizarse dentro e/ou fóra da aula ordinaria.

3. Increméntase o nº de docentes asignados a cada liña, quedando establecido como segue:

  • Liña 1: 460 docentes a media xornada

  • Liña 2: 244 docentes a media xornada

  • Liña 3: 244 docentes a media xornada

 

Modificación Resolución Arco 20/21

 

 

INICIATIVA ARCO

Co fin de seguir avanzando cara á consecución dunha escola de calidade e inclusiva que responda ás necesidades de todo o alumnado, e para continuar traballando polo fomento do éxito escolar e a prevención do absentismo e abandono escolar temperá, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade promove, por segundo ano consecutivo, esta iniciativa dirixida a centros docentes públicos (CEIP, CEP, IES e CPI) en réxime de concorrencia competitiva, co obxecto de favorecer a participación do alumnado no grupo-clase e a consecución do seu máximo desenvolvemento emocional, intelectual, social e profesional a través das seguintes liñas de actuación:

 

  • LIÑA 1, dirixida a alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria.

  • LIÑA 2, dirixida a alumnado de 1º ESO.

  • LIÑA 3, dirixida a alumnado de 4º ESO.

 

 

OBXECTIVOS

 

  1. Apoiar o alumnado para a mellora do rendemento académico.

  2. Mellorar o éxito escolar e previr o abandono educativo temperán do alumnado que cursa as ensinanzas obrigatorias.

  3. Xerar un clima de aprendizaxe que favoreza o traballo en equipo, cooperativo e/ou por proxectos.

  4. Disminuír as barreiras de aprendizaxe que dificultan superar e acadar os obxectivos do seu nivel educativo.

  5. Xerar contornas de aprendizaxe que favorezan a interacción, o traballo colaborativo e a aplicación de metodoloxías participativas que melloren o desenvolvemento das competencias clave do alumnado.

  6. Desenvolver modelos curriculares máis competenciais, interdisciplinares e participativos.

  7. Impulsar a aplicación de cambios organizativos e metodolóxicos que permitan o seguimento personalizado das súas competencias.

 

Acceso á aplicación informática

Gallego
fse

Peso: 

42