Remata o prazo solicitude de participación nos programas educativos do CGAI (Cinema en curso, Fotografía en curso, CinEd)
Xov, 07/09/2017 - 14:13
Logo CGAI

O CGAI está a piques de pechar a convocatoria para participar nos programas educativos incluídos no Plan Proxecta: Cinema en curso, Fotografía en curso e CinEd. Pódense consultar os documentos anexos para ver o contido dos tres programas.

Respecto de cursos anteriores, a convocatoria de participación nestes programas ábrese e péchase antes ca o resto dos programas de Plan Proxecta, polo que cómpre atender as datas indicadas para o prazo de solicitude.

Destinatarios: centros públicos e concertados
Prazo de solicitude: do venres 8 de setembro ata o luns 2 de outubro de 2017