Título node Learning object
Dentro dos Premios Nacionais de Educación ao rendemento académico do alumnado a finalidade dos convocados na modalidade de Bacharelato é outorgar recoñecemento ao especial aproveitamento do alumnado que cursase cun rendemento académico excelente o Bacharelato establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.
Destinatarios: alumnado que, cursando segundo de Bacharelato durante o curso académico 2015-2016, obtivese un Premio Extraordinario de Bacharelato no ámbito da Administración educativa en que finalizase ditas ensinanzas.
Número: 15 premios.
Requisitos: Cursar primeiro e segundo de Bacharelato en calquera dos centros docentes españois, ben en réxime presencial, ben en réxime a distancia. Obter no conxunto dos dous cursos de Bacharelato unha nota media igual ou superior a 8,75 puntos. A nota media será a media aritmética das cualificacións das materias comúns, de modalidade e optativas dos dous cursos de Bacharelato, redondeada á centésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior.
Dotación: 1.000 euros cada premio.
Prazo de presentación: desde o 28 de outubro de 2016 ata o 21 de novembro de 2016