Gallego

XIV Xornadas de Igualdade – Coeducación organizadas polo Concello de Mugardos

Estas xornadas desenvolveranse do 5 ao 7 de outubro no Concello de Mugardos. As inscricións poden formalizarse ata o 3 de outubro ás 14:00 horas. O número de prazas está limitado a 100.

Máis información na ligazón aportada.

 

 

 

 

Gallego
Cartel das Xornadas de Igualdade – Coeducación organizadas polo Concello de Mugardos

Colectivo: 

Sección: 

Programación educativa da Fundación Camilo José Cela

A Fundación Pública Galega Camilo José Cela pon a disposición da comunidade educativa a súa oferta educativa para este curso 16/17. Esta programación abrangue múltiples actividades lúdicas tanto para docentes coma para escolares, que van dende visitas dinamizadas ó museo ata a realización de obradoiros didácticos sobre a figura do premio Nobel galego.
Ademais, este ano ten unha especial relevancia porque se conmemora o centenario do nacemento de Camilo José Cela.

 

 

 

 

Toda a información sobre esta programación atópase nas seguintes ligazóns:

 

Gallego
Cartel da programación educativa da Fundación Camilo José Cela

V Convocatoria de Proxectos Escolares 16/17 da Fundación Barrié

Esta iniciativa está promovida pola Fundación Barrié, co fin de estimular e recoñecer a tarefa do profesorado, os centros e outros axentes do contorno educativo de Galicia. Para isto, apoiarán a realización de proxectos educativos innovadores coas áreas de actividade da Fundación Barrié: Educación, Ciencia, Patrimonio e Cultura e Acción Social.

As propostas deberán axustarse aos currículos vixentes das ensinanzas non universitarias e pódense presentar segundo as seguintes modalidades:

  • Modalidade 1: Proxecto Centro
  • Modalidade 2: Proxecto Intercentros
  • Modalidade 3: Proxecto Colaborativo

Cada un dos proxectos seleccionados contará cunha dotación económica para a súa realización.

Prazo de presentación de proxectos: ata o 6 de outubro de 2016

Para a información desta convocatoria máis detallada, consultar a ligazón aportada.

Gallego
Logo da Fundación Barrié

Colectivo: 

Sección: 

Guía sobre hábitos de vida saudable

Trátase dunha guía para o fomento de hábitos saudables a través combinación de alimentación e exercicio físico, realizada por INGADA (Instituto Gallego del Déficit de Atención y trastornos asociados) coa colaboración da Consellería de Sanidade.

Esta guía está destinada a nenos/as e adolescentes de entre 6 a 20 anos de idade, así como a ANPAS, docentes e asociacións deportivas e grupos de educación non formal.

Pódese descargas esta guía no arquivo adxunto.

Gallego
Portada da guía "la buena vida"

Curso de formación "Abrazar la diversidad"

O "Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades" convoca un seminario de formación gratuíto sobre diversidade sexual, familiar e de identidade de xénero en contextos educativos, baseado na guía “Abrazar la diversidad: propuestas para una educación libre de acoso homofóbico y transfóbico” (Ligazón ao documento).

Duración: 10 horas
Horario: venres de 16.30 a 20.30 e sábados de 10:00 a 18:30
Destinatarios: docentes, membros de equipos directivos e de orientación, asesoras/es de centros de formación do profesorado e outras administracións educativas e responsables da administración educativa
Certificación: están certificadas polo Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa (CNIIE) do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Financiamento: Fondo Social Europeo.

Para facilitar o acceso a esta formación, celebraranse tres edicións:

VALLADOLID
Venres 23 e sábado 24 de setembro
Universidad de Valladolid
Data límite para a inscrición: luns 12 de setembro

ALICANTE
Venres 14 e sábado 15 de outubro
MACA, Museo de Arte Contemporáneo
Data límite para a inscrición: martes 27 de setembro

CÁCERES
Venres 4 e sábado 5 de noviembre
Universidad de Extremadura
Data límite para a inscrición: jueves 13 de outubro

Existen axudas de viaxe e/o aloxamento para persoas de fóra da provincia onde se realice a formación. Para formalizar a inscrición, cómpre picar nesta ligazón.

Para obter máis información ou consultar dúbidas, pódese escribir ao seguinte enderezo: diversidadyconvivencia@gmail.com

Gallego
Publicación

Tema: 

Sección: 

26 de setembro: Día Europeo das Linguas

O Día Europeo das Linguas (DEL) vense celebrando cada ano dende 2001, o 26 de setembro, é unha iniciativa para poñer en valor o multilingüismo do Consello de Europa , que representa a 800 millóns de cidadáns de 47 países.

Participan numerosas institucións e asociacións con intereses culturais e lingüísticos, así como universidades e centros escolares. O Día Europeo das Linguas non faltou nunca á súa cita anual dende que se celebrara por primeira vez no ano 2001,

A Subdirección General de Promoción Exterior Educativa do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, que actúa como Unidade  intermediaria co  Consello de Europa para asuntos educativos, dispón de mostras de material relacionado coa celebración do DEL.

Os centros educativos que teñan prevista esta celebración poden solicitar material do 1 ao 19 de setembro ao correo electrónico mrosario.gutierrez@mecd.es.  É  imprescindible especificar neses correo as actividades especiais programadas para dita celebración.

A cantidade de material é e limitada, polo que o Consello de Europa facilita na súa web a posibilidade de descargar e imprimir o logo, póster, banner e folleto en: http://edl.ecml.at/Participate/Materials/tabid/1769/language/es-ES/Default.aspx.  

Son relevante e de interés os seguintes ligazóns:

Gallego
Cartel do Día Europeo das Linguas

Oferta de prazas de seminarios de contactos e visitas: Programas Europeos

Na web do SEPIE http://www.sepie.es/ , a Axencia Nacional de Erasmus +,  ofértase prazas para participar nas Actividades de Cooperación Transnacional (Seminarios de contacto e visitas, chamadas TCA),  que terán lugar en diferentes cidades de Europa durante os meses de setembro, outubro e novembro de 2016, tanto para o sector da Educación Escolar como para o sector da Educación de Persoas Adultas.

As Actividades de Cooperación Transnacional (Seminarios de contacto e visitas de estudo) teñen por finalidade axudar ás institucións e os centros educativos dos países que participan no Programa Erasmus+ a entrar en contacto e desenvolver un plan de traballo con outros centros e institucións que desexen intercambiar experiencias, colaborar en proxectos de mobilidade ou establecer unha Asociación Estratéxica; é dicir participar en proxectos europeos futuros conxuntos.

Toda a información sobre a convocatoria, as actividades ofertadas, os criterios de selección e o formulario de solicitude están dispoñibles:

 

Gallego
Logo do SEPIE

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Novos materiais do programa UNICEF Educación

Como cada inicio de curso escolar UNICEF achega ao colectivo docente os novos materiais do programa educativo Enrédate, a partir de agora denominado programa UNICEF Educación. Neste curso 2016/17 celébrase o 27º aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno, data clave para celebrar cos alumnos e alumnas dos centros escolares.

Pódese descar o material da seguinte ligazón.

 

Gallego
Imaxe

Convocatoria da 1ª Edición do Programa de Expertos Nacionais en Formación Profesional

O Programa desenvolverase a partir do 1 e o 16 de marzo do 2017 e a súa duración vai de 3 a 5 meses.

Os requisitos para participar son:

  • Ser empregado público dunha Administración Pública nacional, autonómica ou local ou dunha organización intergovernamental antes ou durante o destacamento como ENFP.
  • Non haberse beneficiado de calquera tipo de contrato, emprego ou prácticas das Institucións da Unión Europea.
  • Pertencer a un grupo ou categoría profesional que requira estar en posesión dun título universitario.
  • Coñecemento satisfactorio de inglés ou francés, na medida que permita o cumprimento das funcións en ditas linguas. Os candidatos/as terán en conta que o aproveitamento das prácticas está condicionado ao dominio destas linguas.

 O número de prazas ofertadas é de 13 e a data para a presentación das solicitudes remata o 25 de setembro de 2016, incluído.

Os interesados remitirán, en formato electrónico e ao enderezo electrónico tramitacionend@ue.maec.es, a seguinte documentación:

  •  Application Form
  •  CV no formato Europass en español
  •  CV no formato Europass en inglés
  •  Carta de autorización do superior xerárquico competente

Esta convocatoria está publicada na páxina web da Representación Permanente:

Na seguinte ligazón web atópanse os formularios.

Gallego
Logo do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación

Colectivo: 

Sección: 

Seminario de formación “Abrazar a diversidade”

O “Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades” convoca este seminario de formación gratuíto sobre diversidade sexual, familiar e de identidade de xénero en contextos educativos, baseados na guía “Abrazar a diversidade: propostas para unha educación libre de acoso homofóbico e transfóbico” (dispoñible en: http://goo.gl/B1Kgb8). 

O seminario ten una duración de 10 horas e está dirixido a docentes, membros de equipos directivos e de orientación, asesoras/es de centros de formación do profesorado e outras administracións educativas e responsables da administración educativa de todas as Comunidades Autónomas, Ceuta e Melilla. Estas xornadas formativas están certificadas polo Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa (CNIIE) do Ministerio de Educación Cultura e Deporte y financiadas polo Fondo Social Europeo.

Para facilitar o acceso a esta formación, celebraranse  varias edicións do seminario en localidades e datas distintas, sempre co mesmo horario (venres de 16.30 a 20.30 horas e sábados de 10:00 a 18:30 horas):

ALACANT

  • Venres 14 e sábado 15 de outubro
  • MACA, Museo de Arte Contemporáneo
  • Data límite para realizar a inscrición: martes 27 de setembro

CÁCERES

  • Venres 4 e sábado 5 de novembro
  • Universidade de Estremadura
  • Data límite para realizar a inscrición: xoves 13 de outubro

Existen axudas de viaxe e/ou aloxamento para persoas de fora da provincia onde se realice a formación.

Gallego
Cartel da actividade "Abrazar a diversidade"

Tema: 

Colectivo: 

Sección: