Título node Learning object

V Convocatoria de Proxectos Escolares 16/17 da Fundación Barrié
Ven, 23/09/2016 - 10:51
Logo da Fundación Barrié

Esta iniciativa está promovida pola Fundación Barrié, co fin de estimular e recoñecer a tarefa do profesorado, os centros e outros axentes do contorno educativo de Galicia. Para isto, apoiarán a realización de proxectos educativos innovadores coas áreas de actividade da Fundación Barrié: Educación, Ciencia, Patrimonio e Cultura e Acción Social.

As propostas deberán axustarse aos currículos vixentes das ensinanzas non universitarias e pódense presentar segundo as seguintes modalidades:

  • Modalidade 1: Proxecto Centro
  • Modalidade 2: Proxecto Intercentros
  • Modalidade 3: Proxecto Colaborativo

Cada un dos proxectos seleccionados contará cunha dotación económica para a súa realización.

Prazo de presentación de proxectos: ata o 6 de outubro de 2016

Para a información desta convocatoria máis detallada, consultar a ligazón aportada.