Título node Learning object

Oferta de prazas de seminarios de contactos e visitas: Programas Europeos
Ven, 16/09/2016 - 14:39
Logo do SEPIE

Na web do SEPIE http://www.sepie.es/ , a Axencia Nacional de Erasmus +,  ofértase prazas para participar nas Actividades de Cooperación Transnacional (Seminarios de contacto e visitas, chamadas TCA),  que terán lugar en diferentes cidades de Europa durante os meses de setembro, outubro e novembro de 2016, tanto para o sector da Educación Escolar como para o sector da Educación de Persoas Adultas.

As Actividades de Cooperación Transnacional (Seminarios de contacto e visitas de estudo) teñen por finalidade axudar ás institucións e os centros educativos dos países que participan no Programa Erasmus+ a entrar en contacto e desenvolver un plan de traballo con outros centros e institucións que desexen intercambiar experiencias, colaborar en proxectos de mobilidade ou establecer unha Asociación Estratéxica; é dicir participar en proxectos europeos futuros conxuntos.

Toda a información sobre a convocatoria, as actividades ofertadas, os criterios de selección e o formulario de solicitude están dispoñibles: