Oferta de prazas de seminarios de contactos e visitas: Programas Europeos [1]
Enviado por juliatabo a Ven, 16/09/2016 - 14:39Na web do SEPIE http://www.sepie.es/ [2] , a Axencia Nacional de Erasmus +, ofértase prazas para participar nas Actividades de Cooperación Transnacional (Seminarios de contacto e visitas, chamadas TCA), que terán lugar en diferentes cidades de Europa durante os meses de setembro, outubro e novembro de 2016, tanto para o sector da Educación Escolar como para o sector da Educación de Persoas Adultas.
As Actividades de Cooperación Transnacional (Seminarios de contacto e visitas de estudo) teñen por finalidade axudar ás institucións e os centros educativos dos países que participan no Programa Erasmus+ a entrar en contacto e desenvolver un plan de traballo con outros centros e institucións que desexen intercambiar experiencias, colaborar en proxectos de mobilidade ou establecer unha Asociación Estratéxica; é dicir participar en proxectos europeos futuros conxuntos.
Toda a información sobre a convocatoria, as actividades ofertadas, os criterios de selección e o formulario de solicitude están dispoñibles:
- Para Educación Escolar (ensinanzas de infantil, primaria, secundaria e bacharelato) en:
- Para Educación de Persoas Adultas (EPAS e EEOOII e centros de Adultos de educación non formal):
Tema:
Colectivo:
Sección: