Título node Learning object

Proxectos de innovación e mellora. Recursos na Nube para a Aprendizaxe de Competencias en Formación Profesional. EDUCALAB
Mér, 09/11/2016 - 12:51
Logo educaLAB

Descrición do proxecto

O obxectivo deste proxecto é dotar ao profesorado da competencia que lle permita xestionar recursos na nube orientados á aprendizaxe das competencias que se poñen en xogo na formación profesional redeseñando actividades e contidos para a aprendizaxe de FP.

Obxectivos

Co proxecto preténdese:

  • Formar unha parte importante do claustro en tecnoloxías da información e a comunicación para desenvolver actividades que poidan resultar significativas na aprendizaxe das competencias de formación profesional, creando e xestionando recursos que permitan o seu desenvolvemento autónomo.
  • Compartir eses recursos cos centros implicados no proxecto para desenvolver un traballo en equipo, a miúdo afastado da nosa práctica profesional.

Formar o alumnado utilizando tecnoloxías que lle resulten máis atractivas e estimulantes, convertendo o traballo na aula, nos casos que sexa posible, como un exercicio de adestramento das competencias que se pretenden alcanzar. O cambio metodolóxico que se propón para Formación Profesional permite, por unha banda, que este traballo na aula sexa máis activo e supoña unha maior implicación no desenvolvemento de actividades, con modelos como a Flipped Classroom aplicados ás competencias en F.P. e, doutra banda, unha aproximación a estas competencias para alumnado e profesionais doutros sistemas de F.P. non regrada.