Título node Learning object

Novo portal de Linguas Estranxeiras (MECD)
Xov, 10/11/2016 - 10:05
Logo do portal línguas extranxeiras do MECD

O Proxecto de Linguas Estranxeiras coordina todas as actuacións relacionadas cos programas de ensino de idiomas, bilingües e multilingües, entre as que podemos citar o apoio e asesoramento nos procesos de desenvolvemento normativo relacionado co ensino e a aprendizaxe de linguas estranxeiras e a promoción da calidade educativa, impulsando o intercambio de boas prácticas e a realización de traballos de investigación.

Coordina, ademais, as iniciativas desenvolvidas nas Comunidades Autónomas para a mellora dos procesos de adquisición e de perfeccionamento da competencia lingüística en linguas estranxeiras. Igualmente, realízase unha labor de difusión de todo tipo de noticias relacionadas co bilingüismo, a aprendizaxe de linguas estranxeiras e o mundo anglófono en xeral.