Título node Learning object

Ti es creador
Mar, 18/08/2015 - 10:39
[actualizado o 25/02/2016]
 

Ficha técnica

Institución:

  • Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
    • Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC)
  • Fundación SGAE

Ámbito: alfabetización audiovisual
Definición: exploración das etapas do proceso creativo coa colaboración de autores e artistas que contribuirán a desenvolver experiencias creadoras.
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: 3º e 4º de primaria. Poderase incorporar ao programa alumnado ata 6º de primaria (12 anos)
Límite de centros participantes: 20 centros
Criterios de selección:

  • Vocación de continuidade das metodoloxías introducidas.
  • Flexibilidade e capacidade de organización das sesións de traballo (sesións dun mínimo de 2 horas continuadas)
  • Participación dos centros nas actividades organizadas no exterior mediante recursos propios: talleres, concurso e visionado de finalistas.
  • Capacidade de desenvolvemento de propostas pedagóxicas creativas.
  • Nivel de implicación do claustro na participación deste programa.
  • Proximidade xeográfica dos centros solicitantes.

Responsable do programa:

Nome: Patricia Blanco Suárez
Departamento: Fundación SGAE (Formación). Rúa das Salvadas s/n (Parque Vista Alegre). Santiago de Compostela
Teléfono: 981 569 082
Correo electrónico: pblanco@fundacionsgae.org

Xustificación

As obras artísticas e intelectuais contribúen a conformar a memoria colectiva das sociedades, constitúen o seu patrimonio cultural e conforman a base da educación dos máis pequenos e da súa formación como persoas, axudándolles a comprender o mundo que os rodea. No contexto globalizado actual que esvaece e dilúe a conciencia dos valores propios, entendemos a necesidade de transformar e redimensionar a formación nunha educación activa e implicada, experimentando o traballo en común desde unha perspectiva creativa individual e comunitaria de respecto.

Obxectivo xeral

Ti es creador incorpora a linguaxe audiovisual ás aulas, de forma que recuperemos para a didáctica os valores que a industria cultural nos achega de forma cotiá vinculándoos ao pensamento crítico e ás necesidades expresivas. Ademais pretende abrir espazos de creación nas aulas, educar na sensibilidade artística a persoas comprometidas e capaces de valorar o esforzo como medio para conseguir e valorar un traballo ben feito.
A formación audiovisual será o vehículo que de forma transversal nos permita transmitir a idea de arte como testemuña de cultura e de valores fundamentais, xerando confianza e orgullo como individuos e como comunidade activa que precisa do traballo en equipo e o dialogo para crecer. Mediante un traballo elaborado entre os diferentes axentes necesarios para crear un documento audiovisual, o alumnado aprenderá a ceder, valorar e crecer na tolerancia e no respecto ante as diversas formas de expresión.

Palabras clave

Alfabetización audiovisual. Competencia cultural e artística. Creatividade. Dereitos de autor. Linguaxe audiovisual.

Obxectivos específicos

PARA O ALUMNADO

PARA O PROFESORADO

PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA

  • Educar creadores implicados e conscientes da man dos propios autores e artistas.
  • Explorar as diferentes etapas do proceso creativo.
  • Aprender a ser artistas vivindo a experiencia a través dos valores, da práctica artística e a dedicación futura.
  • Establecer a correspondencia natural entre os valores creativos e os pedagóxicos.
  • Ensinar a valorar o traballo intelectual e creativo polos beneficios de carácter social e económico que achegan á sociedade e á cultura do seu contorno.
  • Comprender a necesidade de valorar os factores positivos das relacións comunitarias e transversais nos diferentes procesos.
  • Colaborar na interrelación entre o alumnado de centros diferentes para potenciar e enriquecer a sensación de comunidade e para compartir intereses comúns.
  • Facilitar a incorporación das novas tecnoloxías na aprendizaxe activa.
  • Potenciar e reforzar a identidade propia, as identidades comúns, as diferentes e as diferenciadas.
  • Dotar de espazos de expresión libres e comprometidos coa cultura que nos rodea.
  • Reforzar a expresión cultural diferenciada lingüística e creativamente desde a formación e o respecto.
  • Achegar ferramentas e respostas ás inquedanzas creativas e artísticas.

Actividades e recursos

Entre as actividades do programa recóllense as seguintes:

  • Formación para o profesorado:
    • Título: G1502027 Estratexias para traballar o audiovisual con creadores e creadoras.
    • carácter: obrigatorio para os docentes participantes no Plan Proxecta e aberto a outros docentes interesados nesta formación.
    • modalidade: presencial; desenvolverase na aula tecnolóxica da SGAE, en Santiago de Compostela.
    • duración: 10 h
    • datas: xoves 21 e venres 22 de xaneiro de 2016
    • horario: 16.00 - 21.00

Neste curso forneceranse os contidos e as ferramentas instrumentais e metodolóxicas necesarias para unha correcta difusión dos contidos formulados no contexto educativo. Estes materiais están dispoñibles para consulta pública a través da Aula Virtual do CAFI: https://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual2/course/view.php?id=659

  • 5 obradoiros para o alumnado:
    • lugar: centro de ensino
    • destinatarios: alumnado participante no programa. Estarán acompañados por profesionais do sector.
    • obxectivo:
      • realizar tarefas de continuidade para desenvolver na aula co alumnado, con formación teórica e práctica.
      • deseñar a arquitectura para a transmisión de valores e coñecementos prácticos que fundamentan o programa.
      • deseñar espazos de produción e creación a través da experiencia.

Ao remate dos obradoiros os docentes coñecerán as ferramentas necesarias para dirixir e coordinar os seus propios traballos e continuar explorando o universo creativo.

  • duración: entre 2 e 6 horas de duración, segundo a temática.
  • datas: desde a 2ª quincena de xaneiro ata a 1ª quincena de marzo.
  • obradoiros: cada centro realizará os 5 obradorios
    • Como empezamos? Linguaxe cinematográfica e guión. (2.5 h)
    • Algo máis que palabras. Fotografía e imaxe. (2.5 h)
    • Regueifando as ideas. Música, bandas sonoras. (2.5 h)
    • Cámara e acción. Rodaxe, organización, execución e desenvolvemento dun filme. (3 h)
    • Todos somos creadores. Montaxe, posprodución e difusión. (3 h)
  • Material didáctico: unidades didácticas en rede ao dispor do profesorado.
  • Concurso final: ao longo do curso determinaranse as condicións de participación que o programa pode ofrecer para recoñecer os mellores traballos. Os traballos gañadores do concurso participarán no OUFF 2016 (Festival de Cine Internacional de Ourense) para favorecer a exhibición e difusición dos produtos creados.
  • Visionado e difusión dos traballos: os traballos realizados polos centros poderanse ver en espazos e contextos externos á aula que reafirmen a autoestima persoal e visibilicen o traballo individual e colectivo, estimulando a creatividade e a comprensión dos valores transmitidos durante todo o programa.
  • Web de referencia: ofrecerase unha plataforma en rede para facilitar a descaga de contidos e favorecer o contacto entre os centros adscritos ao programa. En breve ofrecerase a ligazón de referencia.
  • Recursos para traballar o cine na aula:

    Material didáctico para o profesorado:
    Curso MOOC El cine: un recurso didáctico. EducaLAB. Ofrece materiais en aberto.
    Listaxe de proxectos de alfaberización audiovisual compilados polo Ministerio de Educación.
    Web de Enrique Martínez-Salanova Sánchez sobre a imaxe da educación no cine: http://www.uhu.es/cine.educacion/cineyeducacion/index.htm

    Bibliografía para o profesorado:
    Ambrós Pallarès, Alba / Breu Pañella, Ramon (2007): Cine y educación. Ed. Graó.
    Breu Pañella, Ramón / Villa Menéndez, Carmen (2010): El documental como estrategia educativa. Ed. Graó.
    Breu Pañella, Ramon (2011): 101 actividades de competencia audiovisual. Ed. Graó.
    Breu Pañella, Ramon (2012): La historia a través del cine. 10 propuestas didácticas para secundaria y bachillerato. Ed. Graó.

    Experiencias:
    Blog de aula Facemos cine: http://facemoscine.blogspot.com.es/
    IES As Barxas: https://www.youtube.com/user/audiovisualasbarxas
    Blog do profesor Luis Navarro da Universidade de Vigo sobre cine de divulgación científica: http://www.divulgare.net/

    Oferta de cine:
    Cine dispoñible en videoclubs na rede: http://verpeliculasonline.mecd.gob.es/mc
    Programa Documental do mes (Centro Galego de Arte Contemporánea): http://cgac.xunta.es/GL/actividad-lista/3/cine-e-video   https://twitter.com/docdelmes
    Proxecto Númax na escola: https://numax.org/
    Película e unidade didáctica de A pesar de todo, quérote:

Produto final

Ademais da memoria final, os centros participantes deberán entregar un produto audiovisual propio que integre os diferentes valores traballados nos obradoiros.

 

 

 

Menús Learning object node R