Gallego

EPALE. Novo portal europeo da educación de adultos

A Comisión Europea inaugura EPALE, a plataforma europea da educación de adultos, a través dun evento dun día de duración en Bruxelas.        
EPALE, que está financiada polo Programa Erasmus +, aspira a converterse na principal referencia para os profesionais da educación de adultos en Europa.  Será lugar de encontro, de intercambio de ideas e materiais en apoio da práctica profesional. Este tipo de plataforma é a primeira desta clase no sector de ensino de adultos.
A presentación será en live - streaming en inglés, pode acceder a través de:
https://ec.europa.eu/epale/en/boxed-event/epale-launch-conference.
Ás 14.15 do mercores 15 de abril iniciarase unha sesión de preguntas e respostas en directo a través do enderezo:
https://ec.europa.eu/epale/en/blog/epale-launch-conference-next-week-you-can-ask-us-anything-now

Pode obter máis información en:
https://ec.europa.eu/epale/en/boxed-event/epale-launch-conference
https://twitter.com/EPALE_EU
https://www.facebook.com/EPALE.EU
 

Gallego
Cartel do EPALE

eTwinning entre centros do mesmo país. Experiencia piloto

Durante o curso escolar 2015/2016 desenvólvese unha experiencia piloto eTwinning en Europa: os proxectos nacionais. Trátase da posibilidade de fundar un proxecto eTwinning entre dous socios do mesmo país.

Para máis información, cunsultar o enlace web.

 

 

 

 

Gallego
Cartel do eTwinning entre centros do mesmo país

Colectivo: 

Sección: 

O CENEAM publica as conclusións do último seminario de mobilidade e infancia

O CENEAM acaba de publicar os documentos e as conclusións do III Seminario "Movilidad e Infancia", que tivo lugar na súa sede en Valsaín (Segovia) do 27 ao 29 de outubro de 2014. Pódese consultar toda a documentación na seguinte ligazón.

Gallego
Logo CENEAM

Colectivo: 

Sección: 

Difúndese nos centros o filme documental "Camino a la escuela"

No mes de xaneiro estreouse nos cines o documental "Camino a la escuela", do director francés Pascal Plisson. Arredor desta produción desenvolveuse un proxecto educativo apoiado pola UNESCO, UNICEF, Obra Social La Caixa, Fundación Atresmedia e Europamundo.

O documental conta a historia real do reto que deben afrontar catro pequenos de países diferentes para poder asistir á escola. Trátase dunha visión diferente do camiño escolar, certamente difícil e perigoso en moitos países do mundo.

 

 

Gallego
Carátula da película

MOOC sobre “Uso creativo de tabletas en educación” de European Schoolnet

A plataforma virtual educativa formada por máis de 31 Ministerios de Educación, Europen Schoolnet Academy, ofrece cursos en liña para docentes de primaria e secundaria. Un destes cursos, é o MOOC sobre “Creative Use of Tablets in Education”,  que pretende apoiar aos docentes no inicio do uso de dispositivos móbiles e acercarlles aos novos enfoques de ensinanza e aprendizaxe 1:1 fomentados polo uso destes dispositivos. 
Este curso comeza o próximo 13 de abril de 2015 e terá unha duración de cinco semanas, é gratuíto e a inscrición realízase no acceso web do curso.

 

 

Gallego
Logo de European Schoolnet Academy

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Exemplos de preguntas PISA 2015

A Comunidade Autónoma de Galicia participa no Programa Internacional de Avaliación de Alumnos (PISA). Este estudo internacional de avaliación educativa está coordinado pola Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) e, no relativo a España, polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a través do Instituto Nacional de Avaliación Educativa (INEE).
PISA avalía cada tres anos lectura, matemáticas e ciencias, pero, en cada edición, unha delas, como competencia principal.
Unha característica destacada deste estudo é a mostra elixida. PISA non trata de avaliar os alumnos escolarizados nun determinado curso académico, senón aqueles que alcanzasen a idade de 15 anos.
O obxectivo de PISA é obter de forma cíclica datos sobre o rendemento académico do alumnado co fin de establecer puntos de referencia comúns no eido da educación entre os países participantes, na actualidade máis de 70.
A edición de PISA 2012 centrouse en matemáticas e incluíu unha proba dixital de resolución de problemas da vida real e de competencia financeira. PISA 2015 centrarase nas ciencias e tamén avaliará a resolución de problemas colaborativos, lectura e matemáticas.
Por primeira vez a proba realizarase por completo en ordenador. Algunhas das preguntas de PISA na competencia de ciencias serán interactivas e inclúen menús despregables, pequenos vídeos e botóns deslizantes en gráficos para analizar os resultados e pequenas aplicacións que permiten ensaiar diversas situacións.
Como esta proba se vai realizar en ordenador, na páxina web http://goo.gl/vuLqj do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte están dispoñibles exemplos de preguntas PISA da competencia de ciencias e resolución de problemas colaborativos que acaba de publicar a OCDE e tamén en http://goo.gl/G6qwsC un vídeo de 2 minutos con preguntas interactivas liberadas.

Gallego
Logo do Instituto Nacional de Avaliación Educativa

TIMS 2015

O estudo internacional TIMSS (Trends in International Mathematics and Science Study) avalía cada catro anos o rendemento en matemáticas e ciencias dos alumnos e alumnas de cuarto curso de Educación Primaria. O seu obxectivo é medir e interpretar as diferenzas entre os distintos sistemas educativos nacionais para tratar de mellorar o ensino e a aprendizaxe nas citadas materias a  escala mundial.
Este estudo está coordinado pola IEA (International Association for the Evaluation of Educational Achievement) e lévase a cabo aproximadamente en 50 países de todo o mundo. España participa neste proxecto e Galicia intégrase na mostra nacional.
A IEA, organismo educativo internacional responsable de TIMSS, pon a disposición da comunidade educativa exemplos de preguntas liberadas a través da páxina web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte: http://goo.gl/3uqdt1
 

Gallego
Logo do Instituto Nacional de Evaluación y Estadística

Colectivo: 

Proxecto “Una cebra en el agua” para alumnado de 4º da ESO e profesorado de Ciencias e Inglés

Este proxecto (xa na súa terceira edición) liderado polo Departamento de Xenética da Facultade de Veterinaria de Lugo, financiado pola FECYT e no que colaboran a Deputación de Lugo e a Fundación Barrié (área EducaBarrié),  pretende achegar a experimentación ás aulas dos centros educativos de Galicia.
O proxecto vai destinado a alumnos de 4º da ESO e ao profesorado de Ciencias Naturais e Inglés (este último pode participar ou non, o feito de non contar cun profesor de inglés que queira ou poida participar non fai que o proxecto non se poida executar).
Os  obxectivos  son:

  • Manexar  no laboratorio na aula ao pez cebra, organismo modelo de experimentación.
  • Coñecer as leis da herdanza.
  • Coñecer as tecnoloxías xenéticas (transxénesis e xenotransplantes) e procesos biolóxicos como os da senescencia e a apoptosis, a través dunha ferramenta virtual.
  • Coñecer os ciclos bioxeoquímicos do acuario: ciclo do nitróxeno.
  • Coñecer a estrutura dun ecosistema e a importancia dos diferentes niveis tróficos.
  • Adquirir un vocabulario científico técnico tanto en castelán como en inglés, que lles permita ser capaces de entender un texto científico básico.
  • Concienciar ao alumnado e profesorado das posibilidades profesionais da ciencia, e da importancia da mesma para o desenvolvemento socioeconómico dun país.
  • Fomentar o debate na aula acerca do coñecemento científico e as súas implicacións éticas no desenvolvemento de novas tecnoloxías.

Este proxecto conta cunha web moi atractiva onde visualízase toda a información necesaria, así como a inscrición de participación.

No arquivo anexo pódese descargar a ficha do Proxecto.

Gallego
Cartel do Proxecto "Una cebra en el agua"

Colectivo: 

Sección: 

Novo portal da Unión Europea. Catálogo de cursos KA1

A Unión Europea inaugurou o día 2 de febreiro de 2015 un novo portal co obxecto de dar a coñecer iniciativas e accións para centros educativos, relacionadas coas políticas educativas europeas.
A información estará dispoñible nas 25 linguas da UE e inclúe os seguintes apartados:

  • Información: noticias, publicacións, artigos especializados e titoriais.
  • Prácticas innovadoras que se compartirán a través de artigos e modelos extraídos de proxectos europeos.
  • Ferramentas de apoio ao programa Erasmus +
  • Catálogo de cursos de desenvolvemento profesional educativo (KA1)
  • Ofertas de mobilidade incluíndo intercambios de profesores (KA1)
  • Anuncios de oferta e busca de socios para asociacións estratéxicas (KA2).

 

Gallego
Logo do novo portal

Colectivo: 

Resolución provisional pola que se fai pública a relación dos centros seleccionados na convocatoria dos contratos-programa para o curso 2014/2015

Gallego

Xúntase a Resolución provisional pola que se fai pública a relación de centros con programas seleccionados, conforme o disposto no artigo 13 da Resolución do 31 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan, para o curso 2014/15, os contratos-programa con centros educativos e se establecen as bases para a convocatoria e selección de programas dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes de educación primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Ábrese un prazo de 10 días naturais para realizar reclamacións ou renuncias, as cales se poderán presentar no rexistro único da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, edificio administrativo de San Caetano, ou noutro rexistro propio ou concertado conforme o Decreto 164/2005,do 16 de xuño, así como por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ademais de utilizar esta vía, solicítase que envíen unha copia escaneada destas reclamacións ou renuncias ao enderezo electrónico programaseducativos@edu.xunta.es ou, de non ser posible, ao fax núm. 981 546 550 co obxecto de axilizar este proceso.

Colectivo: