Título node Learning object

Proxecto “Una cebra en el agua” para alumnado de 4º da ESO e profesorado de Ciencias e Inglés
Xov, 05/03/2015 - 14:17
Cartel do Proxecto "Una cebra en el agua"

Este proxecto (xa na súa terceira edición) liderado polo Departamento de Xenética da Facultade de Veterinaria de Lugo, financiado pola FECYT e no que colaboran a Deputación de Lugo e a Fundación Barrié (área EducaBarrié),  pretende achegar a experimentación ás aulas dos centros educativos de Galicia.
O proxecto vai destinado a alumnos de 4º da ESO e ao profesorado de Ciencias Naturais e Inglés (este último pode participar ou non, o feito de non contar cun profesor de inglés que queira ou poida participar non fai que o proxecto non se poida executar).
Os  obxectivos  son:

  • Manexar  no laboratorio na aula ao pez cebra, organismo modelo de experimentación.
  • Coñecer as leis da herdanza.
  • Coñecer as tecnoloxías xenéticas (transxénesis e xenotransplantes) e procesos biolóxicos como os da senescencia e a apoptosis, a través dunha ferramenta virtual.
  • Coñecer os ciclos bioxeoquímicos do acuario: ciclo do nitróxeno.
  • Coñecer a estrutura dun ecosistema e a importancia dos diferentes niveis tróficos.
  • Adquirir un vocabulario científico técnico tanto en castelán como en inglés, que lles permita ser capaces de entender un texto científico básico.
  • Concienciar ao alumnado e profesorado das posibilidades profesionais da ciencia, e da importancia da mesma para o desenvolvemento socioeconómico dun país.
  • Fomentar o debate na aula acerca do coñecemento científico e as súas implicacións éticas no desenvolvemento de novas tecnoloxías.

Este proxecto conta cunha web moi atractiva onde visualízase toda a información necesaria, así como a inscrición de participación.

No arquivo anexo pódese descargar a ficha do Proxecto.