Gallego

Premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional. Relación de proxectos presentados

Gallego

Publicada a relación de proxectos de innovación presentados aos premios a proxectos de innovación na FP convocados na Resolución do 24 de novembro de 2014 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convocan premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros docentes de titularidade da Consellería para o curso académico 2014/2015

Gallego

Xúntase a Convocatoria do 8 de xaneiro de 2015 da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se establecen as bases reguladoras para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros docentes de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e se procede á súa convocatoria para o curso académico 2014-2015.

Colectivo: 

Sección: 

Cultura e Educación consolida o Plan Proxecta como unha das iniciativas para o fomento da innovación educativa, na que participan 420 centros docentes de toda Galicia neste curso

Ao abeiro deste Plan desenvólvense un total de 755 proxectos nos distintos programas ofertados, que son un exemplo de cooperación institucional

Preto de 72.000 alumnos e alumnas e uns 4.400 docentes traballarán este ano nas distintas iniciativas a desenvolver

Como novidade incorpóranse tres novos programas á oferta do Plan, encamiñados a incrementar a actividade física dos rapaces e rapazas, a incrementar a valoración social das mulleres e a súa participación no eido tecnolóxico, e a promover a investigación medioambiental

Gallego
 Cultura e Educación consolida o Plan Proxecta como unha das iniciativas para o
Cultura e Educación consolida o Plan Proxecta como unha das iniciativas para o fomento da innovación educativa, na que participan 420 centros docentes de toda Galicia neste curso

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria consolida o Plan Proxecta por terceiro ano consecutivo neste curso 2014-2015, coa participación de 420 centros de ensino público e concertado e co desenvolvemento dun total de 755 proxectos.

O Plan Proxecta é una iniciativa de innovación educativa posto en marcha polo departamento que dirixe Xesús Vázquez Abad, que busca a integración na planificación anual dos centros docentes de programas postos en marcha por entidades alleas ao sistema educativo. Nos proxectos que se realizan neste curso escolar participarán preto de 4.400 docentes e de 72.000 alumnos e alumnas de toda Galicia.

Cooperación institucional

Ao abeiro do Plan Proxecta e baixo a dirección do departamento de Cultura e Educación, convócanse baixo o mesmo marco metodolóxico os programas educativos que desenvolven oito departamentos do Goberno galego. Neste curso participan a Presidencia da Xunta de Galicia (a través da SX para o Deporte); a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (a través da DX de Relacións Exteriores e coa Unión Europea e da SX de Igualdade); a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas; a Consellería de Economía e Industria (a través do Instituto Galego de Consumo); a Consellería de Sanidade (a través do Sergas); a Consellería de Traballo e Benestar; a Consellería de Medio Rural e do Mar, e, por último, a propia Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (a través da SX de Política Lingüística e do CGAI).

A xestión conxunta de todos os programas que os ditos departamentos canalizan cara ao ámbito educativo fai posible que os centros educativos poidan acceder a unha oferta unificada e ordenada ao inicio do curso escolar, que lle permita organizar e xestionar as actividades complementarias dentro das programacións curriculares desde o inicio. Permite así mesmo que estas actividades se integren no currículo escolar como plans de centro e non como actividades illadas ou puntuais desconectadas da metodoloxía de traballo dos centros docentes, que se adapten aos ritmos do curso escolar e non do ano natural (que condiciona a actividade das distintas consellerías).

Novos Programas

Este curso incorporáronse tres novos programas á oferta do Plan. Trátase do “Móvete+” (da Secretaría Xeral para o Deporte), que propón o aumento da actividade física diaria do alumnado dun xeito lúdico a través da construción dunha coreografía que chegue á comunidade educativa.

Así mesmo desenvólvese por primeira vez o “Rapazas emprendedoras nas TIC” (proxecto europeo promovido pola Secretaría Xeral de Igualdade en colaboración co Centro de Supercomputación de Galicia), que propón a realización dunha serie de actividades moi diversas encamiñadas á valorización social do papel das mulleres no desenvolvemento tecnolóxico e mais a incentivar a súa participación.

O terceiro deles, “Protexe o teu medio” (da Consellería do Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas), ten como finalidade promover a investigación da comunidade educativa sobre a calidade do aire e da auga.

Ademais destes novos programas, o programa “Aliméntate ben” (da Consellería do Medio Rural e do Mar) ampliou a súa oferta cunha nova modalidade: “O sabor da aventura está no mar”, co que se pretende facilitar o coñecemento e incentivar o consumo de produtos do mar, para equilibrar as dietas alimenticias.

Recoñecemento

Cómpre subliñar que algúns dos proxectos realizados no curso 2013-2014 acadaron recoñecemento de premio a nivel nacional, o cal pon de manifesto a calidade do traballo realizado e canalizado a través do Plan Proxecta.

Todas estas experiencias e o interese mostrado polo profesorado na participación de iniciativas de innovación educativa como esta, pon de manifesto a gran capacidade e a calidade do traballo do profesorado galego, que en cada nova convocatoria esmérase en traballar de xeito conxunto e de forma interdisciplinaria para que o alumnado acade as competencias que a nosa sociedade demanda.

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Spreadthesign: dicionario internacional de linguaxe de signos

Trátase dunha ferramenta pedagóxica de autoaprendizaxe e de uso gratuíto para todo o mundo, para mellorar as habilidades do idioma do alumnado profesional cando van ao estranxeiro a facer prácticas de traballo.
Créase no 2006 baixo a cobertura e financiamento da Comisión Europea como un proxecto dirixido ao alumnado xordo de formación profesional co obxectivo de facilitar a aprendizaxe dalgunha das linguas de signos da Unión Europea e posibilitar o acceso do alumnado aos programas de mobilidade europeos, ás visitas de estudo e o mercado laboral internacional.
O uso deste ferramenta pode ser de gran utilidade tamén para o alumnado de primaria, secundaria e bacharelato, así como na formación de futuros profesionais da interpretación da linguaxe de signos e para os pais e nais oíntes de pequenos xordos que inician a súa aprendizaxe e comunicación en linguaxe de signos.

Os centros educativos que o precisen poden solicitar información respecto ao uso deste recurso no correo electrónico: spreadthesignspain@gmail.com

 

Gallego
Logo do dicionario Spread The Sign

Resolución definitiva dos proxectos admitidos para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2014/2015

Gallego

Xúntase a listaxe definitiva dos proxectos admitidos en cada programa educativo para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2014/2015.

Tema: 

Sección: 

A Consellería de Cultura e Educación consolida neste curso 2014/2015 a participación dos centros no Plan Proxecta e incrementa a participación de tres novos programas

Están incluídos nesta iniciativa 420 centros, que desenvolverán 755 proxectos coa participación de 4.359 docentes

Gallego
Plan Proxecta
Plan Proxecta

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria chegará este curso a 420 centros de ensino co Plan Proxecta, deseñado como un plan de fomento da innovación educativa posto en marcha pola Consellería durante o curso 2012/2013 co obxectivo esencial de promover dinámicas metodolóxicas innovadoras nas aulas que desenvolvan a educación en valores e as competencias básicas mediante proxectos interdisciplinarios.

Así mesmo, nesta terceira edición implicaranse un total de 4.359 docentes e 420 centros galegos o que supón a consolidación do Plan Proxecta como unha iniciativa de fomento da innovación educativa que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece á comunidade educativa galega. Nesta convocatoria ao redor de 71.966 alumnas e alumnos están a participar nos distintos programas educativos que recolle este curso o Plan Proxecta.

Colaboración coas consellerías

O Plan Proxecta crea un marco xeral de cooperación grazas ao esforzo doutras consellerías, integrando nun mesmo espazo de referencia as iniciativas dos diferentes departamentos da Xunta de Galicia para o fomento da innovación educativa, establecendo ademais uns criterios metodolóxicos e organizativos comúns para a creación de proxectos de innovación que desenvolvan competencias clave e educación en valores.

Trátase de propiciar dinámicas que favorezan a innovación nos propios centros a través de 28 programas externos que aglutinan a maioría de entidades do Goberno galego, con programas dirixidos ao ámbito educativo que buscan acadar a motivación e o traballo activo e cooperativo do alumnado e do profesorado implicado nos proxectos. Os diferentes programas poden consultarse no espazo do plan Proxecta no portal educativo, /portal/planproxecta .

Este curso 2014-15 incorporáronse tres novos programas: “Rapazas emprendedoras nas TIC”, desenvolvido pola Secretaría Xeral de Igualdade da Vicepresidencia coa colaboración do CESGA; “Móvete+”, desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte da Presidencia da Xunta de Galicia; e “Protexe o teu medio”, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Premios de ámbito estatal

A calidade dos traballos elaborados ao abeiro do Plan Proxecta veu recoñecido o seu mérito co galardón recibido a través de convocatorias de ámbito estatal e autonómico. Catro dos centros participantes foron premiados en distintas categorías dos Premios Nacionais: CEIP Francisco Vales Villamarín (Betanzos), CEIP Plurilingüe A Pedra (Bueu), IES Francisco Daviña Rey (Monforte de Lemos), CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal). Ademais, o CEIP A Rúa (Cangas) recibiu o Premio de Alfabetización Audiovisual do Ministerio de Educación.

Tanto o Plan Proxecta coma estes premios buscan a mellora nas dinámicas educativas nos centros co fin de favorecer un avance na modernización dos procesos educativos a través de metodoloxías innovadoras no plano tecnolóxico, participativas na construción do proceso educativo e transferibles para chegar a toda a comunidade educativa.

Tema: 

Sección: 

O sistema educativo galego acada 6 galardóns nos Premios Nacionais de Ciclos Formativos de Grao Superior e á Calidade e Innovación nestas ensinanzas

Galicia volver obter unha posición relevante nos certames que recoñecen a excelencia educativa a nivel nacional

Gallego
O sistema educativo galego acada 6 galardóns nos Premios Nacionais de Ciclos For
O sistema educativo galego acada 6 galardóns nos Premios Nacionais de Ciclos Formativos de Grao Superior e á Calidade e Innovación nestas ensinanzas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acompañou hoxe aos estudantes e docentes recoñecidos con algún dos 6 galardóns que o sistema educativo galego acadou nos Premios Nacionais de Formación Profesional de Grao Superior 2011/2012 e nos Premios á Calidade e Innovación en Orientación y en Formación Profesional. O acto de entrega, ao que asistiron o director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, e a subdirectora de FP, María Eugenia Pérez; celebrouse esta mañá na Biblioteca Nacional.

A Consellería de Cultura e Educación celebra o éxito da FP galega, que volve ter unha posición relevante neste tipo de certames a nivel nacional, que reflicte o pulo que desde a Administración educativa se lle está a dar a estas ensinanzas, tanto a través do incremento da oferta en número de prazas como da adaptación dos currículos dos ciclos formativos á realidade galega, e a implantación da FP a distancia, a FP Dual e a FP Básica.

En concreto 4 alumnas e alumnos galegos foron recoñecidos nos Premios Nacionais de Formación Profesional de Grao Superior 2011/2012, cunha dotación de 1.200 euros para cada un deles. Os galardoados foron Fabián Francisco Regueira Barrientos, da familia profesional de Instalación e Mantemento do IES Punta Candieira (Cedeira); Jacobo Leopoldo Vaquero Lastres, da rama Marítimo Pesqueira do IES Universidade Laboral (Culleredo); Rosalía García Martínez, da familia de Química do CIFP Manuel Antonio (Vigo); e Rubén Villasenín Iglesias, da rama de Servizos Socioculturais do Centro FESAN (A Coruña).

No referente aos Premios á Calidade e Innovación en Orientación e en Formación Profesional, o centro recoñecido – na modalidade de FP- foi o IES A Sardiñeira (A Coruña), cuxo director recolleu os galardóns acompañado por varios docentes do centro. Así obtivo un dos segundos premio polo traballo ‘Elaboración de recursos para laboratorios de ciclos da familia profesional de Química: manuais de equipos e prácticas’, no que participaron Ana Belén Álvarez López, Ana María Blanco-Rajoy Sánchez, María Isabel Bares López, Aurora Criado Montero, José Hermógenes Cobas Gamallo, Irene Derungs Ollero, Rosa María Domínguez Grela, José Ángel García Caamaño, María del Pilar Macía Rodríguez, Mercedes Noya Pardal, Carlos de Paz Villasenín, Mariano Pazos Alfonso, Aurelia Rivero González,  Mary Sol Otero Fernández, Rosa Rojo Oróns, Jesús Serna Arnaiz, Antía Solloso Bañobre e Alba Souto Rodríguez. O outro proxecto galardoado, ’Prácticas con Biorreactores’, obtivo un terceiro premio para os participantes no mesmo, Ana Belén Álvarez López, Ana María Blanco-Rajoy Sánchez, María Isabel Bares López, José Hermógenes Cobas Gamallo, Irene Derungs Ollero, Mary Sol Otero Fernández, Aurelia Encarnación Rivero González, Jesús Serna Arnaiz e Alba Souto Rodríguez.

Sección: 

Convocatoria de premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da FP en centros públicos dependentes da Consellería

Gallego

Convócanse premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

  • O prazo de solicitudes remata o día 16 de decembro de 2014.

Sección: 

Resolución provisional dos proxectos admitidos para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2014/2015

Gallego

Publícase a continuación a listaxe provisional dos proxectos admitidos en cada programa educativo para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2014/2015.

Tal e como se establece no artigo 10 da Resolución do 20 de maio de 2014 que regula o Plan Proxecta ábrese, a partir de mañá día 11 de novembro, un prazo de 10 días naturais (ata o 20 de novembro de 2014) para facer reclamacións a esta listaxe provisional ou para renunciar a participar no Plan Proxecta durante o curso 2014/2015.

Tanto as reclamacións como as renuncias débense facer mediante o modelo de instancia que está accesible abaixo en formato PDF editable.

NOTA: Prégase o envío dunha copia dixital da instancia entregada por rexistro ao seguinte enderezo electrónico: planproxecta@edu.xunta.es

Tema: 

Sección: 

Resolución do 31 de outubro de 2014 pola que se regulan os contratos-programa con centros educativos e se establecen as condicións para desenvolver a convocatoria e selección de programas para o curso 2014/2015

Gallego

Xúntase a Resolución do 31 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan, para o curso 2014/15, os contratos-programa con centros educativos e se establecen as bases para a convocatoria e selección de programas dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes de educación primaria e secundaria dependentes desta consellería.

  • O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 8 de novembro ata o 8 de decembro.
  • Máis información

Servizo relacionado: 

Colectivo: