O sistema educativo galego acada 6 galardóns nos Premios Nacionais de Ciclos Formativos de Grao Superior e á Calidade e Innovación nestas ensinanzas

Galicia volver obter unha posición relevante nos certames que recoñecen a excelencia educativa a nivel nacional

Lun, 01/12/2014 - 17:00
O sistema educativo galego acada 6 galardóns nos Premios Nacionais de Ciclos For
O sistema educativo galego acada 6 galardóns nos Premios Nacionais de Ciclos Formativos de Grao Superior e á Calidade e Innovación nestas ensinanzas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acompañou hoxe aos estudantes e docentes recoñecidos con algún dos 6 galardóns que o sistema educativo galego acadou nos Premios Nacionais de Formación Profesional de Grao Superior 2011/2012 e nos Premios á Calidade e Innovación en Orientación y en Formación Profesional. O acto de entrega, ao que asistiron o director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, e a subdirectora de FP, María Eugenia Pérez; celebrouse esta mañá na Biblioteca Nacional.

A Consellería de Cultura e Educación celebra o éxito da FP galega, que volve ter unha posición relevante neste tipo de certames a nivel nacional, que reflicte o pulo que desde a Administración educativa se lle está a dar a estas ensinanzas, tanto a través do incremento da oferta en número de prazas como da adaptación dos currículos dos ciclos formativos á realidade galega, e a implantación da FP a distancia, a FP Dual e a FP Básica.

En concreto 4 alumnas e alumnos galegos foron recoñecidos nos Premios Nacionais de Formación Profesional de Grao Superior 2011/2012, cunha dotación de 1.200 euros para cada un deles. Os galardoados foron Fabián Francisco Regueira Barrientos, da familia profesional de Instalación e Mantemento do IES Punta Candieira (Cedeira); Jacobo Leopoldo Vaquero Lastres, da rama Marítimo Pesqueira do IES Universidade Laboral (Culleredo); Rosalía García Martínez, da familia de Química do CIFP Manuel Antonio (Vigo); e Rubén Villasenín Iglesias, da rama de Servizos Socioculturais do Centro FESAN (A Coruña).

No referente aos Premios á Calidade e Innovación en Orientación e en Formación Profesional, o centro recoñecido – na modalidade de FP- foi o IES A Sardiñeira (A Coruña), cuxo director recolleu os galardóns acompañado por varios docentes do centro. Así obtivo un dos segundos premio polo traballo ‘Elaboración de recursos para laboratorios de ciclos da familia profesional de Química: manuais de equipos e prácticas’, no que participaron Ana Belén Álvarez López, Ana María Blanco-Rajoy Sánchez, María Isabel Bares López, Aurora Criado Montero, José Hermógenes Cobas Gamallo, Irene Derungs Ollero, Rosa María Domínguez Grela, José Ángel García Caamaño, María del Pilar Macía Rodríguez, Mercedes Noya Pardal, Carlos de Paz Villasenín, Mariano Pazos Alfonso, Aurelia Rivero González,  Mary Sol Otero Fernández, Rosa Rojo Oróns, Jesús Serna Arnaiz, Antía Solloso Bañobre e Alba Souto Rodríguez. O outro proxecto galardoado, ’Prácticas con Biorreactores’, obtivo un terceiro premio para os participantes no mesmo, Ana Belén Álvarez López, Ana María Blanco-Rajoy Sánchez, María Isabel Bares López, José Hermógenes Cobas Gamallo, Irene Derungs Ollero, Mary Sol Otero Fernández, Aurelia Encarnación Rivero González, Jesús Serna Arnaiz e Alba Souto Rodríguez.