Plan Proxecta+
Plan Proxecta+ (Curso 2025/26)
O Plan Proxecta+ é unha iniciativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que promovan o traballo cooperativo, interdisciplinario e competencial, pero que ademais estean comprometidos coa consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.
O programa abarca diversas temáticas vencelladas aos mencionados obxectivos: igualdade e educación afectivo-sexual, mobilidade sostible, educación patrimonial, hábitos de vida saudables (alimentación e vida activa e deportiva), desenvolvemento sostible e concienciación ambiental, cidadanía mundial etc. Para acadar os obxectivos propostos, este plan promove a realización de proxectos interdisciplinarios que fomenten o papel activo do alumnado ante os desafíos sociais, económicos e ambientais da sociedade actual e do futuro e poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.
Neste curso escolar 2025/26 ofrécense 40 programas educativos, que poden ser consultados na web do Plan Proxecta+ (véx. Programas)
Prazo de solicitude: ata o 10 de outubro de 2025.
Solicitude: a través da aplicación do Plan Proxecta+ (https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos/)
- Resolución do Plan Proxecta+ 2025/26
- Anexo: listaxe programas Plan Proxecta+ 2025/26
- Ampliación do prazo de soliticude do Plan Proxecta+ para o curso 2025/26
- Resolución provisional do Plan Proxecta+ 2025-26
- Resolución definitiva do Plan Proxecta+ 2025-26
- Modelo de Reclamación ou renuncia do Plan Proxecta+ 2025-2026
- Logo do Plan Proxecta+