Gallego

O monte vivo

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Consellería do Medio Rural
    • Dirección Xeral de Defensa do Monte

Definición: participación dos escolares na protección do medio natural fronte aos incendios forestais.
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: primaria e ESO
Límite de centros participantes: 13
Criterios de selección:

  1. Distribución territorial equitativa de acordo coa organización dos distritos forestais.
  2. Centros educativos no medio rural.
  3. Centros educativos en Zonas de Alto Risco de incendio (ZAR).
  4. O programa priorizará proxectos que consigan o obxectivo de incrementar a concienciación da poboación fronte aos incendios.

Responsable do programa:

Nome: Pablo Fernández Coroas / Carmen Mª Seco García
Departamento:  Subdirección Xeral de Prevención, Servizo de Actuacións Preventivas
Teléfono: 981 546 058 / 981 546 063
Correo electrónico: pablo.fernandez.coroas@xunta.gal / carmen.maria.seco.garcia@xunta.gal

Obxectivo xeral

O obxectivo do programa é fomentar a participación activa e responsable dos escolares na protección do medio natural fronte aos incendios forestais, permitindo que tomen conciencia dos valores dos bosques, o seu uso sostible e a contribución á protección da biodiversidade.

O programa centrarase en incrementar a concienciación sobre os incendios forestais e a súa influencia sobre o equilibrio ecolóxico, as perdas que supón en canto á diminución da biodiversidade, da capacidade produtiva do monte e da calidade das augas, do ocio...

Palabras clave

Incendios forestais. Medio ambiente. Recursos forestais.

Temporización

A temporización abarca todo o curso escolar.

Actividades e recursos

Participación de persoal dos Distritos Forestais, previa solicitude, como apoio das actividades que realicen os centros cando poidan integrarse no programa presentado, a través de charlas e visitas.

Criterios xerais do Plan Proxecta

1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.

Criterios específicos

4. Número e calidade das actividades relacionadas co programa que foron desenvolvidas durante o curso.

5. Grao de cumprimento do programa con relación aos compromisos presentados na memoria inicial.

6. Nivel de calidade do traballo final.

Gallego

Tema: 

Sección: 

Quérote+

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Consellería de Política Social
    • Consorcio Galego de Servizo de Igualdade e Benestar

Ámbito: saúde/educación/igualdade
Definición:

O programa Quérote + consiste en desenvolver un proxecto relacionado coa educación sexual. Con él preténdese dotar de ferramentas ao profesorado para o desenvolvemento persoal do alumnado no seu proceso de crecemento e maduración no ámbito da educación para a convivencia entre os sexos (educación sexual, modelos de amor e de parella, uso das tecnoloxías nas relacións).
Os centros porán en marcha o proxecto deseñado seguindo unha guía de 8 fichas elaboradas dende os centros Quérote+. Cada ficha é como unha unidade didáctica deseñada para desenvolver co alumnado na aula.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030

  • ODS 3. Saúde e benestar
  • ODS 4. Educación de calidade
  • ODS 5. Igualdade de xénero

Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: 3º da ESO e FP Básica
Límite de centros participantes: sen límite

Criterios de selección:

  1.  Calidade do proxecto presentado
  2.  Que o proxecto cumpla os criterios básicos para o desenvolvemento do programa:
  • O traballo interdisciplinario entre o profesorado participante, que colaborará desde a súa área ou departamento.
  • O traballo activo do alumnado, que será o verdadeiro protagonista da execución dos proxectos.
  • A visibilización do traballo, que será exposto a través das canles de comunicación habituais (blog, web, prensa...).
  • A integración dos proxectos de traballo na práctica de aula.
  • A integración da aprendizaxe no medio en que vive o alumnado.

Criterios de exclusión:

1. Proxectos que non recollan os criterios básicos para o desenvolvemento do programa conforme figura nos criterios de selección
2. Proxectos desenvoltos de forma insatisfactoria na edición previa

Responsable do programa:

Nome: Noa Tilve Cabada
Departamento: Centro Quérote+ de Vigo
Teléfono: 670 062 169 / 986 095 977
Correo electrónico: noa.tilve.cabada@xunta.gal


Xustificación

Os centros educativos constitúen un espazo de socialización esencial no desenvolvemento de mozos e mozas. Un espazo no que ademais de recibir formación académica, representan un lugar de encontro para a relación co grupo de iguais no que se forxan valores, actitudes e  modelos de conduta. É fundamental elaborar estratexias socio-educativas que aborden diferentes temáticas, entre elas, a Educación Sexual. A sexualidade é unha condición indisociable do ser humano que nos fai persoas únicas e particulares. Nunha etapa de cambios como é a pubertade, é importante que mozos e mozas conten coas ferramentas e instrumentos precisos que os acompañen e axuden no seu propio proceso de sexuación.

Obxectivos

    •  Achegar información e ferramentas para o traballo da educación sexual na aula.
    •  Estimular unha autoestima positiva co obxecto de reducir a influencia da presión grupal.
    •  Educar en habilidades que favorezan a toma de decisións responsables para un mesmo e para a comunidade.
    •  Poñer en valor a diversidade e fomentar o seu respecto de cara a unha convivencia construtiva e harmónica.
    •  Achegar información en canto a situacións que poderían acontecer (seguridade no uso da tecnoloxía, prevención de embarazos, ITS…)
    •  Ofrecer a posibilidade de traballar de maneira individual co profesorado que así o precise, para dar información e apoiar o desenvolvemento das fichas de traballo en determinadas situacións que o requiran.
    •  Ofrecer a posibilidade de traballar de maneira individual con aqueles usuarios e usuarias que así o precisen, para dar información ou intervir en determinadas situacións que requiran asesoramento.

Desenvolvemento das competencias clave

    • Competencias sociais e cívicas

Actividades

  1. Posta en marcha das 8 fichas de traballo propostas no Programa Quérote+
  2. Novembro: reunión por videoconferencia do profesorado participante coa persoa de referencia do Quérote+ para a explicación do programa e a atención das dúbidas que xurdan en relación á posta en marcha do mesmo.
  3. Mensualmente, de decembro a xuño desenvolverase unha das fichas. A temporalización poderá adiantarse pero nunca retrasarse, é dicir, poderán facerse as fichas antes dos meses indicados, pero non despois.
  • Obradoiros: con carácter opcional, poderán solicitarse obradoiro/s a Quérote+.

Recursos

  • Bibliografía recomendada: figura nas fichas de traballo pero pode solicitarse a amplicación da mesma ao equipo de traballo de Quérote+.

Produto final

A ficha 8 do programa é o produto final do traballo, onde o alumnado ensina o aprendido a alumnado do curso inferior, afianzado todo o aprendido a través da información ao grupo de iguais.

Criterios de avaliación da memoria final

Criterios xerais do Plan Proxecta

1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.

Criterios específicos

4.Valoración do seguimento do programa no centro a través das comunicacións bimestrais co centro Quérote+ de referencia.
5.Valoración da implementación das 7 fichas de traballo a través do material gráfico aportado (enlaces,imaxes, vídeos, presentacións, etc).
6.Valoración do produto final (ficha 8) a través do material gráfico aportado do desenvolvemento da actividade (imaxes, vídeos, etc).
 

Selección de boas prácticas

Gallego

Tema: 

Sección: 

Clases sen fume

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Consellería de Sanidade
    • Dirección Xeral de Saúde Pública

Ámbito: hábitos saudables / prevención de conditas aditivas / educación emocional
Definición: este programa é un concurso educativo para a prevención do inicio do consumo do tabaco, dirixido aos escolares de 12 a 14 anos, idade na que se dan os primeiros contactos co tabaco. Baséase no compromiso individual e colectivo (de toda a aula) de non fumar durante polo menos 6 meses, reforza o carácter voluntario da decisión de non fumar, facilita a presión de grupo positiva xerada pola complicidade dun grupo de adolescentes e un adulto (titor/a), e reforza a confianza nun mesmo e nos demais, ao tempo que utiliza a recompensa - premio como incentivo. Os centros promoverán a elaboración dun traballo en equipo no que terán que traballar a elaboración dun slogan (1º trimestre) e unha actividade creativa (2º trimestre), ademais de traballar as unidades didácticas facilitadas polo programa.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030

  • ODS 3. Saúde e benestar
  • ODS 11. Cidades e comunidades sustentables
  • ODS 17. Alianzas para acadar os obxectivos

Temporización: medio curso
Alumnado ao que vai dirixido: 1º e 2º da ESO (a participación debe ser de todo o alumnado da aula)
Límite de centros participantes: sen límite
Criterios de selección:

  • Calidade do proxecto presentado

Responsable do programa:

Nome: Mª Jesús García Blanco
Departamento: Sevizo de Prevención de Condutas Aditivas (Dirección Xeral de Saúde Pública)
Teléfono: 881 542 920
Correo electrónico: maria.jesus.garcia.blanco@sergas.es


Xustificación

Este proxecto naceu no 2002 no marco do Programa Galego de Promoción Dunha Vida sen Tabaco da Dirección Xeral de Saúde Pública, co fin de previr o inicio do consumo de tabaco o no seu defecto atrasalo. Sendo o compromiso individual e colectivo de non fumar o eixe principal do proxecto e utilizando as actividades obrigatorias como vehículo para o descubrimento por parte dos escolares e dunha forma lúdica, da obtención dos beneficios do no inicio ao consumo de tabaco, e tamén adquirir os coñecementos dos riscos para a saúde de fumar e da exposición pasiva ao fume de tabaco, utilizando os premios como recompensa ao esforzo e ao cumprimento dos compromisos.

Obxectivos

  • Evitar o inicio do consumo de tabaco nos mozos e mozas galegos.
  • Atrasar a idade de inicio.
  • Reconducir se xa existen os consumos puntuais.

Desenvolvemento das competencias clave

  • Competencia en comunicación lingüística
  • Competencia dixital
  • Competencia en aprender a aprender
  • Competencias sociais e cívicas
  • Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor
  • Competencia en conciencia e expresións culturais

Actividades

Actividades obrigatorias:

  • Concurso "Clases sen fume":
  1. Durante todo o programa: todos os escolares da aula e o seu titor/a comprométense a non fumar durante os 6 meses que dura o concurso. Antes do inicio todos os participantes manifestan o seu consumo tabáquico.
  2. 1º trimestre: elaboración dun slogan (actividade do 1º trimestre), que consistirá nun lema orixinal e positivo acompañado dunha representación gráfica, sobre a prevención do tabaquismo preferentemente dirixido a convencer á mocidade para non comezar a fumar, cada clase enviará un que a representará e que optará ao premio ao mellor slogan, elixido polo xurado do concurso.
  3. 2º trimestre: elaboración dunha actividade creativa (actividade do 2º trimestre) en relación coa prevención do tabaquismo, nalgunhas das seguintes modalidades: deseño de materiais multimedia, anuncio publicitario, canción con baile, obra de teatro, xogos, revista xuvenil, periódico, cómic ou conto. Será tamén unha por clase, e para optar ao premio á mellor , o xurado valorará ademais do contido o tempo dedicado á súa elaboración e a implicación de toda a aula, asi como a divulgación do mensaxe central no centro educativo.

Proposta de actividades:

  • Formación: se houbese, a formación en tabaco e outras adiccións ofertarase a través dos canais formativos da Consellería de Educación.
  • Asistencia e charlas: o seguimento presencial ou telemático do programa é levado a cabo polos departamentos territoriais, os técnicos/as van aos centros educativos participantes e supervisan as actividades realizadas nas aulas, resolven as dúbidas que lles formulen, danlles unha charla informativa con contido preventivo aos escolares e comproban a abstinencia tabáquica.

Recursos

Produto final

Como produto final, as aulas participantes deberán entregar un slogan e unha actividade creativa.

Criterios de avaliación da memoria final

Criterios xerais do Plan Proxecta

1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto

Criterios específicos

4.Cumprimento de todos os compromisos do proxecto (non fumar toda a clase, enviar as actividades obrigatorias nas datas propostas polo programa e seguindo os criterios expostas nelas.

5.Difusión e publicitación dos coñecementos adquiridos ao resto dos escolares, favorecendo a formación entre iguais, sendo os participantes os transmisores de hábitos de vida saudable e promotores de saúde.

6. Extensión e implicación dos fogares e outros ámbitos sociais no proxecto.

Gallego

Tema: 

Sección: 

Formación

CURSO 2022/23

Formación fprofe Plan Proxecta+ 2022/23

Proxectos de Vida Activa e Deportiva (PVAD)

G2202015 - Proxectos de vida activa e saudable en centros educativos escolares. Plan Proxecta

G2202014 - Plataforma de valoración física para a saúde-DAFIS. Plan Proxecta

Activistas polo mundo que queremos

G2202013 - Estratexias innovadoras para traballar os activismos xuvenís. Da presencialidade a virtualidade. Plan Proxecta

De Ítaca a Ávalon

G2201097 - Prevención de violencias machistas e bo trato. Plan Proxecta

Consumópolis

G2201088 - O comercio electrónico. Plan Proxecta

Galicons-net

G2201057 - Consumo e finanzas dentro da aula. Plan Proxecta

G2201058 - Consumo e xénero. A publicidade na aula. Plan Proxecta

Donas de si

G2201071 - Estratexias para a promoción da igualdade no ámbito educativo. Plan Proxecta

Por 365 días de igualdade

G2201035 - Abordaxe da violencia de xénero desde o ámbito educativo. Plan Proxecta

ProxectoTERRA

G2202016 - ProxectoTERRA. A paisaxe e a construcción do territorio. Plan Proxecta

P2202017 - ProxectoTERRA. Cartografías. Edición 2022-2023. Plan Proxecta

C2202026 - ProxectoTERRA. Deseño de patios e espazos educativos. Edición 2022-2023 Plan Proxecta (A Coruña)

L2202017 - ProxectoTERRA. Deseño de patios e espazos educativos. Edición 2022-2023 Plan Proxecta (Lugo)

P2202019 - ProxectoTERRA. Deseño de patios e espazos educativos. Edición 2022-2023 Plan Proxecta (Pontevedra)

C2202014 - ProxectoTERRA. Dereito ao Hábitat. Edición 2022-2023. Plan Proxecta (A Coruña)

P2202018 - ProxectoTERRA. Dereito ao Hábitat. Edición 2022-2023. Plan Proxecta (Pontevedra)

Recíclate con Sogama

G2201093 - Pechando o círculo. A Educación Ambiental do Século XXI. Plan Proxecta

Nós tamén creamos

G2201068 - Do conto á curta. A dinamización do galego a través da creación audiovisual. Plan Proxecta

Cinema en curso

G2201053 - Cinema en curso. A posta en valor da contorna. Plan Proxecta

Fotografía en curso

G2201077 - Fotografía en curso. Aprender a mirar. Plan Proxecta

Educación patrimonial

G2201092 - Patrimonio cultural europeo en colaboración a través do programa eTwinning. Plan Proxecta

Quérote+

G2201070 - Educación sexual na aula. Plan Proxecta


 

CURSO 2021/22

Formación fprofe Plan Proxecta+ 2021/22

Aliméntate ben

G2102005 - Formación do programa Xermolón. Plan Proxecta

Proxectos de Vida Activa e Deportiva (PVAD)

G2102012 - Proxectos de vida activa e saudable en centros educativos escolares. Plan Proxecta

G2102011 - Plataforma de valoración física para a saúde-DAFIS. Plan Proxecta

Activistas polo mundo que queremos

G2102003 - Estratexias innovadoras para traballar os activismos xuvenís. Da presencialidade a virtualidade. Plan Proxecta

De Ítaca a Ávalon

G2101083 - Prevención de violencias machistas e bo trato. Plan Proxecta

Consumópolis

G2102002 - Consumópolis: formación inicial. Plan Proxecta

Galicons-net

G2102007 - Formación inicial Galicons-net. Plan Proxecta

G2101030 - Consumo e finanzas dentro da aula. Plan Proxecta

G2101064 - O comercio electrónico. Plan Proxecta

S2101134 - Xénero e consumo. Plan Proxecta   

G2101066 - O traballo coa publicidade na aula. Plan Proxecta

Donas de si

G2101051 - Estratexias para a promoción da igualdade no ámbito educativo. Plan Proxecta

G2101067 - Orientación, titoría e construción da identidade libre de estereotipos de xénero. Plan Proxecta

Por 365 días de igualdade

G2101008 - Abordaxe da violencia de xénero desde o ámbito educativo. Plan Proxecta

ProxectoTERRA

G2102013 - ProxectoTERRA. A construción do territorio e da paisaxe. Plan Proxecta

G2102014 - ProxectoTERRA. Cartografías. Plan Proxecta

G2102016 - ProxectoTERRA. Deseño de patios e espazos educativos. Plan Proxecta

G2102015 - ProxectoTERRA. Dereito ao Hábitat. Plan Proxecta

Recíclate con Sogama

G2101068 - Pechando o círculo. A Educación Ambiental do Século XXI. Plan Proxecta

Nós tamén creamos

G2101039 - Do conto á curta. A dinamización do galego a través da creación audiovisual. Plan Proxecta

Cinema en curso

G2101077 - Cinema en curso. A posta en valor da contorna. Plan Proxecta

Fotografía en curso

G2101079 - Fotografía en curso. Aprender a mirar. Plan Proxecta

Educación patrimonial

G2101082 - Patrimonio cultural europeo en colaboración a través do programa eTwinning. Plan Proxecta


 

CURSO 2020/21

Formación fprofe Plan Proxecta 2020/21

Aliméntate ben

G2001046 - Formación para a realización do programa Xermolón. Plan Proxecta

PDC

G2002008 - Plataforma de valoración física para a saúde-DAFIS. Plan Proxecta

Activistas polo mundo que queremos

G2002002- Estratexias innovadoras para traballar os activismos xuvenís. Da presencialidade a virtualidade. Plan Proxecta

Consumópolis

G2002003 - Formación inicial Consumópolis. Plan Proxecta

Galicons-net

G2002005 - Formación inicial Galicons-net. Plan Proxecta

G2001020- Consumo e finanzas na aula. Plan Proxecta

G2001058 - O comercio electrónico. Plan Proxecta

G2001077 - Xénero e consumo. Plan Proxecta

G2001060 - Traballando coa publicidade na aula. Plan Proxecta

Donas de si

G2001042 - Estratexias para a promoción da igualdade no ámbito educativo. Plan Proxecta

G2001061 - Orientación, titoría e construción da identidade libre de estereotipos de xénero. Plan Proxecta

Por 365 días de igualdade

G2001004 - Abordaxe da violencia de xénero desde o ámbito educativo. Plan Proxecta

Proxecto Terra

G2002009 - ProxectoTERRA. A construción do territorio e da paisaxe. Plan Proxecta

G2002010 - ProxectoTERRA. Cartografías. Plan Proxecta

G2002011 - ProxectoTERRA. Deseño de patios e espazos educativos. Plan Proxecta

Recíclate con Sogama

G2001063 - Pechando o círculo. A Educación Ambiental do Século XXI. Plan Proxecta

Nós tamén creamos

G2001029 - Do conto á curta. A dinamización do galego a través da creación audiovisual. Plan Proxecta

Cinema en curso

G2001108 - Cinema en curso. Pedagoxía co e desde o cinema. Plan Proxecta

Fotografía en curso

G2002020 - Fotografía en curso. A posta en valor da contorna. Plan Proxecta

Educación patrimonial

G2001062 - Patrimonio cultural europeo en colaboración no programa eTwinning. Plan Proxecta


 

CURSO 2019/20

Formación fprofe Plan Proxecta 2019/20

S1901077 – Educación en igualdade nas relacións afectivo-sexuais (Santiago ou Vigo)

V1901033 – Educación en igualdade nas relacións afectivo-sexuais (Santiago ou Vigo)

Por 365 de respecto e igualdade

G1914001 - XXI Foro galego de educación en igualdade. Plan Proxecta

G1901016 - Abordaxe da violencia de xénero desde o ámbito educativo. Plan Proxecta

Donas de si

G1901057- Orientación, titoría e construción da identidade libre de estereotipos de xénero. Plan Proxecta

G1901046 - Estratexias para a promoción da igualdade no ámbito educativo. Plan Proxecta

Consumópolis

G1902006 - Formación inicial Consumópolis. Plan Proxecta

Galicóns-net

G1902007 - Formación inicial Galicóns-net. Plan Proxecta

G1901073 - Traballando coa publicidade na aula. Plan Proxecta

G1901069 - Consumo e finanzas na aula. Plan Proxecta

G1901034 - Consumo e xénero. Plan Proxecta

G1901070 - Comercio electrónico. Plan Proxecta

PDC
G1902004 - Proxectos de vida activa e saudable en centros educativos escolares. Plan Proxecta
G1902005 - Plataforma de valoración física para a saúde-DAFIS. Plan Proxecta

Nós tamén creamos

G1901071 - Do conto á curta. A dinamización do galego a través da creación audiovisual. Plan Proxecta

SOGAMA

G1901072 - A educación ambiental na economía circular. Plan Proxecta

Mobilidade sostible

G1901074 - Curso de Educación Vial para unha mobilidade sostible e segura. Plan Proxecta

De Ítaca a Ávalon

G1901075 - Mocidade desmontando o patriarcado. Metodoloxía para o empoderamento xuvenil na prevención de violencias machistas. Plan Proxecta

Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional

G1902011 – Simposio ILG 2019. Lingua , patrimonio e coñecemento tradicional. Plan Proxecta

Cidadanía dixital

C1901033- Cidadanía Dixital. Plan Proxecta

Cinema en curso

C1901077-Cinema en curso. Plan Proxecta

Fotografía en curso

G1901078-Fotografía en curso: descubrimento do patrimonio fotográfico e a práctica creativa. Plan Proxecta


 

CURSO 2018/19

Cursos fprofe Plan Proxecta

Programa “Aliméntate ben”

S1803011 Aliméntate ben-Xermolón. Plan Proxecta

Programa "PDC"

G1802046 Plataforma de valoración física para a saúde-DAFIS. Plan Proxecta

Programa "Donas de si"

G1801025 Abordaxe da violencia de xénero desde o ámbito educativo. Plan Proxecta

G1801052 Estratexias para a promoción da igualdade  no ámbito educativo. Plan Proxecta

G1801074 Orientación, titoría e construción da identidade libre de estereotipos de xénero. Plan Proxecta

G1814001 XX Foro galego de educación en igualdade: Plan Proxecta.

Programa "Recíclate con Sogama"

G1801023 A educación ambiental, unha aposta de futuro. Plan Proxecta

Programas "Consumópolis" e "Galicons-net"

G1802006 Formación inicial Consumópolis. Plan Proxecta

G1802007 Formación inicial Galicons-net. Plan Proxecta

G1801039 Comercio electrónico. Plan Proxecta

G1801041 Consumo e finanzas na aula. Plan Proxecta

G1801042  Consumo e xénero. Plan Proxecta

G1801078 Traballando a publicidade na aula. Plan Proxecta

Programa "Nós tamén creamos"

G1801049 Do conto á curta. A dinamización do galego a través da creación audiovisual. Plan Proxecta

Programa "Cinema en curso"

G1801086 Cinema en curso. Plan Proxecta

Programa "Fotografía en curso"

G1802018 Fotografía en curso. Plan Proxecta

Programa "CinEd"

C1802018 Novas miradas-CinEd. Plan Proxecta


 

CURSO 2017/18

Programa "Cinema en curso"

C1701031 Cinema en curso2017-2018. Plan Proxecta

Programa "Fotografía en curso"

C1702019 Fotografía en curso. Plan Proxecta

Programa "CinEd"

C1702018 CinED. Programa educativo de cine europeo. Plan Proxecta

Programa "Donas de si"

G1701072 Estratexias para a promoción da igualdade  no ámbito educativo I. Plan Proxecta

G1701073 Orientación, titoría e construción da identidade libre de estereotipos de xénero. Plan Proxecta

G1701081 Prevención da violencia de xénero desde o ámbito educativo. Plan Proxecta

G1714004 XIX Foro galego de educación en igualdade: Plan Proxecta. Curso 2017-2018

Programa "Aulas I+I"

G1701082 Aulas I+I. Inclusivas e igualitarias. Plan Proxecta

Programas "Consumópolis" e "Galicons-net"

G1701075 Comercio electrónico. Plan Proxecta

G1701074 Consumo e finanzas na aula. Plan Proxecta

G1701077  Consumo e xénero. Plan Proxecta

G1701076 Traballando coa publicidade na aula. Plan Proxecta

Programa "Recíclate con Sogama"

G1701080 Cara á sostibilidade na xestión do lixo doméstico. Plan Proxecta

Programa "Nós tamén creamos"

G1701079 Do conto á curta. A dinamización do galego a través da creación audiovisual. Plan Proxecta

Programa "Xente con Don"

G1702023 Prevención de infeccións de transmisión sexual na adolescencia. Plan Proxecta


 

CURSO 2016/17

Programa “Aliméntate ben”

Xornada de formación inicial (Santiago de Compostela, venres 11 de novembro de 2016)

Programa “Aprendo programando”

Programa “Cine en curso”

Xornada de formación inicial (A Coruña, 22 de outubro de 2016)

Programa “Cined”

Programa “Clases sen fume”

Programa “+Comunidade”

Programa “Conecta Cultura”

Programa “Consumópolis”

G1501021 A xestión de residuos urbanos no modelo Sogama

Programa “Cooperación galega”

sen certificar

Programa “Donas de si”

Programa “Educación en valores e cidadanía global”

a través da UNESCO, certificable

Programa “Recíclate con Sogama”

G1501021 A xestión de residuos urbanos no modelo Sogama


 

CURSO 2015/16

Xornadas

G1502014 Xornada Plan Proxecta 2016

G1514001 XVII Foro galego de educación en igualdade

Programa “Recíclate con Sogama”

G1501021 A xestión de residuos urbanos no modelo Sogama

G1501002 A xestión e tratamento dos residuos urbanos no modelo Sogama

Programa “Clases sen fume”

G1501026 O profesorado como axente de saúde

Programa “Nós tamén creamos!”

G1501044 Do conto ao cine. Alfabetización audiovisual en galego

Programa “Terra”

S1502011 Proxecto Terra: “A construción do territorio e a Paisaxe”. Edición 2015-2016

Programa “Galicons-net”

G1501023 Consumo e Xénero

G1501016 Comercio electrónico

G1501036 Traballando coa publicidade na aula

Programa “Por 365 días de respecto e igualdade”

G1501022 Abordaxe da violencia de xénero desde o ámbito educativo

Programa “Donas de si”

G1501024 Estratexias para a promoción da igualdade no ámbito educativo I

G1501028 Orientación, titoría e construción da identidade libre de estereotipos de xénero

 

 

Gallego

Tema: 

Sección: 

Ligazóns

Gallego

Tema: 

Sección: 

Que é?

 

O Plan Proxecta+ é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que fomenten o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial pero que ademais estean comprometidos coa consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.

Trátase dun plan que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa e favorecer a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado. Para iso, un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade galega.

Con este plan preténdese a colaboración interdepartamental e interdisciplinar que promova a innovación adaptada aos recursos e obxectivos específicos de cada centro e suporá un compromiso de todas as persoas e institucións implicadas e un dobre recoñecemento para os centros, para as persoas coordinadoras e para o profesorado participante. Por unha parte, os resultados dos proxectos realizados terán visibilidade para o resto da comunidade educativa galega nos espazos web da Consellería . Por outra, o profesorado que participe activamente neste plan recibirá unha certificación de innovación educativa e terá a posibilidade de publicar as mellores experiencias.

 

Liñas estratéxicas

Estas actuacións deben ter en común 4 liñas estratéxicas básicas de actuación que axuden a:

  1. Desenvolvemento de iniciativas vinculadas aos obxectivos da Axenda 2030.

  2. Desenvolvemento das competencias clave.

  3. Desenvolvemento dos elementos transversais.

  4. Utilización de estratexias metodolóxicas comúns.

Abordarase unha proposta metodolóxica de aprendizaxe por proxectos baseada en dinámicas activas, cooperativas e contextualizadas, centradas na experiencia práctica do alumnado sobre o seu contorno inmediato. Deste xeito, as actividades levadas a cabo no centro por cada programa organizaranse conformando un proxecto interdisciplinario que inclúa elementos do currículo de diversas materias, áreas, ámbitos ou módulos e que se integre nas programacións específicas do profesorado participante e na programación xeral anual.

 

Gallego

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Recursos

 

O plan terá como referente para a utilización de recursos e consulta das mellores prácticas innovadoras:

Onde se pode acceder a un extenso repositorio de recursos multimedia

 

         

    

 

 

 

 

 

 

Gallego

Tema: 

Sección: 

Plan Proxecta

Acceso á aplicación

 

Plan Proxecta (Curso 2018/19)

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.

Trátase dun plan que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa e favorecer a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado. Para iso, un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.

Neste curso escolar ofrécense 43 programas educativos, que poden ser consultados na web de Proxecta (véx. Programas).

Prazo de solicitude: do 29 de setembro ao 19 de outubro de 2018 (os programas do CGAI pechan o prazo de solicitude o 5 de outubro).

http://www.edu.xunta.gal/portal/planproxecta

Solicitude: a través da aplicación de Plan Proxecta (https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos/)

Máis información

Para informarse sobre a organización e a xestión do Plan Proxecta pode dirixirse a:

planproxecta@edu.xunta.es ou nos teléfonos 881 997 498 / 881 997 096

Gallego

Peso: 

40

Montentérate - O monte é a nosa vida

[actualizado o 1/12/2016]

 

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

Consellería de Medio Rural e do Mar

  • Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes [extinta]

Definición: fomento do coñecemento da multifuncionalidade do monte, da súa xestión sustentable e da importancia dos montes veciñais en Galicia.
Temporización: curso completo.
Alumnado ao que vai dirixido: primaria e ESO
Límite de centros participantes: 12
Criterios de selección:

  1. Distribución territorial equitativa de acordo coa organización dos distritos forestais, priorizando os que teñan máis montes veciñais en man común.
  2. Centros educativos no medio rural.
  3. Multidisciplinariedade do proxecto presentado.
  4. Proposta de achegamento mediante investigación (visitas, charlas, entrevistas) á realidade dos montes galegos e ás actividades que neles se producen.

Responsable do programa:

Nome: Ana Sanjuás Salmonte  / Carlos González Andrés
Departamento: Confemadera Galicia / Servizo de Montes Veciñais en Man Común e Estruturas Forestais
Teléfono: 679 642 667 / 981 546 129
Correo electrónico: omonteeanosavida@maderasdegalicia.com / carlos.gonzalez.andres@xunta.es

Xustificación

En Galicia existen ao redor de 1.300.000 ha de monte cuxa propiedade ostentan 675.000 familias, ás que se suman outras 700.000 ha de monte veciñal en man común, cuxa titularidade corresponde a unhas 190.000 familias a través das comunidades veciñais das que forman parte.
Son dous terzos da superficie galega cunha gran repercusión sobre a economía do medio rural e sobre a competitividade do sector industrial forestal de Galicia. Polo tanto, unha adecuada xestión dos montes é clave para o desenvolvemento da sociedade galega.
Nun futuro máis ou menos próximo, o alumnado que se atopa na actualidade en idade escolar deberá asumir a responsabilidade de xestionar estes montes e poñelos a producir. É unha gran responsabilidade polas repercusións sobre a economía galega, ademais dos beneficios indirectos que os montes lle proporcionan á sociedade. Dado que o ciclo produtivo no sector forestal é moi longo, considérase importante que o alumnado se conciencie do reto que deberá afrontar no futuro e comece a preocuparse pola xestión que están a facer os seus maiores deses montes cuxa xestión herdarán.

Obxectivo xeral

A través deste programa búscase:

  • Fomentar o coñecemento da multifuncionalidade do monte. O coñecemento da importancia da función económica, social e medioambiental polo alumnado, fundamental para que fomentar o respecto polo monte.
  • Fomentar o coñecemento da xestión sostible do monte. A adecuada xestión do monte é moi importante co fin de compatibilizar a súas funcionalidades medioambientais, sociais e estéticas, cuxos beneficios intanxibles son aproveitados por toda a sociedade, cos lexítimos beneficios directos que lle corresponden aos seus titulares. Neste apartado afondarase nas distintas ferramentas que existen para a xestión sostible do monte. Explicaraselle ao alumno en que consiste a certificación forestal como ferramenta para a xestión forestal sostible.
  • Divulgar a importancia dos montes veciñais en Galicia. Os montes veciñais en man común son unha forma de propiedade moi estendida en Galicia e cun gran potencial dende o punto de vista forestal e medioambiental. Nesta epígrafe búscase afondar no coñecemento do funcionamento destas comunidades e na importancia que teñen no sector forestal galego.

Palabras clave

Medio ambiente. Recursos forestais.

Metodoloxía recomendada

Como punto de partida, propóñense as seguintes cuestións: de onde veñen os mobles de madeira que hai na aula ou os libros cos que estudamos? Que actividades económicas, sociais e ambientais se desenvolven no monte da miña localidade? Que produtos madeirables e non madeirables se extraen dos montes galegos? Como funcionan as comunidades de montes en man común? Como se poden mellorar? Por que é importante ter un plan de xestión nos montes galegos e que opcións hai? Con quen compiten os produtos dos nosos montes? É un mercado local ou  internacional? Que montes herdaremos e que están facendo neles os nosos pais? Que industrias forestais traballan na nosa comarca?

Temporización

A temporización abarca todo o curso escolar.

Actividades e recursos

Para acadar estes obxectivos o profesorado ten ao seu dispor:

Gallego

Tema: 

Sección: 

Aliméntate ben

[actualizado o 11/01/2016]

 

Ficha técnicaProxecta

Institución:

  • Consellería de Medio Rural e Consellería do Mar

Ámbito: saúde/alimentación
Definición: mellora dos hábitos alimenticios do alumnado.
Ofrece 4 modalidades (non excluíntes):

  • a) Froita na escola
  • b) Lácteos na escola
  • c) Ponlle as pilas ao teu bocata (conservas do mar)
  • d) O sabor da aventura está no mar

Temporización: curso completo.
Alumnado ao que vai dirixido:

  • a) Froita na escola: 2º ciclo de infantil, primaria e ESO
  • b) Lácteos na escola: infantil, primaria, ESO, bacharelato e FP de grao medio
  • c) Ponlle as pilas ao teu bocata (conservas do mar): infantil, primaria e ESO
  • d) O sabor da aventura está no mar: infantil, primaria e ESO

Límite de centros participantes: 150
Criterios de selección:

  1. Como criterios xerais:
    1. valorarase o número de modalidades solicitadas (cada solicitude recibirá tantos puntos como modalidades solicitadas).
    2. de ser preciso, aplicarase como criterio a orde de envío definitivo da solicitude a través da plataforma.
       
  2. Para a modalidade (a) Froita na escola, admitiranse só os centros aos que lle fose concedida a axuda a través da convocatoria específica deste programa:
    RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2015 pola que se regula o procedemento paraa concesión de axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de
  3. Para a modalidade (b) Lácteos na escola, admitiranse só os centros aos que lle fose concedida a axuda a través da convocatoria específica deste programa:
    RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2015 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de leite e determinados produtos lácteos ao alumnado de centros escolares e se convocan para o ano 2015.(DOG do 12 de marzo). [descargar PDF]. Pódese consultar a información relativa a esta convocatoria na seguinte ligazón.

Responsable do programa:

Nome: Ramón Damián Fernández Conchas
Departamento: Xefatura de Servizo de Mercados
Teléfono: 981 546 261
Correo electrónico: ramon.fernandez.conchas@xunta.es

Para obter información sobre a resolución das axudas das modalidades A e B cómpre realizar as consultas no FOGGA (Mª Luz Acción Porto: 981 540 079).

Xustificación

O programa pretende achegar aos nenos e nenas ao medio natural, facendo reflexionar e explorar os seus elementos, os alimentos necesarios para a supervivencia e os beneficios que nos achegan.

Obxectivo xeral

O programa aproxima aos nenos e nenas ao medio rural e mariño, co obxectivo de potenciar o consumo dos seus produtos entre o alumnado mediante un proxecto interdisciplinar que leva a cabo accións educativas diversas, destinadas a manter e fomentar nas escolas hábitos de consumo saudables. O alumnado pode experimentar, observar e chegar a descubrir as súas características e propiedades tan necesarias para nós.

Palabras clave

Alimentación saudable. Hábitos de vida saudable. Recursos mariños.

Modalidades de participación

  • a) Froita na escola. Esta modalidade ten por obxecto o fomento do consumo de froita entre o alumnado de 3 a 16 anos de centros escolares. Nesta modalidade ofrécese froita fresca fresca gratuíta a través da convocatoria do FOGGA.
  • b) Lácteos na escola. Esta modalidade ten por obxecto o fomento do consumo de produtos lácteos. Nesta modalidade ofrécese leite e produtos lácteos a prezo reducido a través da convocatoria do FOGGA.
  • c) Ponlle as pilas ao teu bocata (conservas do mar). Esta modalidade pretende dar a coñecer as múltiples virtudes das conservas do mar, incidindo así en hábitos de consumo alimentarios saudables.
  • d) O sabor da aventura está no mar. Esta campaña ten o dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos do mar de Galicia entre as nenas e os nenos galegos, e de incidir e equilibrar as súas dietas alimenticias.

Metodoloxía recomendada

Traballo cos materiais didácticos ofrecidos polo programa.

Temporización

As modalidades A e B esixen ter solicitada e concedida a correspondente axuda do FOGGA, polo que o centro solicitante debe atender a data de publicación das convocatorias das axudas.

Actividades e recursos

a) Froita na escola:

b) Lácteos na escola:

c) Ponlle as Pilas ao teu bocata:

d) O sabor da aventura está no mar:

Nas modalidades “Ponlle as Pilas ao teu bocata” e “O sabor da aventura está no mar” hai material específico para o profesorado e máis para o alumnado, tanto en formato dixital como en formato papel.

Produto final

Nas modalidades A e B cómpre facer fincapé no desenvolvemento dun verdadeiro programa educativo de fomento do consumo de froita e lácteos, respectivamente. O desenvolvemento do programa educativo non pode limitarse á distribución do produto.

Gallego

Tema: 

Sección: