Skip to Content
O potencial da Web 2.0 no teu centro educativo.

Guías rápidas da Aula Virtual dos centros

Co fin de facilitar o acceso e o traballo do profesorado e do alumnado durante este período de continxencia, acábanse de publicar na Aula Virtual de Webs Dinámicas unhas guías rápidas sobre a configuración e uso das aulas virtuais dos centros.

Podedes accedes a estas guías na portada da Aula Virtual Aberta do proxecto Webs Dinámicas.

 

Solicitude de entrada no proxecto Webs dinámicas

A Consellería de Educación e O.U. está ofrecendo aos centros educativos públicos a participación nun proxecto denominado "Webs dinámicas" que basicamente consiste na instalación e configuración de tres ferramentas web que son:

  • Drupal, como portal web do centro.
  • Moodle, como aula virtual.
  • Coppermine, como galería de imaxes e vídeos.

Instalado novo módulo: Node clone

Está instalado un novo módulo de Drupal 6 para o "clonado" de contidos. Este módulo permite crear un novo contido igual que outro existente, o que pode resultar de gran axuda á hora de crear contidos por exemplo de tipo Webform.

Para utilizar este módulo hai que seguir estes pasos:

1. Activar o módulo "Node clone" en Administrar > Contrución da páxina > Módulos

2. Configurar os permisos do módulo en Administrar > Mantemento de usuarios > Permisos, marcando que roles poden clonar calquera contido (recomendado só para o administrador) ou os propios contidos.

3. Configurar o módulo en Administrar > Configuración da páxina > Clone module.

4. Para clonar un contido hai que acceder ao contido e pinchar na solapa "Clonar". Con isto iremos ao formulario de creación/edición do novo contido xa con todos os campos cubertos cos valores do contido orixinal donde poderemos modificar aquelo que desexemos. Deberemos editar o título do novo contido, no que este módulo engade o prefixo "Clone of ".

Se se detecta calquera mal funcionamento deste módulo comunicádeo por favor a websdinamicas@edu.xunta.gal

 

Galería actualizada a Coppermine 1.6

O pasado 27 de Febreiro actualizamos a Galería de tódolos sitios do proxecto Webs Dinámicas á última versión do software Coppermine (https://coppermine-gallery.net/), a versión 1.6.

Con esta actualización son varias as melloras no aspecto e funcionalidade que obtemos, pero destacamos principalmente a de poder subir varios ficheiros de imaxe a un tempo mediante "arrastrar e soltar" desde un explorador de ficheiros e selecionando prevíamente, e unicamente unha vez, o álbum no que as queremos publicar.

Acabamos de publicar ademáis unha documentación completamente nova sobre este software que tedes na Aula Virtual Aberta do Proxecto en https://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/aulavirtual/course/view.php?id=50. Neste caso cambiamos a filosofía clasica da documentación deste proxecto publicando por separado as labouras de administración e as de edición para documentar neste caso todo xunto a modo de "How to" co obxectivo de que sexa moito máis doado atopar a documentación que precisamos en cada momento e que esta sexa á súa vez moito máis práctica.

As traduccións deste software aos idiomas Galego e Español foi feita polo equipo de asesores Abalar da AMTEGA. Se atopades calquera incorrección nas mesmas pregamos nolas comuniquedes ao correo do proxecto (websdinamicas@edu.xunta.gal) para corrixilas.

Esperamos que esta nova versión da Galeria sexa do agrado de todos, e coma sempre estamos aquí par atender as vosas consultas, incidencias e suxestións.

Un saúdo.

Moodle Classic

Como sabedes, para acceder ás aulas virtuais Moodle do proxecto Webs Dinámicas desde o teléfono móbil, pódese utilizar a app de Moodle para dispositivos móbiles. Como a nosa versión de Moodle é a 2.6 non podemos utilizar a última versión da app Moodle Mobile, senón que hai que utilizar a app Moodle Classic.

Parece ser que a app Moodle Classic non está xa dispoñible no Play Store de Android, así que se precisades instalala será necesario descargar o ficheiro APK da mesma. Podedes descargala da web de Apkpure, neste enlace: https://apkpure.com/es/moodle-classic/com.moodle.classic

Un saúdo.

Autorexistro de usuarios nas aulas virtuais

Actualmente, coa versión que temos de Moodle no proxecto Webs Dinámicas, non funciona o CAPTCHA do formulario no que os usuarios poden darse de alta por si mesmos nas aulas virtuais dos centros no proxecto. Este sistema CAPTCHA impedía que robots de internet creasen de xeito masivo contas de usuario de tipo SPAMER.

Para evitar este problema de creación masiva de usuarios, xa no verán de 2018, desactivouse a posibilidade de que os usuarios se rexistrasen en tódalas aulas virtuais do proxecto, e enviouse un correo informativo a tódolos centros. No pasado mes de Xullo de 2019 desactivámolo de novo en tódolos centros.

Isto non quere dicir que non se poda utilizar o sistema de autorexistro de usuarios. Cando precisedes que os usuarios se dean de alta, por exemplo ao principio de curso, podedes activalo de novo, pero desde Webs Dinámicas pedímosvos que o fagades por un prazo de tempo limitado, pasado o cal o desactivedes de novo para evitar a entrada de robots.

No seguinte documento (https://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/aulavirtual/mod/page/view.php?id=4456) tedes a explicación de como activar ou desactivar o autorexistro de usuarios.

Desde o proxecto Webs Dinámicas pedimos disculpas polos inconvintes que esto supón, pero xa estamos traballando para actualizar a novas versións de Moodle, e que así podamos utilizar esta funcionalidade con normalidade.

Un saúdo.

 

Módulo "Send by email" desactivado

Debido a que se ten detectado a utlización de xeito masivo por parte de robots de internet da función de enviar por correo electrónico os contidos das webs dos centros, temos desactivado o módulo "Send by email" en tódalas webs do proxecto.

No caso de que no seu centro queiran seguir dispoñendo desta funcionalidade, poden activar de novo este módulo pero deben engadir un desafío CAPTCHA ao formulario de envío do contido por correo. Para facer isto último pódense seguir as seguintes instruccións: Engadir desafío CAPTCHA a un formulario.

Para calquera dúbida poden poñerse en contacto co seu asesor/a Abalar de zona ou no correo websdinámicas@edu.xunta.es

Activación do módulo Rexistro de contadores en Drupal

Instalouse no Drupal 6 de Webs Dinámicas unha nova versión (1.4) do módulo "AMTEGA - Webs Dinamicas: Rexistro de contadores".

Este módulo ten definidos unha serie de contadores sobre os rexistros da base de datos e uns umbrais absolutos e relativos para cada contador. Con cada execución do cron (diaria de xeito automático) actualízanse estes contadores e se algún ten un incremento respecto do seu valor anterior que supere algún dos seus umbrais, o módulo envía un correo a websdinamicas@edu.xunta.es avisando desa circunstancia.

Os contadores que ten definidos este módulo son os seguintes:

ContadorUmbral absolutoUmbral relativo
Usuarios na Aula Virtual Moodle con autenticación por correo electrónico 2510%
Usuarios na Web Drupal 2510%
Comentarios anónimos na Web Drupal 2510%
Contidos na Web Drupal 2510%
Usuarios na Galería Coppermine 2510%
Comentarios na Galería Coppermine 2510%

O obxectivo deste módulo é detectar o antes posible a creación masiva por parte de robots de internet das entidades correspondentes a eses contadores.

No día de hoxe (4/4/2018) vaise activar este módulo en tódolos sitios do proxecto Webs Dinámicas.

Correción da tradución ao Galego da palabra September

Para correxir a traducción ao Galego da palabra inglesa September, que está como Septembro no canto de Setembro, elaboramos as instrucións que se achegan.

Pregamos aos administradores da web de cada centro para que leven a cabo esta correción xa que non foi posible programar un proceso automático que fixera a correción en tódalas webs.

Para calquera dúbida poden poñerse en contacto con nos no correo websdinamicas@edu.xunta.es

Un saúdo e gracias.

Distribuir contido


by Dr. Radut