Xeral
![]() |
![]() |
Neste curso descríbense as tarefas máis habituais que desde os centros se levan a cabo sobre a Galería de imaxes do proxecto Webs Dinámicas co software Coppermine 1.6, tanto para usuarios administradores como para usuarios rexistrados na plataforma.
Coppermine é unha aplicación web que permite xestionar de forma sinxela unha galería de imaxes e vídeos para o noso centro. Entre as características máis salientables destacan as seguintes:
- Posibilidade de agrupar imaxes en álbumes para unha xestión ordenada.
- Posibilidade de agrupar álbumes en categorías e subcategorías.
- Restricións no acceso aos álbumes (públicos ou privados).
- Rexistro das visualizacións de cada imaxe/vídeo.
- Posibilidade de realizar valoracións (votacións) e comentarios de cada unha das imaxes ou vídeos.
- Posibilidade de crear coleccións de imaxes favoritas para cada usuario.