Crear un álbum con visualización restrinxida por contrasinal

Os pasos para crear un álbum público con visualización restrinxida condicionada á introdución dun contrasinal (os visitantes deberán introducir un contrasinal para acceder ao contido do álbum, incluídos os visitantes anónimos) son os seguintes:

  1. Seguir as indicacións xerais para crear un álbum no seguinte enlace: Creación de álbumes (administradores e usuarios rexistrados)
  2. Na opción Pemisos para este álbum --> O álbum pode ser visto por hai que marcar a opción Todos (álbum público)
    • A opción Protexer con contrasinal este álbum (Clic si) debe estar marcada.
      • Especificamos o contrasinal para o álbum
      • En Pista do contrasinal podemos opcionalmente poñer unha pista para axudar aos visitantes a introducir o contrasinal
    • Prememos en Actualizar álbum para gardar os cambios.
    • A opción O álbum pode ser visto por cambia automaticamente a Só eu. (Convírtese en privado).

contrasinal

Agora os usuarios anónimos non verán o álbum cando accedan á páxina principal da galería ao tratarse dun álbum privado.


Visualización de álbumes privados por usuarios anónimos

Para permitir que os usuarios anónimos poidan ver que existen álbumes privados na galería e ter a posibilidade de introducir o constrasinal para acceder aos contidos dos mesmos debemos facer o seguinte: 

  • Como administradores da galería, na ruta Configuración--> Ver lista de álbums habilitar a opción Amosar icona de álbum privado a usuarios non acreditados  e gardar a configuración.

privados

Agora os visitantes verán unha icona de álbum privado (con un candado) ao acceder á galería

candado

Ao premer no álbum, aparecerá unha ventá indicando que se introduza o contrasinal. De facelo correctamente, o usuario terá acceso ao contido do álbum.

clave

Última modificación: Luns, 3 de Febreiro de 2020, 12:55