Subir imaxes e vídeos (administradores e usuarios rexistrados)

Subir ficheiros de imaxes e vídeos a un álbum

Unha vez creados os álbumes xa estamos en disposición de engadir neles as imaxes/vídeos desexados (*)

  • Premer en Subir ficheiro.
  • Seleccionar o álbum no que se incorporarán os ficheiros.
  • Especificar os arquivos a subir (pódense subir varios de xeito simultáneo):
    • Seleccionándoos mediante o botón Examinar.
    • Arrastrando directamente os ficheiros á caixa de selección

Subir ficheiros

  • Unha vez incorporadas as imaxes aparecerá unha ventá coa posibilidade de especificar un título e descrición para cada unha das imaxes subidas.
    • Permite ademáis a posibilidade de especificar unha serie de palabras chave ou etiquetas que servirán para que os usuarios poidan localizar ditas imaxes dun xeito máis doado.
    • Nesta mesma ventá tamén existe a posibilidade de borrar as imaxes, resetear o contador de visitas, resetear os votos para cada imaxe ou borrar os comentarios.
    • Tamén existe a posibilidade de "Aprobar ficheiros" no caso de que o álbum sexa compartido por varios usuarios.

título e descrición

Premendo no botón Inicio poderase acceder ás imaxes subidas para cada álbum
Inicio


(*)  Para poder subir un ficheiro é necesario ter creado polo menos un álbum. De non facelo así amosarase a seguinte mensaxe de erro:


Erro subida ficheiros


Última modificación: Venres, 31 de Xaneiro de 2020, 13:40