Aprobar ficheiros subidos por usuarios do grupo Registered en álbumes compartidos (só administradores)

Aprobación de arquivos subidos por usuarios do grupo Registered

En caso de existir arquivos pendentes de aprobación en álbumes compartidos subidos por usuarios non administradores, ao iniciar sesión aparecerá un aviso de tal circunstancia na pantalla de benvida.

A aprobación de ficheiros realízase como administradores desde o menú Ficheiros-->Aprobar subidas

aprobar subidas

A continuación simplemente restará marcar o check de aprobación do ficheiro que pasará a formar parte da visualización dos contidos do álbum ao facer click en Aplicar cambios

Check aprobación

Última modificación: Luns, 3 de Febreiro de 2020, 11:57