Creación de álbumes (administradores e usuarios rexistrados)

  • O concepto de álbum en Coppermine é similar ao dun álbum de fotos tradicional en papel, permitindo agrupar imaxes e vídeos que gardan unha certa relación: álbum do magosto, álbum do día da Paz, álbum do Entroido…
  • O concepto de categoría xa visto nun apartado anterior permite agrupar de forma ordenada álbumes con temáticas semellantes: fotos persoais, fotos de traballo, fotos do curso actual e de cursos anteriores…(serían como estanterías nas que almacenamos unha serie de álbumes agrupados segundo os nosos criterios).
    • Os usuarios administradores de Coppermine poden crear álbumes en calquera categoría da galería.
    • Pola contra, por defecto os usuarios rexistrados só poden crear álbumes na categoría persoal A miña galería, que se xera de xeito automático cando se engade un usuario.
      • Adicionalmente, tal e como se especificou no apartado adicado ás categorías, os usuarios administradores de Coppermine poden permitir que os usuarios rexistrados poidan crear álbumes noutras categorías especificando na configuración das mesmas a opción Grupo(s) autorizado para crear álbums nesta categoría--> Registered (facendo click sobre a palabra Registered).

Creación dun álbum como usuarios administradores

  • Para crear un álbum hai que premer na opción Ficheiros --> Álbums e seleccionar primeiro a categoría á que vai pertencer.
    • A opción por defecto *Ningunha categoría* crearía o álbum na categoría predeterminada ou raíz da nosa galería de imaxes.
    • A opción *A miña galería* fai referencia á galería de imaxes persoal que Coppermine crea de xeito automático para cada usuario.

Albumes

  • A continuación, premer en Novo álbum e especificar o nome desexado para o álbum. Finalmente premer en OK para gardar os cambios.

Crear albumes

  • Unha vez creados os álbumes existe a posibilidade de ordenalos simplemente arrastrando a icona coas puntas de frecha ou engadir ficheiros neles premendo na icona situada á dereita do nome do álbum (tamén é posible facelo desde a opción do menú Subir ficheiro como veremos nun apartado posterior).

Albumes creados


Propiedades do álbum. Álbumes públicos e privados

  • Unha vez seleccionado un álbum facendo click sobre el e premendo na opción Propiedades do álbum, despregarase a seguinte ventá que permitirá modificar a configuración do álbum:

Propiedades

  • Posibilidade de cambiar o nome, a categoría da que depende e especificar unha descrición.
  • A opción Clave do álbum permite especificar unha palabra clave que fará posible incorporar neste álbum imaxes doutros álbumes que sexan etiquetadas coa mesma clave. Deste xeito, se se desexa que unha mesma imaxe forme parte de dous ou máis álbumes diferentes só será preciso subila á plataforma unha única vez. Os visitantes verán as imaxes como se foran parte do propio álbum.
  • Centrándonos nas opcións Permisos para este álbum:
    • O álbum será público: se está seleccionada a opción O álbum pode ser visto por: Todos (álbum público).
      • Con independencia do anterior, ao marcar o check Protexer con contrasinal este álbum (Clic si) e especificar un contrasinal o álbum convírtese en privado de xeito automático (Só eu). Neste caso, os visitantes anónimos ou rexistrados poderán acceder ao contido do álbum se introducen o contrasinal correcto.
    • O álbum será de acceso restrixido se están seleccionadas as opcións:
      • Só eu: só terá acceso o usuario que creou o álbum.
      • Membros do grupo Administrators: só terán acceso os usuarios da galería co rol administrador.
      • Membros do grupo Registered: Terá acceso calquera usuario autenticado da galería.
    • A opción Visitantes poden subir ficheiros permite que varios usuarios poidan subir imaxes/vídeos a un mesmo álbum de forma compartida.


Creación dun álbum como usuarios rexistrados (non administradores)

Os usuarios rexistrados (non administradores) só poden crear álbumes na súa propia categoría persoal A miña galería, ou naquelas categorías nas que algún usuario administrador habilitara explicitamente o permiso desde a opción O meu perfil--> Crear / ordenar os meus álbums.

album usuario rexistrado

  • Premendo en Novo álbum especificamos o nome desexado para o álbum. Finalmente prememos en OK para gardar os cambios.

A miña galería

album_profe_ya_creado

  • Unha vez seleccionado un álbum facendo click sobre él e premendo na opción Propiedades do álbum accederase ás propiedades do mesmo:

propiedades

  • Posibilidade de cambiar o nome, a categoría da que depende e especificar unha descrición.
  • A opción Clave do álbum permite especificar unha palabra clave que fará posible incorporar neste álbum imaxes doutros álbumes que sexan etiquetadas coa mesma clave. Deste xeito, se se desexa que unha mesma imaxe forme parte de dous ou máis álbumes diferentes só será preciso subila á plataforma unha única vez. Os visitantes verán as imaxes como se foran parte do propio álbum.

Caracter público/privado do álbum:

  • O álbum será público: se está seleccionada a opción O álbum pode ser visto por: Todos (álbum público).
    • Con independencia do anterior, ao marcar o check Protexer con contrasinal este álbum (Clic si) e especificar  un contrasinal o álbum convírtese en privado de xeito automático (Só eu). Neste caso, os visitantes anónimos ou rexistrados poderán acceder ao contido do álbum se introducen o contrasinal correcto.
  • O álbum será de acceso restrixido se están seleccionadas as opcións:
    • Só eu: só terá acceso o usuario que creou o álbum.
    • Membros do grupo Administrators: só terán acceso os usuarios da galería co rol administrador.
    • Membros do grupo Registered: Terá acceso calquera usuario autenticado da galería.

Última modificación: Luns, 3 de Febreiro de 2020, 11:18