Crear un álbum privado (administradores e usuarios rexistrados)
Os pasos para crear un álbum privado (só visible polo usuario que o crea) son os seguintes:
- Seguir as indicacións xerais para crear un álbum no seguinte enlace: Creación de álbumes (administradores e usuarios rexistrados)
- Editar as Propiedades do álbum e na opción Permisos para este álbum --> O álbum pode ser visto por cambiar Todos (álbum público) por Só eu. (Alternativamente no desplegable anterior é posible restrinxir o acceso unicamente aos membros do grupos Administrators, Registered...)
- A opción Protexer con contrasinal este álbum (Clic si) debe estar desmarcada.
- Premer en Actualizar álbum.
Agora os usuarios anónimos non verán o álbum cando accedan á páxina principal da galería ao tratarse dun álbum privado.
Visualización de álbumes privados por usuarios anónimos
Para permitir que os usuarios anónimos poidan ver que existen álbumes privados na galería debemos facer o seguinte:
- Como administradores da galería, na ruta Configuración--> Ver lista de álbums habilitar a opción Amosar icona de álbum privado a usuarios non acreditados e gardar a configuración.
Agora os visitantes verán unha icona de álbum privado (con un candado) ao acceder á galería.
En calquera caso, ao tratarse dun álbum privado, non poderá acceder ao contido aparecendo a seguinte mensaxe:
Última modificación: Luns, 3 de Febreiro de 2020, 12:37