Visualización de imaxes e vídeos da galería.

  • Premendo sobre o nome dun álbum visualizaranse os arquivos de imaxe e vídeo que conteña.

Visualización álbum

arquivos

  • Seleccionando unha das imaxes verase de xeito ampliado de acordo co establecido na configuración xeral de Coppermine

pase de imaxes

Pase manual e pase automático de imaxes

  • Premendo nos cursores da barra superior da pantalla anterior é posible visualizar unha a unha cada unha das imaxes que compoñen o álbum.
  • Tamén é posible seleccionar o pase automático de todas as imaxes premendo na icona slideShow Icona Slideshow, o que iniciará unha transición entre todas as imaxes que conforman o álbum cun tempo establecido na configuración xeral do Coppermine. (Esta configuración pode modificala un usuario administrador desde o Menú Configuración --> Vista de imaxes --> Intervalo da presentación de diapositivas).

Última modificación: Venres, 31 de Xaneiro de 2020, 17:00