Crear un álbum público de libre visualización (administradores e usuarios rexistrados)

Os pasos para crear un álbum público de libre visualización (visible por calquera usuario incluídos os visitantes non autenticados) son os seguintes:

  1. Seguir as indicacións xerais para crear un álbum no seguinte enlace: Creación de álbumes (administradores e usuarios rexistrados)
  2. Na opción Pemisos para este álbum --> O álbum pode ser visto por hai que marcar a opción Todos (álbum público)
    • A opción Protexer con contrasinal este álbum (Clic si) debe estar desmarcada.

compartido

  • Se desexamos que outros usuarios poidan de forma compartida subir arquivos ao noso álbum público deberase marcar a opción do check Visitantes poden subir ficheiros.
    • En caso de habilitar a opción anterior e dependendo dos permisos do grupo Registered, será preciso ou non a aprobación para cada ficheiro por parte dun administrador.

Última modificación: Luns, 3 de Febreiro de 2020, 12:09