Inicio de sesión (administradores e usuarios rexistrados)

Unha vez na web do Coppermine faremos click en "Entrar". Despregarase unha ventá na que introducimos o nome de usuario e contrasinal que teñamos asignados como usuarios da aplicación e faremos click en “OK”.

Inicio de sesión

  • A casilla “Lémbrame” permite que o sistema garde o contrasinal para o noso usuario, de xeito que a próxima vez que queiramos acceder á aplicación non teñamos que volver a introducilo. (Non é recomendable facer uso desta opción agás que teñamos a completa seguridade de que ninguén máis fai uso do equipo desde o que accedemos á aplicación).
  • Tamén podemos observar un enlace co texto “Esquecín o meu contrasinal".

Unha vez identificados polo sistema, a aplicación despregará unha pantalla de benvida cunha serie de menús que dependerán dos permisos do usuario co que se acceda.

Pantalla de benvida para un usuario co rol de administrador

Benvida Administrador

Pantalla de benvida para un usuario rexistrado non administrador

Benvida usuario rexistrado

Os menús comúns a todos os usuarios (InicioWebAlbums e Buscar) xa foron explicados no punto anterior.

Opcións de menú comúns para usuarios autenticados:

  • A miña galería: permite visualizar a galería persoal do usuario activo. Se o usuario é administrador, colocando o punteiro do rato sobre A miña galería aparecerá a seguinte opción:
    • Amosar/Ocultar controis de administrador: Permite alternar a visualización da navegación como administradores da plataforma ou como usuarios rexistrados da nosa galería.

Amosar controis de administración

Ocultar controis de administración

  • Subir ficheiro: Permite subir imaxes e vídeos a un álbum da nosa galería.
  • Saír[nome_usuario]: Permite pechar a sesión de Coppermine.
  • O meu perfil: Permite ver o perfil do usuario.

O resto dos elementos (Ficheiros, Información, Configuración e Usuarios) do menú anterior describiranse nos apartados seguintes ao ser exclusivos do rol administrador.

Última modificación: Venres, 31 de Xaneiro de 2020, 12:01