Os grupos (roles) de usuarios. Permisos
De xeito semellante a Drupal, Coppermine ten unha política de usuarios e roles (aquí denominados grupos), de xeito que os usuarios creados na aplicación necesariamente deben pertencer a un grupo. Ademáis, os permisos de cada usuario (o que pode ou non pode facer na aplicación) non se poden definir a nivel individual, senón que veñen determinados polos permisos do grupo ao que pertence.
Por defecto hai creados tres grupos (roles):
- Administrators (con permisos de administración, teñen control total sobre a plataforma).
- Registered (usuarios autenticados ou rexistrados, con permisos máis limitados).
- Guests (usuarios anónimos, non autenticados, con permisos só de visualización).
Os permisos para cada grupo pódense visualizar/modificar desde a opción Usuarios --> Grupos.
A seguinte imaxe amosa a configuración por defecto para cada grupo.

Son especialmente relevantes os seguintes aspectos:
- Grupo Administrators (administradores)
- Cuota ilimitada para subir arquivos
- Permitida a subida de arquivos a álbumes públicos sen aprobación (por tanto poden subir imaxes a calquera álbum público)
- Teñen galería persoal
- Poden facer comentarios
- Grupo Rexistered (Usuarios rexistrados)
- Cuota limitada para subir arquivos
- Permitida a subida de arquivos a álbumes públicos con aprobación (por tanto non poden subir directamente imaxes a calquera álbum público)
- Teñen galería persoal
- Poden facer comentarios
- Grupo Guests (Invitados)
- Non teñen cuota para subir arquivos
- Non poden subir arquivos a álbumes públicos
- Non teñen galería persoal
- Non poden facer comentarios
Usuarios creados no proxecto Webs Dinámicas
Cando un centro se incorpora ao proxecto Webs Dinámicas por defecto hai creados dous usuarios pertencentes ao grupo de Administrators: admin e webmaster.

Última modificación: Venres, 31 de Xaneiro de 2020, 18:38