Acceso á galería

Con carácter xeral no proxecto Webs Dinámicas, a URL de acceso á galería de imaxes de cada centro será do tipo: http://www.edu.xunta.gal/centros/nomedocentro/galeria

Tamén podemos acceder a Coppermine facendo click a través do menú Galería accesible desde a páxina web do noso centro.

Galería

Os menús dispoñibles na galería variarán en función de se o acceso á mesma se realiza como visitante ou como usuario autenticado (introducindo un nome de usuario e contrasinal). Neste último caso dependerán tamén do rol do usuario que inicie sesión.

Unha vez na web do Coppermine e como usuarios sen autenticar amosarase o seguinte:

Coppermine


A continuación sinálase a funcionalidade dos distintos menús:

  • Inicio: Actúa como hipervínculo á páxina principal da galería onde podemos ver as categorías e álbumes creados que sexan públicos.
  • Entrar: Permite iniciar a sesión en Coppermine cun nome de usuario e contrasinal.
  • Web: Enlaza coa páxina principal de Drupal do centro.
  • Álbums: permite ver a lista de álbums públicos da galería. Colocando o punteiro do rato sobre Álbums aparecerán as seguintes opcións:
    • Últimas subidas: amosa os ficheiros engadidos recentemente.
    • Últimos comentarios: amosa os últimos comentarios realizados sobre as imaxes.
    • O máis visto: amosa os ficheiros con máis visualizacións.
    • O mellor puntuado: amosa aqueles ficheiros que foron mellor puntuados dentro da galería.
    • Os meus favoritos: amosa exclusivamente as imaxes que o visitante seleccionou como favoritas.

Albums

  • Buscar: permite realizar unha busca de imaxes na galería.

Buscar

Última modificación: Mércores, 29 de Xaneiro de 2020, 12:38