Skip to Content

Proxecto

Actualización da Aula Virtual a Moodle 2.6

Durante o pasado Nadal comenzamos o proceso de actualización das aulas virtuais dos centros participantes no proxecto á nova versión 2.6 de Moodle desde a actual 1.9.

Actualizáronse un conxunto de centros que o tiñan pedido desde hay tempo. Polo momento continuaremos levando a cabo esta actualización baixo demanda, é dicir, só para aqueles centros que o pidan. Maís adiante comenzaranse a actualizar de oficio as aulas vituais que queden na versión 1.9.

Para pedir que se actualice a aula virtual dun centro, a dirección debe escribir desde o correo corporativo do centro a websdinamicas@edu.xunta.es indicando o código e o nome do centro e solicitando a actualización da súa aula virtual á nova versión Moodle 2.6.

Poden consultar máis detalles sobre esta actualización no ficheiro anexo.

Para máis información sobre esta actualización os centros poden poñerse en contacto co seu asesor/a de zona.

Saúdos.

Inicio de sesión seguro en Webs Dinámicas

Na próximas datas, no proxecto Webs Dinámicas activaranse sistemas de seguridade para o envío seguro das contrasinais de usuario.

Non é preciso que o centro realice ningunha acción para activar estes sistemas. Unicamente se recomenda a instalación do certificado da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre nos navegadores de internet.

Achégase un documento con información detallada que pregamos sexa enviado aos administradores da Web Dinámica do centro, e tamén ao coordinador TIC e ao resto do profesorado.

O certificado da FNMT pódese descargar nos seguintes enlaces:

Saúdos.

O equipo de Webs Dinámicas

AMTEGA

 

Actualización de Webs Dinámicas: Drupal 6, Moodle 1.9

Durante os próximos meses (Maio, Xuño e Xullo de 2013) aplicarase a actualización de dúas das aplicacións de Webs Dinámicas: Drupal e Moodle. No primeiro caso pasaremos da versión 5.23 á versión 6.30, no segundo caso pasaremos da versión 1.8.5 á versión 1.919+.

Os obxectivos destas actualizacións son:

  • Obter novas funcionalidades do software.

  • Obter novas características de seguridade.

  • Avanzar un paso no proceso evolutivo destas aplicacións coa meta de alcanzar as últimas versións das mesmas (Drupal 7 e Moodle 2.5 neste momento) e así obter todas as súas funcionalidades e características de seguridade.

Este procedemento será aplicado aos centros de un en un. Cada centro será avisado con antelación das datas nas que se realizará a súa actualización. Durante o proceso, a Web Dinámica do centro non estará dispoñible. En principio farase nun periodo de dous días, pero na maioría dos casos bastará cun solo.

Finalizado o proceso de actualización, e posible que o administrador da Web Dinámica no centro teña que realizar as seguintes tarefas adicionais, para o que pode contar coa axuda do seu asesor Abalar de zona:

Tarefas adicionais para Drupal:

  • Conversión de vistas, da versión Views 1 á versión Views 2. Esto será preciso facelo no caso de que o centro utilice vistas personalizadas. O administrador deberá ir ao formulario de configuración de vistas en Administrar >> Construcción da páxina >> Vistas >> Pestaña Ferramentas >> Enlace Convertir, e ir pinchando no enlace Convertir de cada vista e logo no botón Gardar cando se abre o formulario de edición da vista. O módulo de vistas non garante que esta conversión deixe a vista exactamente igual que estaba na versión Views 1, polo que pode ser preciso retocala.

  • Selección dun novo tema por defecto no caso de que o que se tivera antes non estea dispoñible na nova instalación de Drupal 6. Neste caso o proceso de actualización deixa por defecto o tema Garland coa mesma configuración de bloques que se tiña no tema orixinal.

  • Selección e configuración de temas en función da ruta accedida. No caso de que se estivera utilizando o módulo taxonomy_theme de Drupal 5, o proceso de actualización fai unha conversión da configuración existente nunha nova configuración do módulo themekey, que é o que fai o mesmo traballo en Drupal 6. O problema está en que parte dos temas instalados en Drupal 5 non están agora instalados en Drupal 6. O que fai o proceso de conversión desta configuración e susbtituir os temas non instalados en Drupal 6 polo tema por defecto que se tiña en Drupal 5 (no caso de estar instalado en Drupal 6) ou senón polo tema Garland. Así o administrador deberá revisar a configuración do módulo themekey e facer unha nova selección e configuración de tema nos casos que o considere oportuno.

  • Aos usuarios de Drupal que tiveran seleccionado un tema particular a nivel de usuario que non estea instalado en Drupal 6, se lle borra esta selección, polo que se lle aplicará o tema por defecto. Poderán elexir un novo tema se o desexan.

  • O criterio de selección de temas a instalar en Drupal 6 foi o de coller os temas máis utilizados sempre que estivesen dispoñibles para drupal 6. No ficheiro adxunto pode ver o cambio no conxunto de temas instalados. 

  • Os centros que estaban a utilizar en Drupal 5 un tema personalizado para o seu centro, terán dúas opcións: utilizar un tema dos instalados tal como está (opción recomendada); ou ben descargar o tema desexado para Drupal 6, personalizalo e solicitar a súa instalación envíandoo a websdinamicas@edu.xunta.es. O persoal responsable do proxecto Webs Dinámicas valorará a conveniencia e necesidade de instalar o tema personalizado.

 Tarefas adicionais para Moodle:

  • Selección dun novo tema. No caso de que o tema utilizado na versión anterior de Moodle non estea instalado na nova versión, o proceso de actualización o cambia polo tema standardwhite. O administrador da aula virtual poderá selecionar outro distinto se o desexa.

Configuración da Rede en Moodle (Aula virtual)

De cando en vez están chegando incidencias de que os usuarios das Aulas virtuais dos centros do proxecto non so capaces de acceder cando introducen os seus datos de usuario e contrasinal.

En moitas ocasións este erro é debido a que se trata de configurar a opción de Rede que presenta Moodle para poder así compartir diferentes espazos de aulas virtuais. Este servizo non é posible activalo debido á configuración específica establecida na Consellería de Educación e O.U., polo que no momento que se activa a apalicacón do centro empeza a presentar fallos.

Avisamos así a todos os administradores dos centros educativos que non traten de activar esta configuración para non sufrir problemas no uso da aplicación.

Ruta da configuracion: Administración do sitio > Rede --> NON CAMBIAR OS VALORES ESTABLECIDOS POR DEFECTO.

Configuración de rede

Envío de correos electrónicos desde as Aulas Virtuais (Moodle)

Envío de e-mail desde MoodleEn todas as Aulas virtuais dos centros participantes no proxecto que foron creadas antes da nova versión en Multisites (anteriores a marzo de 2010) teñen como usuario principal da aplicación o usuario "admin".

Este usuario é o que se crea para ser empregado desde o centro como Administrador, e leva asociada no seu perfín a conta de correo electrónico "admin@edu.xunta.es".

Si desexamos empregar o envío de notificacións por correo electrónico desde as Aulas virtuais deberá cambiarse esta conta "ficticia" pola conta real de cada centro, personalizando así debidamente o usuario Administrador do centro.

De desexalo, tamén se pode modificar o propio nome de usuario "admin", pero non sería necesario para o funcionamento dos envíos.

En resumo, si unha Aula virtual ten a conta de correo "admin@edu.xunta.es" configurada para o seu Administrador principal, as mensaxes de correo non serán enviadas e a plataforma perderá potencialidade.

SOBRE AS CONTAS DE CORREO DOS/AS ALUMNOS/AS DOS CENTROS MATRICULADOS NAS AULAS VIRTUAIS

Correo eletrónico: nonresponder@edu.xunta.esCada vez son máis os alumnos/as dos centros educativos participantes en Webs dinámicas que están a empregar a aplicación Moodle do centro.

Moitos deses alumnos/as non teñen conta de correo electrónico, pero para dalos de alta nos correspondentes cursos é necesario que no perfil do usuario se introduza unha conta de correo, do contrario non poderían darse de alta na aplicación.

Ante esta situación en moitos casos estanse introducindo contas falsas. Esta acción provoca que diariamente estén chegando por correo electrónico avisos de fallos na entrega das notificacións das mensaxes ao non atopar os buzóns de destino. Actualmente están chegando máis de 600 avisos diariamente.

Para correxir esta situación todos os centros deberán empregar unha conta de correo real á hora de introducir os datos dos/as alumnos/as nas aplicacións. No caso de que o alumnado non teña conta de correo empregase a conta de:

  nonresponder@edu.xunta.es

Esta é unha conta real, existente, polo que corrixirá a situación actual de avisos de correos non entregados. Todos os correos recibidos nesta conta se eliminan automaticamente.

As Aulas Virtuais de Webs dinámicas están preparadas para que permita a diferentes usuarios empregar a mesma conta "nonresponder@edu.xunta.es", tanto ao cargar usuarios desde un ficheiro (ver: cargar usuarios) como ao introducir un novo usuario como ao modificar/editar un usuario existente.

Corte de servizo no servidor de Webs dinámicas - Multisite

Estimados usuarios de Webs dinámicas.

O vindeiro xoves 9 de setembro realizare un corte neste servizo de aloxamento web para a realización dunhas tarefas de mantemento que afectará ás novas instalacións das aplicacións en Multisites (aloxadas no enderezo: http://www.edu.xunta.gal/centros/...), polo que o servizo permanecerá inoperativo desde as 08:30 horas ata as 14:30 (aprox.). Os servizos serán restablecidos o antes posible.

Agradecemos a vosa colaboración e comprensión.

Un saúdo.

Fases da migración Multisites

http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Molecule-custom%3Bsize_159,241.jpg O proxecto Webs dinámicas, coa finalidade de poder mellorar o servizo ofrecido aos centros educativos, realizou unha nova estrutura das aplicacións ofrecidas: drupal, moodle e coppermine, de xeito que agora todos os centros educativos compartirán a mesma estrutura de ficheiros comúns das mesmas aínda que se manterá a independencia de bases de datos.

Esta nova estrutura, denominada Multisite, mellorará o mantemento e actualización destes servizos así como a velocidade de acceso ás aplicacións.

Este  cambio na estrutura de ficheiros significa tamén que agora os centros non poderán ter acceso por FTP a estas carpetas, posto que calquera modificación nas mesmas afectaría á totalidade dos centros participantes. Por este motivo a nova instalación xa se está a realizar nunha máquina diferente, variando así o enderezo das novas ubicacións das páxinas, pasando a estar localizadas en http://www.edu.xunta.gal/centros/nomedocentro

Desde o listado de centros participantes no proxecto pódese observar que aqueles centros que xa están nesta nova estrutura aparecen cunha imaxe identificativa do sistema: Os novos centros incorporados recentemente ao proxecto Webs dinámicas xa van instalados con esta nova disposición. Para os centros anteriores realizaremos un proceso de migración.

Proceso de migración dos centros anteriores.

Este proceso de migración será realizado integramente desde os servizos centrais da Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos, Área de Sistemas e Comunicacións, Proxecto Webs dinámicas.

Este proceso dividirase en varias fases:

  • Fase I (inicial): Realizarase unha comprobación do uso das aplicacións instaladas para determinar si é necesario realizar unha migración dos seus contidos ou, polo contrario, si se pode realizar unha nova instalación de cero no novo sistema Multisite. Esta comprobación realizarase mediante comunicación por e-mail aos centros afectados para que confirmen a súa situación (Máis info: http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/node/666)
  • Fase II (migración): Unha vez confirmados todos os centros afectados, iniciarase secuencialmente a migración dos contidos dos centros desde a actual ubiciación (http://centros.edu.xunta.es/nomedocentro) á ubicación multisite (http://www.edu.xunta.gal/centros/nomedocentro).
    Antes de iniciar a migración dos contidos haberá unha nova comunicación aos centros para indicarlles que se vai iniciar o proceso (que se realizará preferentemente en horario nocturno).
    Cada día (noite) irase migrando un número determinado de centros, en función da velocidade do proceso.
    Todos os contidos, así como as imaxes, enlaces, documentos, etc. non deberan de sufrir alteración algunha, co cal, unha vez finalizada a migración, estarán funcionando de igual xeito que o facían anterioremente, sin que sexa necesario realizar ningunha labor de mantemento por parte dos administradores dos centros educativos.
  • Fase III (comprobación): Rematada a migración e realizadas as comprobacións oportunas desde os servizos centrais, confirmarase ao centro mediante un novo e-mail que o proceso rematou. O centro deberá realizar as correspondentes comprobacións con máis detalle para comprobar que todo saíu segundo o previsto.
  • Fase IV (limpeza): Unha vez realizadas as comprobacións procederase á eliminación dos datos antigos na máquina de http://centros.edu.xunta.es/... correspondentes ao proxecto Webs dinámicas, así como daquelas outras páxinas e/ou aplicacións que o centro tivese instaladas anterioremente (webantiga...) previa confirmación do centro educativo.

INFORMACIÓN RELACIONADA

Migración a Multisite: Notificación ós centros educativos.

Notificación enviada ós centros:  Ver Adxunto.

Nova estrutura: Multisite

Dende o Proxecto Webs Dinámicas estamos a traballar nunha nova estrutura do Proxecto que mellorará principalmente a  velocidade de acceso ás webs dos centros educativos públicos. Os centros educativos que solicitaron entrar no Proxecto  neste último ano xa está a traballar coa nova estrutura, a que nós chamamos “multisite”. As implicacións que esta nova organización ten para os centros pódese consultar no Portal Oficial do Proxecto na nova: “Novos centros en Webs Dinámicas,  unha nova estrutura do Proxecto: multisite” (http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/node/646). No listado de centros participantes do portal oficial  os centros que pertencen ó multisite están indicados con unha icona vermella e azul en forma de molécula (multisite)

Unha necesidade: a migración das páxinas dos centros á nova estrutura

Todos aqueles centros que xa estaban traballando no Proxecto WD con anterioridade deberán migrarse, proceso que se realiza directamente dende esta Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos. Este proceso, asumible pero complexo, require do traballo e concentración dos responsables do Proxecto, así como da colaboración dos diferentes Asesores SIEGA de Zona e dos propios centros educativos.

O centro educativo decide: Instalar as aplicacións de cero ou migrar os contidos e a configuración?

Por outro lado existe un número importante de centros ós que se lle instalaron as aplicacións no seu momento pero non están a traballar activamente no Proxecto, estando nalgún caso as páxinas valeiras. Para a mellora do conxunto do Proxecto este tipo de centros deberan de ser reinstalados de cero, xa que este proceso de instalación de cero é rápido e doado. Cada centro deberá polo tanto valorar si prefire ser reinstalado de cero ou migrado da vella estrutura (“centros”) á nova (“multisite”). Para esta valoración é necesario ter moi en conta a cantidade de contidos publicados e o traballo final realizado. A simple visualización da páxina principal da web do centro con unha plantilla determinada, ou con contidos só na páxina principal, podería ser reconstruída sen dificultade unha vez realizada a instalación de cero.

Os elementos a ter en conta para esta valoración son os seguintes:
  • Vantaxes da migración:
    • Non se perde a información contida nas páxinas dos centros (Drupal, Moodle e Coppermine) nin as configuracións correspondentes.
  • Inconvenientes da migración:
  • Vantaxes da instalación dende cero:
    • A instalación é inmediata. Unha vez notificada a conformidade por parte do centro para instalar de cero as aplicacións do Proxecto na nova estrutura multisite, o proceso non duraría máis dunha semana.
  • Inconvintes da migración:
    • Perda dos contidos e configuración das aplicacións. Para valorar isto é importante valorar a cantidade de contido e configuración realizada e non só a presentación da páxina principal.


Situacións especiais de cara a migración

Por outro lado, asumimos que os centros educativos non fixeron modificacións no modelo orixinal enviado ó centro, nin na lista de módulos orixinal das aplicacións, nin nas propias plantillas. Migrar un centro que non respetara a estrutura orixinal do Proxecto pode ocasionar certos problemas de funcionamento nas aplicacións. No caso de que isto non fora así os centros deberan notificalo para telo en conta de cara á migración.

Notificación a websdinamicas@edu.xunta.es

Dito todo isto é necesario que cada centro educativo que participa no proxecto notifique ó correo websdinamicas@edu.xunta.es antes do venres 25 de Xuño cal é a súa situación de cara a este proceso de migración. Para facilitar este proceso comunicativo é moi importante seguir as seguintes instrucións:

Existirían inicialmente tres casos diferentes.

1.- O centro prefire que lle reinstalen as aplicacións dende cero na nova estrutura multisite
Asunto do Correo: XXXXXXXX CEIP Nome do Centro - Concello: Instalar de cero
Corpo do correo: Dende o centro XXXXXXXX CEIP Nome do Centro – Concello optamos pola instalación das aplicacións dende cero, perdendo os contidos e configuracións anteriores.

EXEMPLO:
Asunto: 15001847 CEIP de Pedrouzos - Brión: Instalar de cero
Corpo do correo: Dende o 15001847 CEIP de Pedrouzos - Brión, optamos pola instalación das aplicacións dende cero, perdendo os contidos e configuración anteriores.

2.- O centro prefire que se lle migre toda a información da vella estrutura á nova en multisite
Asunto do Correo: XXXXXXXX CEIP Nome do Centro - Concello: Migración
Corpo do correo: Dende o centro XXXXXXXX CEIP Nome do Centro – Concello optamos pola migración dos contidos a multisite
3.- O centro ten modulos non incluidos no modelo orixinal ou plantillas modificadas.
Asunto do Correo: XXXXXXXX CEIP Nome do Centro - Concello: Modelo modificado
Corpo do correo: Dende o centro XXXXXXXX CEIP Nome do Centro – Concello notificamos que realizamos as seguintes modificacións no modelo orixinal:
  • (describir as modificacións).


Para a toma da decisión pode contar coa colaboración do Asesor/a SIEGA da súa Zona, si non coñece o seu correo oficial podemos facilitarllo dende o propio Proxecto Webs Dinámicas (websdinamicas@edu.xunta.es).
 
 

Proxecto Webs Dinámicas: Cursos abertos sobre Moodle

Neste curso escolar estamos a impartir os cursos oficiais sobre o Proxecto Webs Dinámicas na Plataforma de Teleformación Galega (PLATEGA).

Estes serán a referencia oficial dos materiais elaborados con relación ó Proxecto. Ademais, a medida que se realicen modificacións nas estruturas das páxinas webs dos centros, actualizaremos estes cursos referenciandoo a modificación como nova nesta sección de "Novas" do portal á que vos podedes sindicar  a través de RSS neste enlace: Sindícate ás Novas de Webs Dinámicas.

Cursos Abertos sobre Moodle

Ademais, nesta aula virtual todos aqueles docentes que teñan conta de correo corporativa do tipo nomedeusuario@edu.xunta.es poderán rexistrarse e participar da "Sala de profesores" para sobre o Proxecto ou sobre cuestións relacionadas coas TIC e a Educación.
Venres, 18 de Xuño de 2010

Distribuir contido


by Dr. Radut