Skip to Content

Proxecto

FORO

Animamos a todos os centros adscritos ao proxecto a empregar os foros para as súas consultas e suxerencias.

Con elo estaremos axudando a crear un espazo colaborativo do que todos sacaremos proveito, xa que as preguntas son comúns e as respostas semellantes.

Non esquezades de empregar o buscador para atopar un tema que xa pode estar presenta no espazo web:

Creación dunha nova categoría

Cando creamos unha nova categoría, cos seus termos correspondentes, resulta que no Taxonomy Access: Permissions asígnanse permisos por defecto no rol de usuario autenticado (authenticated user).

Como todos os roles creados tamén son por defecto usuarios autenticados, ó crear a nova categoría automaticamente todos os roles collen permiso de lectura de creación e de vista por seren tamén usuarios autenticados.

Por isto, se queremos crear unha nova categoría destinada só a uns roles específicos, deberemos en primeiro lugar quitarlle os permisos ó usuario autenticado desde Taxonomy Access, e despois darlle os permisos adecuados ó rol que desexemos.

 


Distribuir contido


by Dr. Radut