Gallego

Publicados os materiais das Xornadas EscolaTIC 2014

Xa están accesibles os materiais das Xornadas EscolaTIC 2014 na Aula Virtual do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI).
Na sección Recursos multimedia pódense atopar os seguintes materiais:

  • As presentacións utilizadas polos relatores.
  • Os vídeos das conferencias e experiencias que se desenvolveron na Sala Santiago.
  • Os materiais xerados nos obradoiros.
  • Algunhas conclusións da Sala Aberta.
  • Os códigos QR que se compartiron no EduCall.
  • Galería de fotos do evento.

 

 

Gallego
Escola TIC

Tema: 

Sección: 

Convocatoria de premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería

Gallego

Convócanse premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

  • O prazo de solicitudes remata o día 14  de abril de 2014.

Sección: 

Guía para a prevención de accidentes no transporte escolar

A Dirección Xeral de Tráfico acaba de poñer ao dispor da comunidade educativa unha "Guía para la prevención de accidentes en el transporte escolar" en formato PDF e mais a través dunha aplicación interactiva. A finalidade deste recurso é dar a coñecer a importancia de desenvolver boas prácticas durante o uso do transporte en autobús que a miúdo utilizan os máis pequenos para acudir ao centro escolar. A guía ofrece algúns datos de interese para o profesorado, que poñen de relevo os datos de maior interese á hora de valorar a incidencia do ámbito do transporte escolar na accidentalidade infantil facendo fincapé na vulnerabilidade do colectivo escolar.

A guía establece tamén, de xeito moi breve, as responsabilidades e as condutas que deben seguir todos os axentes implicados (as familias, os menores, os acompañantes, o docente, o condutor, a policía e a Administración).

Gallego
Al cole sempre seguros

File: 

Tema: 

Sección: 

Disciplinas: 

Convocatoria para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros docentes de titularidade da Consellería para o curso académico 2013/2014

Gallego

Xúntase a Convocatoria do 28 de febreiro de 2014 da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se establecen as bases reguladoras para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros docentes de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e se procede á súa convocatoria para o curso académico 2013-2014.

  • Prazo de presentación de solicitudes: ata o 6 de abril

Colectivo: 

Proposta didáctica para a película "A pesar de todo, quérote"

Xa está ao dispor da comunidade educativa a proposta didáctica para traballar na aula a película A pesar de todo, quérote. A proposta preséntase en Moodle desde a Aula Abalar acompañada do telefilme, que se ofrece en streaming para a súa emisión gratuíta nos centros de ensino. Esta unidade didáctica arranca cunha pequena introdución técnica sobre o seu funcionamento didáctico e logo ofrece a través de cinco módulos os contidos que se van desenvolver; complétase cos recursos que poden favorecer o labor do profesorado e remata cunha proposta de traballo para afondar na educación viaria como proxecto de centro.

En canto aos contidos, a proposta de traballo que se ofrece centra o seu foco de atención sobre o tratamento da educación en valores, facendo fincapé na educación emocional, na educación viaria e mais na educación para a saúde. A metodoloxía de traballo que se propón é a realización de actividades antes, durante e despois do visionado do filme para afondar logo no desenvolvemento da aprendizaxe. Ao final de cada módulo ofrécese unha tarefa que contribúa ao afianzamento do coñecemento adquirido co espírito do traballo por proxectos. Debido á sensibilidade dos temas que se tratan na película, son as actividades as que van orientando o alumnado para que constrúan pouco a pouco as relacións que existen entre a inmadurez emocional, os factores de risco, as condutas nocivas... a partir das súas sensibilidades, das súas experiencias e dos seus intereses.

Ademais, a unidade aborda o tratamento da linguaxe cinematográfica para achegar o cine como recurso didáctico para comprensión da nosa realidade cotiá e de nós mesmos. A verosimilitude da ficción representada, a idade dos personaxes protagonistas e a actualidade dos temas abordados ofrecen un marco de traballo óptimo para que o alumnado se achegue con curiosidade aos produtos audiovisuais con sentido crítico e mais con interese estético.

A pesar de todo, quérote (2011) foi dirixida por Jorge Algora e cedida pola súa produtora, Adivina Producciones, para o desenvolvemento desta proposta didáctica nos centros de ensino.

Gallego
Secuencia

Colectivo: 

Integrated Curriculum for Secondary Education. Natural Science, Years 1 and 2

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a trvés do CNIIE (Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa) editou e publicou esta obra e ponse a disposición, de forma gratuíta.

Este documento foi elaborado por un grupo de traballo formado por profesorado español e británico con experiencia no Programa de Seccións Bilingües e escrito coma unha continuación lóxica do Currículo Integrado para Educación Primaria.

Inclúe: unha descrición clara dos contidos de Ciencias Naturais para 1º e 2º de ESO, unha definición das habilidades lingüísticas e científicas e dos obxectivos que o alumnado debe acadar e unha selección de recursos para o profesorado.

 

Gallego
Integrated Curriculum for Secondary Education

Colectivo: 

A Consellería de Cultura e Educación incrementa nun 22,6% o número de contratos-programa na provincia de Lugo, unha actuación para a mellora da calidade do ensino que suporá a incorporación de 107 docentes ao sistema educativo galego

O departamento dirixido por Vázquez Abad inviste 4,1 millóns nos contratos-programa, con especial atención ao servizo de transporte escolar para oseu desenvolvemento no rural

O conselleiro asinou hoxe os correspondentes á provincia lucense, na que haberá un total de 677 implicados, un 136,7% máis ca o curso pasado

Preto de 6.000 alumnas e alumnos da provincia beneficiaranse desta iniciativa, un 54,5% máis ca no 2012/2013

Gallego
A Consellería de Cultura e Educación
A Consellería de Cultura e Educación incrementa nun 22,6% o número de contratos-programa na provincia de Lugo, unha actuación para a mellora da calidade do ensino que suporá a incorporación de 107 docentes ao sistema educativo galego

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asinou hoxe contratos-programa con 38 centros educativos da provincia de Lugo, o que supón un incremento de 7 centros respecto do curso pasado, un 22,6% máis. Para o desenvolvemento destas actuacións en toda Galicia o investimento ascende a 4,1 millóns de euros – un 28% máis que no curso pasado-, e implicará a incorporación ao sistema de 107 docentes contratados a maiores para este fin. O orzamento para a provincia lucense será de máis de 457.000 euros, un 26,1% máis de investimento ca no curso anterior.

Nun acto desenvolvido na delegación da Xunta na cidade da Muralla o titular do departamento educativo autonómico agradeceu a implicación dos centros de ensino, os equipos directivos e os docentes nesta iniciativa, que ten como obxectivo a mellora da calidade en base ás particularidades de cada comunidade educativa. Cómpre lembrar que  son os propios centros os que analizan os seus puntos fortes e débiles e propoñen á Consellería programas para a mellora do ensino de acordo ás súas necesidades.

Neste sentido salientou o esforzo realizado por centros como os IES A Pinguela (Monforte de Lemos) ou o IES Río Miño (Rábade), que desenvolven 5 das 6 liñas de actuación da convocatoria de contratos-programa, incluída a sexta delas, para a mellora da calidade na xestión dos centros, nova liña incorporada neste curso 2013-2014. Ademais, outros seis centros da provincia desenvolven ata tres liñas de actuación á vez este curso, en concreto os IES Perdouro (Burela), da Terra Chá José Trapero Pardo (Castro de Rei), Val do Asma (Chantada), Sanxillao (Lugo), e Xograr Afonso Gómez (Sarria), así como o CPI de Castroverde.

Ao abeiro desta iniciativa beneficiaranse preto de 6.000 alumnas e alumnos da provincia – un 54,5% máis ca no 2012/2013- grazas á implicación de case 680 docentes, un 136,7% máis dos docentes implicados na provincia o curso pasado. Deles, 11 serán profesores externos, contratados de forma específica para os contratos-programa.

Os centros da provincia implicados desenvolverán un total de 67 actuacións enmarcadas nas diferentes liñas da convocatoria, un 39,6% máis ca no ano académico 2012/2013. Delas, 32 delas serán para o reforzo, orientación e apoio – no curso anterior foron 28-; 16 de mellora da lectura, escritura e cálculo – fronte ás 11 do 12/13-; 8 para a mellora da convivencia (no ano académico anterior foron 5); 3 dirixidas á redución do abandono escolar –no 12/13 non se desenvolveron na provincia actuacións nesta liña -; 6 para favorecer a excelencia educativa – foron 4 o ano anterior-; e 2para mellorar a calidade na xestión dos centros, a nova liña da convocatoria.

A relación de centros participantes coas súas correspondentes liñas a desenvolver pode consultarse no portal educativo da Xunta de Galicia, no enlace web /portal/node/11424 .

Ademais dos representantes dos centros asinantes, no acto participaron a delegada da Xunta na provincia, Raquel Arias; o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; o subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, Manuel Vila; e o xefe territorial da Consellería na provincia, José Jesús Ramos Ledo.

Éxito da terceira convocatoria

A Consellería de Cultura e Educación puxo en marcha no curso 11/12 varias iniciativas para mellorar o éxito escolar, unha delas os contratos-programa cos centros docentes públicos. A introdución desta figura supón un cambio na cultura dos centros, xa que lles permite, unha vez analizadas as súas fortalezas e debilidades, e segundo o seu contexto, deseñar e propoñer un proxecto propio enfocado ás principais actuacións propostas para a súa mellora, todo isto nun marco de maior autonomía pedagóxica, de organización e xestión.

Así mesmo, este programa contribúe a afondar na cultura da avaliación, co establecemento de indicadores de resultado específicos para cada centro. Permite visibilizar e poñer en valor o esforzo e o investimento tanto do centro como da administración educativa para o éxito escolar, facendo partícipe ao profesorado mediante o recoñecemento do seu labor.

Esta terceira convocatoria confirma o éxito do programa, no que participarán este curso  un total de 334 centros educativos de toda Galicia, o que supón un incremento de 45 centros fronte aos 289 do curso pasado, un 15,6% máis. No conxunto da comunidade autónoma beneficiaranse da iniciativa preto de 44.000 alumnas e alumnos, implicando a 4.200 docentes. Ademais, a Consellería incrementa este ano o orzamento destinado ao programa, que acada arredor de 4,1 millóns de euros, un 28% máis que no curso pasado.

A Consellería de Cultura e Educación incorpórase á rede europea para o desenvolvemento das competencias clave na ensinanza: KeyCoNet

A Consellería forma parte desta rede europea a través do traballo desenvolvido a prol da integración das competencias básicas nos plans de innovación e formación permanente do profesorado.

O traballo conxunto das institucións dos dezaseis países europeos que conforman KeyCoNet ten como obxectivo a identificación e a análise ao redor das competencias clave no ensino primario e secundario en Europa.

Gallego
A Consellería de Cultura e Educación incorpórase á rede europea para o desenvolv
A Consellería de Cultura e Educación incorpórase á rede europea para o desenvolvemento das competencias clave na ensinanza: KeyCoNet

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incorpórase á rede europea para o desenvolvemento de competencias clave na ensinanza: KeyCoNet (Key Competence Network on School Education). Dita rede é un sistema centrado na identificación e na análise para o Desenvolvemento das Competencias Clave (DCC) nos cursos de ensino primario e secundario en centros de toda Europa. Así, o obxectivo é o de propoñer recomendacións cara á creación de políticas educativas e á mellora da práctica profesional docente cunha análise dos factores que favorecen a aplicación integral do DCC, a partir dos datos recollidos por medio de revisións de publicacións, notas e estudos sobre casos prácticos, informes de visitas de intercambio, información da situación por países e vídeos da posta en práctica en centros educativos.

A Consellería de Cultura e Educación intégrase en KeyCoNet grazas ao esforzo realizado pola integración das competencias básicas nos plans de innovación e formación permanente do profesorado, como queda reflectido coa creación da rede de formación COMBAS Galicia  con máis de 100 centros participantes no curso 2013/2014.

Obxectivos

KeyCoNet ten como finalidade a análise e estudo das novas formas de ensinanza e aprendizaxe que abandeiran os sistemas educativos máis avanzados, de aí que seus traballos diríxanse á detección e seguimento de novas iniciativas para a mellora da educación, o intercambio de boas prácticas e a revisión de publicacións, para presentar recomendacións que se poidan implementar nos sistemas educativos europeos.

O proxecto ten unha web: http://keyconet.eun.org  na que é posible estar ao día das noticias, actividades e resultados da rede cara ao desenvolvemento das competencias clave en Europa, así como darse de alta no boletín KeyCoNet Newsletter que se publica tres veces ao ano: http://keyconet.eun.org/newsletter

Un proxecto europeo

O proxecto da rede KeyCoNet, financiado coa axuda do Programa de Aprendizaxe Permanente da Unión Europea, está coordinado por European Schoolnet, grupo de reflexión internacional de gran calado que está formado por unha rede de 30 ministerios de educación dos estado membros da Unión Europea xurdida para orientar a innovación no ámbito europeo.

Neste programa colaboran os ministerios de educación, axencias gobernamentais, universidades, institutos de investigación, organizacións europeas e outros organismos relacionados dos dezaseis países asociados: Austria, Bélxica, España, Estonia, Finlandia, Francia, Irlanda, Noruega, Portugal e Suecia. Todos eles realizan un traballo conxunto no que se interrelacionan lexisladores, investigadores e expertos que teñen contacto directo cos estudantes.

Competencias Clave

Cómpre recordar que as competencias clave, seguindo a Recomendación do Parlamento Europeo e do Consello da Unión Europea son: comunicación en lingua materna, comunicación en linguas estranxeiras, competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, competencia dixital, aprender a aprender, competencias sociais e cívicas, sentido da iniciativa e espírito de empresa, conciencia e expresión culturais. Todas as competencias clave considéranse igualmente importantes e están interrelacionadas, xa que determinados aspectos dun ámbito apoian a competencia noutro.

En España o concepto de competencias clave e a súa clasificación reformúlase nas denominadas competencias básicas, ás que se fai referencia nos diferentes currículos.

Colectivo: 

Materiais da Xornada de presentación do programa europeo Erasmus +

O 5 de febreiro de 2014 presentouse na Comunidade Galega o novo programa europeo Erasmus + que abarca o período 2014-2020.

Esta xornada centrouse nas accións do ámbito da educación e da formación.

Nos seguintes enlaces poden verse as presentacións das conferencias da xornada:

  • /portal/programaseuropeos
  • O 5 de febreiro de 2014 presentouse na Comunidade Galega o novo programa europeo Erasmus + que abarca o período 2014-2020.

FUTUROS PARTICIPANTES NO PROGRAMA
Para poder participar no programa Erasmus + é necesario que todas as institucións solicitantes se rexistren no Portal de Participantes da Comisión Europea da área de Educación, Audiovisual, Cultura, Cidadanía e Voluntariado:
Enlace á páxina europea: http://ec.europa.eu/education/participants/portal/desktop/en/home.html
A aplicación está xa dispoñible. Téñase en conta que o rexistro non é inmediato é precisa unha validación.
O 12 de decembro 2013 publicouse a Convocatoria de Propostas do Programa Erasmus+ no Diario Oficial da Unión Europea.

As condicións detalladas da convocatoria figuran na Guía do Programa Erasmus+, dispoñible no seguinte ligazón:
http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/index_en.htm
Os formularios electrónicos de solicitude non están dispoñibles, aínda que xa están os borradores nesta ligazón.
En España esta convocatoria complementarase cunha Convocatoria Nacional de Propostas, pendente de publicación.

 

 

Gallego
Erasmus +

Colectivo: 

Sección: 

Programa ACTÚA. Acción Xuvenil de Conciencia Social Positiva

ACTÚA é un novo programa da Fundación María José Jove, en colaboración coa asociación Participa, dirixido a mozos e mozas de entre 14 e 18 anos, que ten como obxectivo xerar entre eles unha conciencia social positiva, mediante a participación en actividades con grupos de persoas nunha situación de risco social ou dificultade social.

Este programa organízase en tres fases:

  • Sesións de coñecemento: sábados 22 de febreiro e 15 de marzo de 2014 na Sede da Fundación María José Jove ( Rúa Galileo Galilei, nº 6, Edificio Work Center, 15008, A Coruña) de 11 a 14 h.
  • Sesións prácticas: sábados 10 e 24 de maio de 2014. Punto de partida en autobús: sede da Fundación María José Jove, de 11 a 14 h. Os mozos e mozas participantes tomarán contacto, acompañados do titor coa realidade social en cuestión (un centro de menores, un piso tutelado, unha residencia, un comedor social, un proxecto medioambiental ...).
  • Sesión final de posta en común: sábado 14 de xuño de 2014 na Sede Fundación María José Jove de 11 a 13 h.

Trátase dunha actividade gratuíta, previa inscrición (prazas limitadas) na páxina web indicada máis abaixo. Ademais accédese a información máis detallada.

Gallego
ACTÚA