Gallego

G2201136 - Formación para a acreditación da competencia dixital docente nas áreas 5 e 6 do nivel B1

Summary: 

Aberta a inscrición ata o 21 de maio, inclusive.
Gallego
  • Temporalización: do 30 de maio ao 4 de xullo de 2023.
  • Obxectivos:
    • Utilizar de forma autónoma as tecnoloxías dixitais para garantir a accesibilidade universal, a inclusión e compromiso activo do alumnado.
    • Integrar de forma autónoma nos procesos de ensino e aprendizaxe os aspectos curriculares relativos ao desenvolvemento da competencia dixital do alumnado.
  • Contidos:
    • Área 5: Empoderamento do alumnado (Nivel B1: Adopción)
    • Área 6: Desenvolvemento da competencia dixital do alumnado (Nivel B1: Adopción)
  • Información importante:
    • Estas actividades son compatibles con outras actividades na Rede do plan de formación, pero non entre elas. 
    • É necesario revisar o nivel de acreditación en Fprofe > Acreditacións para que a formación elixida sexa acorde coas necesidades individuais de competencia e acreditación.
    • Poderás obter máis información sobre a acreditación da competencia dixital docente no enderezo web https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital ou no correo acreditacioncdd@edu.xunta.gal
  • Ficha da actividade en Fprofe
  • Data límite de inscrición: 21 de maio de 2023
miniatura recurso

Competencias profesionais docentes

Gallego

 

  • O resumo do modelo de Competencias Profesionais Docentes da Rede de Formación da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, presentado en marzo 2023, pode ser consultado aquí.
  • Por outra banda, o modelo de Competencias Profesionais do Persoal Asesor, desenvolvido a partir do anterior, pode ser consultado nesta ligazón.
imaxe modelo de competencias profesionais docentes 2023

L2202005 - A prevención do absentismo e fracaso escolar no alumnado de especial vulnerabilidade

Summary: 

L2202005 - A prevención do absentismo e fracaso escolar no alumnado de especial vulnerabilidade
Xornadas de 8 horas para analizar a situación actual do alumnado de especial vulnerabilidade (poboación xitana entre outros) e coñecer estratexias de organización de centro e aula para a prevención do absentismo e abandono escolar
Data límite de inscrición: 24 de abril de 2023 Lugar de celebración: CFR de Lugo
Gallego

Xornadas

L2202005 - A prevención do absentismo e fracaso escolar no alumnado de especial vulnerabilidade

Data límite de inscrición:  24 de abril de 2023

Duración: 8 horas

Lugar de celebración: CFR de Lugo

 

Sesión 1:  Xoves 4 de maio (17 a 21h.)

Sesión 2:  Mércores 10 de maio (17 a 21h.)

 

Relator@s:

Olga Alvite Engroba (Fundación Meniños · Lugo)

Belén Fernández López (Fundación Secretariado Xitano · Lugo)

Íñigo Barreiro García (Inspector de educación - Lugo)

Mª José Pardiñas Suárez (Directora do IES Perdouro – Burela)

CONTIDOS

  • Situación e perfil de alumnado desfavorecido ou de especial vulnerabilidade.
  • Protocolos de actuación interinstitucional para a prevención do absentismo.
  • A escola inclusiva. Estratexias de organización de centro e de aula.

Asesor: Camilo Conde Iglesias

Ausente
Hai un baleiro na escola...

L2202019 - Territorio, patrimonio e comunidade. Educando no rural desde a Rede Museística Provincial de Lugo

Summary: 

16 horas presenciais en tres museos diferentes da provincia. Facilitarase un autobús para os desprazamentos
Gallego

Os días 3, 5, 24 e 25 de maio desenvolveranse as xornadas L2202019 Territorio, patrimonio e comunidade. Educando no rural desde a Rede Museística Provincial de Lugo en diferentes museos da Rede Museística Provincial de Lugo. Nestas 16 horas presenciais visitaranse os museos de San Paio de Narla, o Provincial de Lugo e o Pazo de Tor. Facilitarase desde Lugo un autobús para os desprazamentos. Non deixes pasar esta oportunidade e inscríbete xa en Fprofe. A inscrición rematará nos próximos días.

 

1ª xornada: 3 de maio.

Lugar: Museo Provincial de Lugo.

Salvador Cidrás Robles e Vicente Blanco Mosquera, artistas plásticos, profesores da área de Expresión Plástica da Universidade de Santiago de Compostela na Facultade de Formación de Profesorado de Lugo e promotores do grupo de innovación educativa Escola Imaxinada.

Alejandro González Méndez, mestre de ensino primario e responsable do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela e Noelia Pillado Fraga, mestra de ensino primario e responsable do CEIP de Samos.

Auxiliares de sala dos departamentos de Didáctica e Atención ao Visitante.

 

2ª xornada: 5 de maio de 2023.

Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla.

Olaia Fontal Merillas, doutora en Ciencias da Educación pola Universidad de Oviedo e directora do Observatorio de Educación Patrimonial en España.

Auxiliares de sala dos departamentos de Didáctica e Atención ao Visitante.

 

3ª xornada: 24 de maio de 2023.

Lugar: Museo Pazo de Tor.

Ana Estévez Lavandeira, responsable de Educación e Acción Cultural do Museo Pobo Galego.

 

4ª xornada: 25 de maio de 2023.

Lugar: Museo Pazo de Tor.

Gemma Carbó Ribugent, doutora en Ciencias da Educación e directora do Museu Vida Rural da Fundación Carulla (L’Espluga de Francolí, Tarragona) e presidenta de INTERARTS.

Auxiliares de sala dos departamentos de Didáctica e Atención ao Visitante.

 

Obxectivos

 

1. Analizar os retos que supón educar no rural e as necesidades específicas.

2. Promover e potenciar o traballo en equipo entre institucións educativas, culturais, sociais e institucións.

3. Dar a coñecer redes, proxectos, axentes implicados e novas propostas inspiradoras da Rede Museística Provincial para toda a comunidade educativa.

 

Contidos

 

1 .A educación en territorios rurais.

2. O territorio, o patrimonio e a comunidade.

3. O valor da educación. Repensando conxuntamente: museos, familia e profesorado.

4 .Propostas multidisciplinares e transformadoras dos museos da Rede Museística Provincial.

museo

O uso do xogo e a arte para educar na enseñería desde a infancia

Summary: 

Obradoiro para profes e peques de infantil a primaria
Gallego

Este obradoiro tenta achegar a idea de enxeñaría ao alumnado de educación infantil e primeiros cursos de educación primaria, relacionando a súa vida e os seus xogos cotiás co mundo da enxeñaría desde una visión igualitaria, e sen utilizar, necesariamente, a tecnoloxía no proceso da aprendizaxe.

Información e rexistro nesta ligazón

miniatura recurso

Aberta a inscrición para a formación en PROENS

Summary: 

Cursos na Rede de 20 horas de duración
Gallego

Dispoñibles en Fprofe para a inscrición as actividades na Rede:

G2201112 - Elaboración de programacións coa aplicación informática PROENS para Infantil e primaria

G2201109 - Elaboración de programacións coa aplicación informática PROENS secundaria

Duración: 20 horas

Modalidade: na Rede (Platega)

Obxectivos:

1.Coñecer a estrutura básica do novo modelo curricular galego e dos elementos que o conforman, así como as relacións que entre eles se establecen e as posibilidades prácticas que permiten.

2.Realizar un primeiro achegamento práctico á aplicación informática corporativa para a elaboración de programacións nas etapas de infantil, primaria, secundaria e bacharelato.

3.Elaborar un exemplo básico de programación didáctica para un nivel educativo a través da aplicación informática corporativa de programacións.

Contidos:

1. O novo currículo galego e a programación didáctica.

2.A elaboración da programación didáctica na aplicación Proens.

Data límite de inscrición: 30 de abril de 2023

Inicio do curso: maio de 2023

Curso_PROENS
Imaxe cursos PROENS

Aberta a inscrición para a formación na Rede en PROENS

Summary: 

Undefined

Dispoñibles en Fprofe para a inscrición as actividades na Rede:

G2201112 - Elaboración de programacións coa aplicación informática PROENS para Infantil e primaria

G2201109 - Elaboración de programacións coa aplicación informática PROENS secundaria

Duración: 20 horas

Modalidade: na Rede (Platega)

Obxectivos:

1.Coñecer a estrutura básica do novo modelo curricular galego e dos elementos que o conforman, así como as relacións que entre eles se establecen e as posibilidades prácticas que permiten.

2.Realizar un primeiro achegamento práctico á aplicación informática corporativa para a elaboración de programacións nas etapas de infantil, primaria, secundaria e bacharelato.

3.Elaborar un exemplo básico de programación didáctica para un nivel educativo a través da aplicación informática corporativa de programacións.

Contidos:

1. O novo currículo galego e a programación didáctica.

2.A elaboración da programación didáctica na aplicación Proens.

Data límite de inscrición: 30 de abril de 2023

Inicio do curso: maio de 2023

Curso_PROENS
Imaxe cursos PROENS

L2201017 - Como reducir o estrés na aula

Summary: 

A actividade terá lugar en abril e maio. 20 horas presenciais no CFR Lugo
Gallego

Os próximos meses de abril e maio, o CFR Lugo axúdache a baixar pulsacións na túa actividade docente. O curso L2201017 - Como reducir o estrés na aula, de 20 horas de duración, é unha boa oportunidade para cambiar certas situacións de tensión do día a día co noso alumnado e compañeiros.

Para cumprir con este obxectivo, contaremos con relatores de nivel como son os casos de Anxo Fariña, Mercedes de Santaló, Julia Gómez e Alec Butcher. Todos eles participarán nesta actividade, que terá lugar os días 13, 20 e 26 de abril. E continuará o 3, 8, 11 e 15 de maio. O prazo de inscrición aínda se atopa aberto.

Obxectivos

1. Introducir técnicas de relaxación e calma.

2. Incrementar a atención e concentración do alumnado.

3. Preparar a mente para un mellor rendemento na aula.

Contidos

1. Mindfulness

   1.1. Que é o mindfulness.

   1.2. Programas que o desenvolven.

   1.3. Conexión mente corpo.

   1.4. A respiración.

2. A preparación mental.

   2.1. Atención interior e exterior.

   2.2. Prestar atención ao corpo.

3. Como nos engana a mente.

4. Xestión das emocións.

5. Técnicas de relaxación.

ESTRÉS

Cursos de acreditación da competencia dixital docente

Summary: 

Aberta a inscrición para formación en Platega nos niveis A2 e B1 da CDD
Gallego

Esta formación na Rede, desenvolvida polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) a través da plataforma Platega, está orientada a que o profesorado dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades poida certificar o seu nivel de competencia dixital docente en conformidade co Marco de Referencia da Competencia Dixital Docente publicado na Resolución do 4 de maio de 2022.

 

O MRCDD artéllase arredor de seis áreas de coñecemento, as cales serán obxecto desta formación:

Área 1. Compromiso profesional

Área 2. Contidos dixitais

Área 3. Ensino e aprendizaxe

Área 4. Avaliación e retroalimentación

Área 5. Empoderamento do alumnado

Área 6. Desenvolvemento da competencia dixital do alumnado

 

Os cursos dispoñibles neste momento para a inscrición a través de Fprofe son os seguintes:

 

G2201137 - Formación para a acreditación da competencia dixital docente no nivel A2 (50 horas)

Data límite de inscrición: 17 de febreiro

Data orientativa de inicio: 2 de marzo

 

G2201131 - Formación para a acreditación da competencia dixital docente nas áreas 3 e 4 do nivel A2 (15 horas)

Data límite de inscrición: 17 de febreiro

Data orientativa de inicio: 14 de marzo

 

G2201133 - Formación para a acreditación da competencia dixital docente nas áreas 5 e 6 do nivel A2 (20 horas)

Data límite de inscrición: 17 de febreiro

Data orientativa de inicio: abril

 

G2201138 - Formación para a acreditación da competencia dixital docente no nivel B1 (70 horas)

Data límite de inscrición: 28 de febreiro

Data orientativa de inicio: 14 de marzo

 

G2201135 - Formación para a acreditación da competencia dixital docente nas áreas 5 e 6 do nivel B1 (25 horas)

Data límite de inscrición: 28 de febreiro

Data orientativa de inicio: abril

Información importante:

  • Estas actividades son compatibles con outras actividades na Rede do plan de formación, pero non entre elas. 

  • As datas de inicio son orientativas. 

  • É necesario revisar o nivel de acreditación en Fprofe > Acreditacións para que a formación elixida sexa acorde coas necesidades individuais de competencia e acreditación.

Poderás obter máis información sobre a acreditación da competencia dixital docente no enderezo web https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital ou no correo acreditacioncdd@edu.xunta.gal

Cursos de acreditación da CDD
Cursos de acreditación da CDD

L2202018 - A RCP na aula

Summary: 

Os próximos 20 e 21 de marzo disfrutaremos de 8 horas sobre a RCP. O prazo de inscrición atópase aberto
Gallego

Os próximos 20 e 21 de marzo actualizaremos os nosos coñecementos sobre a RCP. A actividade L2202018 - A RCP na aula contará con relatores de excepción como son José Ramón Cabo, Marta Fernández e Manuel Mosquera. 8 horas no CFR Lugo que nos axudarán a saber como actuar ante calquera emerxencia.

En horario, de 17:00 a 21:00 horas, aprenderemos a manter a calma brindando unha actuación de calidade; olvidándonos do tempo que sempre apremia. A última das horas de cada sesión non será presencial e empregarase para revisión de documentos escritos. O prazo de inscrición para esta actividade aínda se atopa aberto.

Obxectivos

1. Identificar situacións de cardiorespiratoria.

2. Comprender os fundamentos da RCP (reanimación cardiopulmonar).

3. Coñecer maniobras de RCP e manexo de desfibrilador.

Contidos

1. Teoría: Algoritmo Soporte Vital Básico e DESA: Parada cardíaca, soporte Vital Básico e desfibrilación.

2. Prácticas: Compresións torácicas de calidade; práctica DESA; atragantamento e práctica integrada.

rcp