Gallego

L2301035 - Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación

Summary: 

Curso de 20 horas para coñecer diferentes sistemas aumentativos e alternativos de comunicación que melloren a accesibilidade educativa.
Lugar de celebración: CFR de Lugo
Gallego

Curso

L2301035 - Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación

Data límite de inscrición:  10 de setembro de 2023

 

Duración: 20 horas  (15 presenciais e 5 non presenciais)

Lugar de celebración: CFR de Lugo

Do 20 de setembro ao 23 de outubro + Sesión de posta en común (8 de novembro)

Horario: 17:30 a 20:30h.

Non presencial (5 h.):  Entrega dun documento-resumo individual da práctica de aula realizada sobre a integración de SAAC.

 

Relatora:

Susana Fernández Carreira

CONTIDOS

- Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación: programas e aplicacións.

- Recursos tecnolóxicos para a intervención educativa en trastornos de comunicación.

- Integración na aula de SAAC.

Asesor: Camilo Conde Iglesias

Software SAAC
SAAC

L2301031 - Programar por ámbitos a través dos novos currículos en educación primaria

Summary: 

Actividade de 20 horas, das cales 3 horas serán non presenciais.
O prazo de inscrición atópase aberto ata o próximo 15 de setembro
Gallego

Neste primeiro trimestre resulta esencial actualizarse no tocante á elaboración dos novos currículos. Coa actividade L2301031 - Programar por ámbitos a través dos novos currículos en educación primaria vimos a cubrir esa necesidade demandada polo noso profesorado. Tes ata o 15 de setembro para inscribirte completamente gratis en FProfe.

Datas: 27 e 28 de setembro (17:00 a 20:00 horas), 3 e 4 de outubro (16.30 a 20.30 horas) e 16 de outubro (17:00 a 20:00 horas). Ademais haberá unha sesión non presencial para a elaboración dunha programación a través de PROENS (data límite de entrega: 23 de outubro). 

Lugar de celebración: CFR de Lugo.

Relatores: Íñigo Barreiro García (Inspector de Educación), Manuel Felpeto (CEIP San Tomé de Cambados), Nuria Garabal e Marta Álvarez (CEIP Nº1 Tui) e Mª Luísa Casanova (Asesora ADIX).

 

Obxectivos

1.Coñecer e analizar as características e estrutura do currículo de cara á elaboración da programación por ámbitos.

2.Adaptar a programación de cada área e nivel ás instrucións en vigor.

3.Establecer procedementos e instrumentos de avaliación acordes ao currículo.

 

Contidos

1.Marco legal. Estrutura do currículo.

2.A aprendizaxe interdisciplinar e competencial: programar por ámbitos:

   2.1. Deseño de tarefas integradas para o traballo competencial.

   2.2.Principios metodolóxicos: as metodoloxías activas.

3.Criterios, instrumentos e procedementos de avaliación.

4.Boas prácticas: propostas curriculares das diferentes áreas / materias / ámbitos.

5.Creación dunha programación en PROENS.

6.Posta en común.

curriculo

 L2301019 Formación para as persoas coordinadoras E-Dixgal​​​​​​

Summary: 

Unha das primeiras actividades deste curso de 12 horas de duración.
O prazo de inscrición atópase aberto ata o próximo luns 11 de setembro
Gallego

Na segunda quincena de setembro, traemos solucións para os novos coordinadores E-Dixgal. Tamén para aqueles que se queiran actualizar ou formarse para unha futura coordinación. A actividade L2301019 Formación para as persoas coordinadoras E-Dixgal​​​​​​ emerxe como unha necesidade neste inicio de curso. Por iso, apostamos por docencias de calidade impartidas por expertos como Óscar Martínez Rama e Diego Sal Julio.

A actividade, de 12 horas de duración, terá lugar no CFR Lugo en horario de 17:15 a 20:15 horas. Os días elixidos son o 18, 20, 25 e 27 de setembro. O prazo de inscrición para esta actividade atópase aberto ata o 11 de setembro.

 

Obxectivos

1.Formar as persoas coordinadoras sobre cuestións técnicas do proxecto E-Dixgal.

2.Crear un espazo vivo de encontro e co-formación coas persoas coordinadoras E-Dixgal dos centros participantes neste proxecto.

3.Formar ás persoas coordinadoras na xestión de grupos e materias no entorno EVA.

 

Contidos

1.Moodle e EVA: Funcións avanzadas, avaliación de tarefas, creación de actividades.

2.Ferramenta de autor.

3.Configuración e uso da maqueta abalar nos equipos informáticos a nivel usuario.

4.Configuración da maqueta abalar a nivel administrador.

5.Novas metodoloxías e boas prácticas TIC.

edixgal

L2302008 Introdución aos recursos de E-Dixgal

Summary: 

12 horas presenciais para aprender a manexar a plataforma E-Dixgal
O prazo de inscrición atópase aberto ata o 15 de setembro
Gallego

No próximo mes de outubro, darémosvos a oportunidade de descifrar o marabilloso mundo de E-Dixgal. A actividade L2302008  Introdución aos recursos de E-Dixgal​​​​​​​ é un primeiro manual de axuda para todo aquel profesor que se atope perdido neste novo mundo dixital. Ou para aqueles que debutan nesta aventura dos contidos dixitais.

Para as docencias contaremos con relatores de excepción como son Óscar Martínez Rama y Alejandro Pérez Prado. 12 horas no CFR Lugo en horario de 17:15 a 20:15 horas e que terán lugar os luns 2, 9, 16 e 23 de outubro. O prazo de inscrición para esta actividade atópase aberto ata o 15 de setembro.

 

Obxectivos

1.Familiarizar o profesorado co funcionamento do Espazo Virtual de Aprendizaxe (EVA) do proxecto E-Dixgal e coñecer as súas posibilidades para o desenvolvemento da avaliación formativa no proceso de ensino-aprendizaxe.

2.Publicar recursos e actividades, tanto de produción propia como procedentes da oferta editorial, aplicando criterios didácticos (adecuación á idade do alumnado e á consecución dos obxectivos, accesibilidade, etc).

3.Coñecer as posibilidades do EVA para lle prestar apoio ao alumnado en situacións de ensino-aprendizaxe, incluíndo o establecemento de comunicación de xeito efectivo e seguro.

 

Contidos

1.O Espazo Virtual de Aprendizaxe (EVA) E-Dixgal. Funcionalidades xerais nas modalidades na online e offline.

2.Incorporación de contidos externos e propios nunha materia E-Dixgal.

3.Recursos.

4.Avaliación no EVA.

 

Indicadores de competencia dixital docente

1.4.A.2.1. Aproveita as oportunidades de aprendizaxe no seu centro e as que obtén a través da rede para o seu desenvolvemento profesional.

2.1.A.2.1. Identifica, con asesoramento, os requisitos que debe cumprir un contido dixital para axustarse a unha situación concreta de aprendizaxe e aplica os criterios correspondentes para a súa busca e selección, incluíndo a compatibilidade coas plataformas virtuais establecidas polas AA. EE. ou as persoas titulares do centro.

2.2.A.2.1. Aplica, con axuda, os criterios didácticos (adecuación á idade do alumnado e á consecución dos obxectivos, accesibilidade etc.), disciplinares e técnicos para a edición e creación de contidos dixitais dirixidos a un grupo de alumnos e alumnas concreto.

3.1.A.2.1. Integra de forma selectiva (adecuación aos obxectivos, aprendizaxes, alumnado etc.) os recursos dixitais dispoñibles no centro na programación didáctica con axuda doutros e doutras docentes, seguindo o modelo pedagóxico recolleito no P. E.

3.2.A.2.2. Configura e emprega, co asesoramento doutros e doutras docentes, as tecnoloxías dixitais proporcionadas pola A. E. ou polas persoas titulares do centro para recibir información sobre a aprendizaxe do alumnado durante o proceso.

4.1.A.2.1 Aplica, de forma guiada, as tecnoloxías dixitais de avaliación proporcionadas pola A. E. ou as persoas titulares do centro para a recollida de información sobre os indicadores fixados na programación didáctica.

5.1.A.2.1. Selecciona e utiliza, en contornos controlados ou con asesoramento, opcións básicas de accesibilidade coa tecnoloxía presente no centro.

5.2.A.2.1. Coñece os recursos dixitais dispoñibles no centro e utilízaos con axuda para atender ás necesidades persoais de aprendizaxe do alumnado aplicando un repertorio variado de estratexias seguindo criterios éticos e pedagóxicos.

6.5.A.2.3. Coñece e comprende o funcionamento das tecnoloxías dixitais proporcionadas pola A. E. ou as persoas titulares do centro e coñece estratexias didácticas para ensinar a outras persoas a resolver problemas vinculados co seu uso.

 

edixgal

L2301007 - As prácticas restaurativas no eido educativo

Summary: 

Curso de 20 horas para coñecer o enfoque das prácticas restaurativas na convivencia escolar e iniciarse na súa incorporación na aula para a xestión dos conflitos.
Data límite de inscrición: 11 de setembro de 2023
Lugar de celebración: CFR de Lugo
Gallego

Curso

L2301007 - As prácticas restaurativas no eido educativo

Data límite de inscrición:  11 de setembro de 2023

 

Duración: 20 horas ( (15 presenciais e 5 non presenciais)

Lugar de celebración: CFR de Lugo

Sesión 1:  Sábado 23 de setembro (10 a  14 e 16 a 20 h.)

Sesión 2:  Sábado 21 de outubro (10 a 14 e 16 a 19 h.)

Non presencial (5 h.):  Acción práctica na aula de incorporación das prácticas restaurativas para a xestión dos conflitos.

 

Relator@s:

Rafael Pérez de Lis (Asociación ARELA - Vigo)

Ana Isabel Pérez Figueroa (Asociación ARELA - Vigo)

CONTIDOS

  • O enfoque restaurativo: concepto, fundamentos e características.
  • Técnicas proactivas para a promoción da convivencia escolar: declaracións e preguntas afectivas, pequenas reunións espontáneas e círculos proactivos.
  • Técnicas para a resolución pacífica de conflitos: os círculos reactivos e as reunións restaurativas.

Asesor: Camilo Conde Iglesias

 

Árbol convivencia
Árbol da vida

Cursos de formación en PROENS na Rede

Summary: 

Cursos na Rede de 20 horas a desenvolver no mes de xullo
Gallego

Dispoñibles en Fprofe para a inscrición as actividades na Rede:

G2301035 - Elaboración de programacións didácticas coa aplicación informática PROENS para infantil e primaria

G2301036 - Elaboración de programacións didácticas coa aplicación informática PROENS para secundaria

Duración: 20 horas

Modalidade: na Rede (Platega)

Obxectivos:

1.Coñecer a estrutura básica do novo modelo curricular galego e dos elementos que o conforman, así como as relacións que entre eles se establecen e as posibilidades prácticas que permiten.

2.Realizar un primeiro achegamento práctico á aplicación informática corporativa para a elaboración de programacións nas etapas de infantil, primaria, secundaria e bacharelato.

3.Elaborar un exemplo básico de programación didáctica para un nivel educativo a través da aplicación informática corporativa de programacións.

Contidos:

1. O novo currículo galego e a programación didáctica.

2.A elaboración da programación didáctica na aplicación Proens.

Data límite de inscrición: 5 de xullo de 2023

Inicio do curso: 10 de xullo de 2023

PROENS
PROENS

Licenzas por formación

Gallego

Licenzas por formación destinadas ao funcionariado docente non universitario para o período comprendido entre o 15 de setembro de 2023 e o 30 de xuño de 2024

Normativa reguladora:

Resolución do 6 de xuño de 2023 pola que se convocan licenzas por formación para o período comprendido entre o 15 de setembro de 2023 e o 30 de xuño de 2024 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as bases de concesión.

Prazo de inscrición:

Ata o 27 de xuño de 2023 (incluído)

Persoas destinatarias:

Persoal docente que pertenza aos corpos que imparten as ensinanzas establecidas na LOE, destinado no período indicado en centros educativos públicos dependentes da consellería

Máis información

Licenzas por formación
Licenzas por formación

Vídeos da xornada de presentación do novo modelo de competencias profesionais docentes

Summary: 

Póñense a disposición do profesorado as gravacións das sesións que tiveron lugar na xornada de presentación
Gallego

O pasado 29 de marzo de 2023 tivo lugar no pazo de Congresos de Santiago de Compostela a presentación do novo modelo de competencias profesionais docentes.

Na seguinte ligazón están dispoñibles para a súa visualización as gravacións das diferentes sesións que tiveron lugar durante a xornada, cun total de 28 vídeos:

Escolma de vídeos da xornada de presentación do novo modelo CPD

O novo modelo de competencias profesionais docentes pode ser consultado aquí.

 

Vídeos CPD
Vídeos xornada CPD

G2201136 - Formación para a acreditación da competencia dixital docente nas áreas 5 e 6 do nivel B1

Summary: 

Aberta a inscrición ata o 21 de maio, inclusive.
Gallego
  • Temporalización: do 30 de maio ao 4 de xullo de 2023.
  • Obxectivos:
    • Utilizar de forma autónoma as tecnoloxías dixitais para garantir a accesibilidade universal, a inclusión e compromiso activo do alumnado.
    • Integrar de forma autónoma nos procesos de ensino e aprendizaxe os aspectos curriculares relativos ao desenvolvemento da competencia dixital do alumnado.
  • Contidos:
    • Área 5: Empoderamento do alumnado (Nivel B1: Adopción)
    • Área 6: Desenvolvemento da competencia dixital do alumnado (Nivel B1: Adopción)
  • Información importante:
    • Estas actividades son compatibles con outras actividades na Rede do plan de formación, pero non entre elas. 
    • É necesario revisar o nivel de acreditación en Fprofe > Acreditacións para que a formación elixida sexa acorde coas necesidades individuais de competencia e acreditación.
    • Poderás obter máis información sobre a acreditación da competencia dixital docente no enderezo web https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital ou no correo acreditacioncdd@edu.xunta.gal
  • Ficha da actividade en Fprofe
  • Data límite de inscrición: 21 de maio de 2023
miniatura recurso

Competencias profesionais docentes

Gallego

 

  • O modelo de Competencias Profesionais Docentes da Rede de Formación da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, presentado en marzo 2023, pode ser consultado aquí.
    Se prefires ver só un resumo, podes consultalo aquí.
    A versión en castelán do modelo de Competencias Profesionais Docentes está dispoñible nesta ligazón.
  • Por outra banda, o modelo de Competencias Profesionais do Persoal Asesor, desenvolvido a partir do anterior, pode ser consultado nesta ligazón.
imaxe modelo de competencias profesionais docentes 2023