Gallego

O CAFI deséxavos felices festas

Summary: 

O CAFI deséxavos felices festas
Gallego
O CAFI deséxavos felices festas
O CAFI deséxavos felices festas

G2502041 Internacionaliza a túa escola. Dos proxectos Erasmus+ a eTwinning e outras propostas. Curso 2025-2026

Summary: 

Gallego

Esta xornada busca resolver inquedanzas do profesorado que desexa internacionalizar os seus centros, proporcionar formación en aspectos relacionados co Programa Erasmus+ e difundir boas prácticas de centros educativos galegos.

O código da actividade é G2502041  Internacionaliza a túa escola. Dos proxectos Erasmus+ a eTwinning e outras propostas. Curso 2025-2026.

Esta xornada vai dirixida a profesorado que pertence a educación escolar, educación de adultos e a Formación Profesional

Terá lugar o 28 de febreiro na EGAP, Santiago de Compostela.

G2502041  Internacionaliza a túa escola. Dos proxectos Erasmus+ a eTwinning e outras propostas
G2502041 Internacionaliza a túa escola. Dos proxectos Erasmus+ a eTwinning e outras propostas

G2501067 Equipos directivos. Habilidades e destrezas para a xestión efectiva do centro educativo

Summary: 

Equipos directivos
Habilidades e destrezas para a xestión efectiva do centro educativo
Gallego

Formas parte dun equipo directivo e queres completar a túa formación nas habilidades e destrezas para a xestión efectiva do centro educativo? Daquela, esta é a túa actividade xa que nela analizaremos temas tan diversos como proxectos directivos e pedagóxicos, visións de futuro, principios para liderar a transformación, habilidades de diferentes estilos de líder ou competencias esenciais para dirixir unha reunión.

Resumindo, nesta actividade traballarás:

  • O liderado
  • A xestión emocional,
  • A resolución de conflitos,
  • As habilidades sociais e
  • A comunicación verbal e non verbal.

Datos de interese:

  • Código en fprofe: G2501067
  • Tïtulo: Equipos directivos. Habilidades e destrezas para a xestión efectiva do centro educativo
  • Datas: 27 de xaneiro, 4-11-25 de febreiro e 4 e 11 de marzo
  • Lugar: EGAP
  • Programa:
    • 27 de xaneiro das 17:00 ás 20:00 - O liderado dos equipos directivos por Nélida Zaitegi de Miguel (Ex-inspectora educativa Euskadi)
    • 04 de febreiro das 17:00 ás 20:00 - Benestar emocional por Sonia Belén López Bugeiro (Xefa de estudos do IES Fernando Blanco de Cee)
    • 11 de febreiro das 17:00 ás 21:00 - Comunicación verbal e non verbal por José Manuel Dopazo Mella (Director do IES Maruxa Mallo)
    • 25 de febreiro das 17:00 ás 20:00 - Resolución de conflitos por Betina Rosana Represas Vázquez (Equipo de Orientación Específico de Pontevedra)
    • 04 de marzo das 17:00 ás 21:00 - Habilidades comunicativas (actividade práctica) por Santiago Martínez Suárez (Director de Eloqüencia)
      11 de marzo das 17:00 ás 20:00 - Protocolo nos centros educativos por Vanesa Quintáns Quián e María Sánchez Outón (Departamento de protocolo de Presidencia da Xunta de Galicia)

Equipos directivos. Habilidades e destrezas para a xestión efectiva do centro educativo

Convocatoria programa Observa_Acción

Summary: 

Programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2025/26 e 2026/27, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional
Gallego

Lembra que xa saíu a convocatoria do Programa Observa_Acción desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais durante os cursos 25/26 e 26/27.

Normativa reguladora: RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca a participación no programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2025/26 e 2026/27, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional.

  • Destinatarios: centros educativos públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Galicia que impartan ensinanzas non universitarias.
  • O prazo de presentación de solicitudes e da documentación será dende o día seguinte á publicación da presente resolución no portal educativo ata o día 27 de outubro de 2025, incluído.

Inscricións ata o 27 de outubro.

Enlace para máis información: 

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/47958

Undefined

G2502012 O pensamento crítico para a mellora da práctica docente

Summary: 

O pensamento crítico para a mellora da práctica docente
Gallego

CONTEXTO

Esta é a primeira actividade formativa do itinerario de investigación. O itinerario nace da concepción dos/das docentes como profesionais competentes que toman decisións informadas e, coa debida formación, poden levar a cabo as súas propias investigacións para recoller evidencias, analizar datos e sistematizar boas prácticas.

DESTINATARIOS E NIVEL

A actividade vai dirixida a profesorado de todos os niveis educativos que desexen adquirir un nivel competencial BÁSICO:

4.3.1. Identifica de forma crítica temas relevantes na práctica educativa sobre os que realizar investigacións.

4.3.4. Identifica prácticas educativas innovadoras e participa nas transformacións que xeran na contorna escolar.

OBXECTIVOS

Concienciar sobre a importancia da reflexión e o sentimento/pensamento crítico.

Identificar ciencia e pseudociencia educativa.

Valorar a investigación e o seu impacto social en termos de custo/beneficio.

CONTIDOS

Pensamento crítico en educación.

Ciencia e pseudociencia educativa.

Decisións informadas baseadas en estudos científicos.

FORMATO E DATAS

A actividade desenvolverase en dúas sesións de 4 horas cada unha e máis 2 horas de traballo autónomo na aula virtual.

  • Sesión presencial: 25 de outubro con Fátima Mª García Doval e Albert Reverter García

  • Sesión non presencial: traballo na aula virtual

Cartel do curso
O pensamento crítico para a mellora da práctica docente

Plan anual de formación

Summary: 

Plan Anual de Formación do profesorado para o curso 2025-26
Gallego

Velaí tedes en formato dixital o ‘Plan Anual de Formación do profesorado para o curso 2025-2026’ e en http://edu.xunta.gal/fprofe podedes consultar o abano de actividades nas que vos podedes apuntar (lembrade que só as do primeiro trimestre).

Enlace https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/plan_anual_2025_26.pdf

Plan Anual de Formación do profesorado para o curso 2025-26

Plans de formación permanente do profesorado

Summary: 

PFPP curso 2025-2026
Gallego

Convocada a selección de plans de formación permanente do profesorado (PFPP) que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2025/26.

Resolución do 2 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2025/26.

Resolución do 2 de xullo de 2025

Plans de formación permanente do profesorado

Última semana para inscribirse no curso Perfecciónate en eTwinning

Gallego

Última semana para inscribirse no curso en Rede G2401067 Perfecciónate en eTwinning, que se desenvolverá entre o 2 de abril e o 6 de maio.

É unha actividade de 20 horas para a que se require ter formación ou experiencia previa en eTwinning.

O prazo de inscrición remata o luns 17 de marzo.

Inscrición e información en www.edu.xunta.gal/fprofe.

Prazas dispoñibles no curso G2401067 Perfecciónate en eTwinning
Prazas dispoñibles no curso G2401067 Perfecciónate en eTwinning

Última semana para inscribirse no curso Perfecciónate en eTwinning

Summary: 

Curso en Rede
Aberto o prazo ate o luns 17 de marzo
Undefined

Última semana para inscribirse no curso en Rede G2401067 Perfecciónate en eTwinning, que se desenvolverá entre o 2 de abril e o 6 de maio.

É unha actividade de 20 horas para a que se require ter formación ou experiencia previa en eTwinning.

O prazo de inscrición remata o luns 17 de marzo.

Inscrición e información en www.edu.xunta.gal/fprofe.

G2401067 Perfecciónate en eTwinning
G2401067 Perfecciónate en eTwinning