Gallego

G2302002 Aproximación aos novos currículos

Summary: 

Contextualización do currículo para partir do novo modelo educativo e análise dos cambios introducidos na LOMLOE.
Gallego

Na xornada G2302002  Aproximación aos novos currículos que se celebrará o 30 de setembro de 2023 abordaremos a contextualización do currículo para partir do novo modelo educativo e analizaremos os cambios introducidos na LOMLOE: estrutura curricular, elementos curriculares e relación entre eles.

G2302002

G2302002 Aproximación aos novos currículos

Summary: 

Contextualizacion do currículo a partir do novo modelo educativo e análise dos cambios introducidos na LOMLOE.
Gallego

Na xornada G2302002  Aproximación aos novos currículos que se celebrará o 30 de setembro de 2023 abordaremos a contextualización do currículo a partir do novo modelo educativo e analizaremos os cambios introducidos na LOMLOE: estrutura curricular, elementos curriculares e relación entre eles.

G2302002

Competencias profesionais docentes

Gallego

 

  • O modelo de Competencias Profesionais Docentes da Rede de Formación da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, presentado en marzo 2023, pode ser consultado aquí.
    Se prefires ver só un resumo, podes consultalo aquí.
    A versión en castelán do modelo de Competencias Profesionais Docentes está dispoñible nesta ligazón.
  • Por outra banda, o modelo de Competencias Profesionais do Persoal Asesor, desenvolvido a partir do anterior, pode ser consultado nesta ligazón.
imaxe modelo de competencias profesionais docentes 2023

Metodoloxías activas para o profesorado en prácticas. Dinámicas interactivas para fomentar a creatividade e a aprendizaxe autónoma

Summary: 

Fomenta a creatividade e a aprendizaxe autónoma a través das Metodoloxías Activas.
Gallego

 

Realizarase un percorrido por diversas metodoloxías activas como: a Aprendizaxe por Proxectos, a Aprendizaxe Cooperativa e a Gamificación, ademais de visualizar inspiradores proxectos de  Aprendizaxe e Servizo baseados nas necesidades da contorna.

O curso componse dun total de 20 horas: 14 horas de carácter presencial e 6 horas de traballo persoal en horario flexible.

  • Data de inicio do curso: 9 de marzo.
  • Inscricións abertas en Fprofe ata o 27 de febreiro co código S2201117.

 

Metodoloxías

S2201088 Metodoloxías activas para comprender a ciencia en infantil e primaria

Summary: 

Gallego

Aínda estades a tempo para inscribirvos neste interesante curso até o 24 de Febreiro

Días Horario Ponencias
01/03/2023 16:30 - 20:00 BARCIELA DURÁN , PATRICIA ANDREA: Hábitos saudables - Nutrición e sostenibilidade
06/03/2023 16:30 - 20:00 BARCIELA DURÁN , PATRICIA ANDREA: Hábitos saudables - Nutrición e sostenibilidade
07/03/2023 16:30 - 20:00 BALLESTEROS ÁLVAREZ , DAVID: STEAM
14/03/2023 16:30 - 20:00 BALLESTEROS ÁLVAREZ , DAVID: STEAM
22/03/2023 16:30 - 19:30 VIÑAS DIÉGUEZ , JOSÉ MANUEL Desenvolvemos unha microsecuencia didáctica para levar á aula
3 horas Traballo non presencial tutelado por VIÑAS DIÉGUEZ , JOSÉ MANUEL

20 horas: 17 horas presenciais 3 horas non presenciais

Obxectivos

1. Presentar o kit básico de recursos e materiais, para desenvolver experiencias e proxectos do ámbito das ciencias, e poder así crear un entorno de ciencia na propia aula ou preto dela.

2.Afondar na aprendizaxe de coñecementos e habilidades, baseada na indagación e evidencias, para descubrir a ciencia mediante a experimentación e utilizando as metodoloxías activas, coma elemento dinamizador, innovador e inclusivo.

3.Deseñar unha micro secuencia didáctica interactiva de ciencias, que fomente o desenvolvemento competencial e a aprendizaxe significativa, utilizando alomenos dúas metodoloxías activas e integrando algunha medida de atención á diversidade.

Contidos

1.O espazo de ciencias na propia aula ou preto dela. O Kit básico de traballo nun laboratorio de aula. Iniciación ao método científico. Experiencias básicas. Todos podemos participar.

2.Integración de diferentes Metodoloxías activas: ABP, Cooperativo , Gamificación, Aprendizaxe baseado en investigación e evidencias, visual thinking, AR e VR ...en experimentos sinxelos de aula, en infantil e primaria.

3. Deseño dunha micro secuencia didáctica interactiva, dun contido do ámbito das ciencias, empregando polo menos 2 metodoloxías activas e integrando algunha medida de atención á diversidade.

S2201088 Metodoloxías activas para comprender a ciencia en infantil e primaria
S2201088 Metodoloxías activas para comprender a ciencia en infantil e primaria

Inscrición aberta para os cursos do itinerario de ensino semipresencial

Summary: 

Xa podes inscribirte nos cursos na Rede. Itinerario ofertado para todo o profesorado.
Gallego

O prazo de inscrición do primeiro curso ofertado dentro deste itinerario remata o vindeiro 8 de novembro, xa que comeza neste primeiro trimestre. O resto de cursos realizaranse no segundo e terceiro trimestres.

Ofértanse catro cursos dirixidos a todo o profesorado sobre aspectos clave no ensino semipresencial: a autonomía, o acompañamento, a plataforma e a avaliación da aprendizaxe.

Estes cursos na Rede teñen unha duración de 20 horas e realízanse a través da plataforma PLATEGA.

Cursos ensino semipresencial
Itinerario de cursos ensino semipresencial

G2202024. Xornada Internacionaliza a túa escola. Erasmus+, eTwinning e outras propostas.

Summary: 

Tes interese en participar en proxectos europeos co teu centro?
Gallego

Como  en anos anteriores, o CAFI organiza a súa xornada anual de internacionalización. Nesta ocasión terá lugar o sábado 26 de novembro na EGAP, en Santiago de Compostela.

Esta actividade abordará aspectos prácticos de xestión e implementación dos proxectos Erasmus+ e o espazo virtual European School Platform, resolverá dúbidas, brindrá a oportunidade de atopar novos socios e de coñecer boas prácticas de centros pertencentes aos distintos sectores educativos. Con este  propósito, contaremos con intervencións de representantes do SEPIE, do INTEF, do Servizo Galego de Innovación e Formación dos Recursos Humanos e de centros educativos de ámbito galego e estatal.

Xornada Erasmus+
Xornada Erasmus+

Formación, innovación e internacionalización

Xefatura de departamento

Diana Pastoriza Espasandín // cafi.internacional@edu.xunta.gal

Asesores/as

Saleta González Carnero // cafi.innovacion@edu.xunta.gal

Olga Iglesias Fraga // cafi.for.inn@edu.xunta.gal

Alicia Eizaguirre Santillán // cafi.formacion@edu.xunta.gal

Gallego

S2101184 - Transformación de espazos para favorecer metodoloxías activas

Summary: 

Sesións impartidas por: Santiago Atrio, Paz Gonçalves, Siro López, Fátima G. Doval, Patricia G. Abraín (Createctura), Elsa Noriega (LUPO), Víctor González (Palitroques) e persoal de centros educativos galegos.
Gallego

 

  • As sesións desenvolveranse de modo presencial nas instalacións do CAFI e combinarán conferencias, obradoiros e exemplos de Boas Prácticas de centros educativos galegos.

 

  • Data límite inscripción: 21 de febreiro de 2022.
Transformación de espazos

S2103017 STEM en acción. Ed. Infantil e Primaria

Summary: 

Actividade formativa dirixida a implementar os proxectos STEM/STEAM nas aulas de Educación Infantil e Primaria.
Gallego

Obxectivo xeral

Transmitir ós/ás docentes participantes ferramentas e metodoloxías que lles faciliten desenvolver proxectos innovadores na aula, axundándolles a xestionar situacións de incerteza e resover problemas.

 

Obxectivos específicos 

-Potenciar a intelixencia emocional

-Potenciar o traballo en equipo

- Desenvolver a creatividade

-Coñecer, comprender e implementar ferramentas do mundo maker 

-Coñecer, comprender e integrar a Intelixencia Artificial na aula

-Coñecer, comprender e implementar a metodoloxía do design thinking 

-Implementar ferramentas de análise do usuario 

-Mellorar a comunicación inter e intra persoal

-Integrar o feedback como ferramenta de mellora continua

 

Datas:

1 e 2 de outubro.

 

Lugar de celebración:

Hotel Congreso, Santiago de Compostela (indicacións)

 

Sesións de traballo:

Primeira xornada - Venres 1 de outubro

16:30 - 16:40 Presentación do programa

16:40 - 17:00 Dinámicas de intelixencia emocional e visual thinking

17:00 - 17:30 A creatividade

17:30 - 17:40 A técnica das Analoxías

17:40 - 18:50 Pausa café

17:50 - 18:15 A innovación e os casos de éxito na integración de tecnoloxía 

18:15 - 18:30 Presentación do reto  ̈proxectos para mellorar o mundo ̈ 

18:30 - 19:30 Customer Journey Map

19:30 - 20:30 Conceptualización do produto/servizo

Segunda xornada - Sábado 2 de outubro

10:00 - 10:15 Ximnasia creativa

10:15 - 10:45 A intelixencia artificial

10:45 - 12:15 Tecnoloxías para prototipado (Impresión 3D, PictoBlox e Microbit) 

12:15 - 12:30 Pausa café

12:30 - 14:00 Desenvolvemento dos proxectos

14:00 - 16:00 Comida

16:00 - 16:30 Actividades ó aire libre e/ou dinámicas de activación

16:30 - 18:00 Desenvolvemento dos proxectos

18:00 - 18:15 Pausa café

18:15 - 19:00 Finalización dos proxectos

19:00 - 19:30 Storytelling e comunicación

19:30 - 20:00 Presentacións e feedback

 

Observacións:

Aloxamento e manutención incluída na actividade para persoas que non residan en Santiago.

STEM en acción. Primaria
STEM en acción. Infantil e Primaria