Gallego

Felicitación de Nadal 2018

Summary: 

O CAFI deséxavos unhas felices festas!
Gallego
Felicitación de Nadal 2018
Felicitación de Nadal 2018

Materiais ESERO dispoñibles para o préstamo

Summary: 

Xa tedes á vosa disposición no CAFI a maleta cos materiais ESERO: Ingeniero de astronaves.
Gallego

Xa tedes á vosa disposición no CAFI  a maleta cos materiais ESERO: Ingeniero de astronaves. Trátase dun recurso desenvolvido pola ESA (Axencia Espacial Europea) co que o alumnado poderá investigar sobre as propiedades dos materiais: condutividade, magnetismo, resistencia a impactos… e seleccionar os idóneos para as diferentes partes dunha nave espacial.  

A maleta pódese solicitar por períodos de dúas semanas enviando un correo dende a dirección do teu centro ao CAFI (cafi@edu.xunta.es) indicando as posibles datas solicitadas e unha persoa de contacto para xestionar con ela o préstamo en función da dispoñibilidade.

Para calquera consulta ou aclaración contacta connosco a través de: cafi.formacion@edu.xunta.es

Materiais ESERO
Materiais ESERO

ESERO. Do espazo á aula

Summary: 

ESERO é un proxecto de educación da Axencia Espacial Europea (ESA). O día 20 de outubro teremos a ocasión de coñecer de primeira man, dos seus responsables en España, unha ampla variedade de recursos e materiais didácticos dirixidos ao ámbito STEM. Inscríbete en Fprofe! Código da actividade: G1803005
Gallego

Referencia: G1803005

Forma de participación: Presencial

Modalidade: Encontros

Competencias profesionais:

Competente en TIC - Dispositivos.

Investigador/a e innovador/a - Realización e execución de propostas.

Centro de formación e recursos: CAFI

Lugar de celebración: Edificio Cinc da Cidade da Cultura - Santiago de Compostela

Temporalización: 20/10/2018

Data límite de inscrición: 08/10/2018

Prazas:  150

Horas totais: 8

Destinatarios:

Todas as ensinanzas

Corpos e especialidades:

Todos os corpos

Obxectivos:

1.Coñecer as posibilidades dos recursos ESERO na aula

Contidos:

1.Recursos ESERO nos distintos niveis educativos.

2.Utilización de recursos ESERO na aula e innovación.

3.Recursos multilingües ESERO

Esero. Do espazo á aula
ESERO. Do espazo á aula.

Visita de alumnado universitario

Summary: 

O pasado día 23/11/17 o CAFI tivo o pracer de recibir á profesora Dolores Fernández Tilve e ao seu alumnado.
Gallego

O pasado 23/11/2017 o CAFI tivo o pracer de recibir á profesora Dolores Fernández Tilve e ao seu alumnado nunha visita de máis de dúas horas. Ao igual que outros anos o director do CAFI, Ángel Rodríguez Sánchez e o asesor do departamento de Formación e Innovación, Jesús Calvo Mallón, presentaron o sistema de formación permanente de profesorado da Rede de Formación da Consellería. Ademais de explicarlles as diferentes modalidades formativas e focos prioritarios de formación, tamén tiveron oportunidade de presentarlles o Modelo de Competencias Profesionais Docentes da Rede, así como o Marco Común de Competencias Docentes que o CAFI está desenvolvendo no seo dunha alianza internacional ao abeiro do programa Erasmus+. 

Visita de alumnado universitario
Visita de alumnado universitario

G1702009 Xornadas Internacionaliza a túa escola: Erasmus+, E-Twinning e outras propostas.

Summary: 

Xornadas de internacionalización. Difusión dos programas Erasmus+ e plataforma E-Twinning. Introdución teórica e obradoiros prácticos. Descubre como internacionalizar o teu centro!
Gallego

 

G1702009 Xornadas Internacionaliza a túa escola: Erasmus+, E-Twinning e outras propostas.

  • Data: 25.11.2017
  • Lugar de celebración: EGAP
  • Horas: 8
  • Obxectivos

1.Proporcionar información sobre os programas europeos descentralizados no contexto do Erasmus+.

2.Amosar boas prácticas e procedementos de participación nas diferentes accións de programas europeos.

3.Desenvolver estratexias para o desenvolvemento de programas europeos.

Para acceder á actividade pincha aquí: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaInscricionCursos.do?DIALOG-EVENT...

Xornadas eTwinning
Xornadas eTwinning

Evento de diseminación - Erasmus+ Marco Común de Competencias Profesionais Docentes

Summary: 

Evento de diseminación - Erasmus+ Marco Común de Competencias Profesionais Docentes - Instituto Politécnico de Leiria Portugal 20.10.2017
Gallego

O Proxecto Erasmus+ MCCPD 

(Un marco común de competencias profesionais docentes)
Coordinado polo CAFI, conta con 5 socios de Portugal (ESECS-IPL), Castela e León, Escocia, Austria e Lituania, incluíndo a profesionais con distintas responsabilidades políticas administrativas e formativas ligadas á educación en xeral e á formación de profesores en particular.

O Proxecto xurdiu no contexto da necesidade, identificada polo Consello da Europa e por outras autoridades educativas nacionais de diversos países de Europa, de crear marcos de referencia de competencias e instrumentos que poidan contribuír á transformación da formación de profesores con vista a mellorar a calidade da educación, asegurando o desenvolvemento das competencias chave por todos os cidadáns e a promoción da aprendizaxe ao longo da vida.

Dada a relevancia que ten para profesores e futuros profesores, convídase a todos os interesados a participar no Seminario que se celebrará no Instituto Politécnico de Leiría o 20 de outubro de 2017 en horario de 9:30 a 12:30.

Inscrición: Aquí

cartaz web evento de diseminación MCCPD
evento de diseminación MCCPD

OBSERVA_ACCIÓN Programa de Innovación educativa

Summary: 

Aberto o prazo de solicitude para participar no Programa de Innovación educativa "OBSERVA_ACCIÓN"
Gallego

O programa de innovación educativa "OBSERVA_ACCIÓN: Innovación docente desde a observación, a avaliación e o intercambio entre iguais" desenvolverase ao longo de 2 cursos coa finalidade de fomentar o desenvolvemento profesional en base ao Marco de Competencias Profesionais Docentes tanto na nosa comunidade como no marco do acordo interterritorial de colaboración coa comunidade de Castela e León.

  • Prazo de solicitude: 10 días hábiles desde o día seguinte á publicación da resolución.

Para máis información pode dirixirse ao Centro Autonómico de Formación e Innovación: Teléfono 981522411 ou no correo electrónico cafi@edu.xunta.es

OBSERVA_ACCION
OBSERVA_ACCION

G1602041 - Fortalecemento democrático: A educación e os valores europeos fronte aos radicalismos

Summary: 

Xornada que se celebrará o vindeiro venres 2 de xuño na Cidade da Cultura, Santiago de Compostela.
Gallego

Esta Xornada terá lugar o vindeiro día 2 de xuño na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela e terá unha duración total de 8 horas.

Está dirixida a reflexionar sobre diferentas estratexias de fortalecemento democrático dende a perspectiva dos centros educativos no contexto educativo galego, buscando promover valores de interculturalidade e favorecendo estratexias de prevención tanto da radicalización coma da violencia.

Ó longo desta xornada presentaranse recursos educativos para favorecer o fortalecemento democrático, traballaranse contidos coma a interculturalidade e o sentimento de pertenza ó entorno da Unión Europea e máis concretamente, a interculturalidade no contexto galego.

Preme aquí para facer a túa inscrición en fprofe.

Cabeceira das xornadas de fortalecemento democrático
Cabeceira das xornadas de fortalecemento democrático

Escolas creativas, empresas innovadoras

Summary: 

Semana Mundial da Creatividade e a Innovación Santiago de Compostela, 20 de abril de 2017
Gallego

A creatividade e a innovación son elementos que viñeron interactuando coa contorna empresarial desde hai moito tempo. A medida que os mercados se fan máis competitivos, ambos os elementos adquiriron cada vez maior protagonismo á hora de desenvolver vantaxes competitivas para as organizacións.
A creatividade é a capacidade que posúe un individuo para idear algo novo e orixinal, mentres que a innovación é a arte de converter as ideas en produtos, procesos e servizos novos e mellorados. Ambas son ferramentas diferentes e á súa vez complementarias, polo que resulta fundamental que as empresas promovan unha filosofía de xestión creativa e innovadora que lles permita desenvolverse tanto vertical como horizontalmente, logrando unha cadea de valor competitiva e diferenciadora.
Partindo desta premisa, habemos de ser conscientes de que unha das claves para dispoñer dun modelo produtivo innovador e competitivo reside na educación. No caso de España, para conseguir un cambio de modelo debemos abordar este aspecto desde a base, que non é outra que a educación dos mozos que pasado un tempo compoñerán a base da forza produtiva española.
Neste contexto, con motivo da Semana Mundial da Creatividade e Ia Innovación, APD e a Xunta de Galicia organizan a xornada Escolas creativas, empresas innovadoras, na que expertos do ámbito educativo e empresarial debaterán e poñerán sobre a mesa temas como a promoción da creatividade na contorna laboral co fin último da innovación empresarial, a necesidade dunha adaptación eficiente dos actuais estudantes ao mercado de traballo ou a importancia de promover a incorporación e práctica do pensamento creativo nas aulas de educación de Galicia, atendendo ás demandas do mundo empresarial e do novo contexto económico.
Esperámoste o próximo 20 de abril na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

 

Escolas creativas, empresas innovadoras

Visita de alumnos universitarios

Summary: 

O pasado 30.12.2016 o Cafi tivo o pracer de recibir á profesora Dolores Fernández Tilve e ao seu alumnado
Gallego

O pasado 30.12.2016 o Cafi tivo o pracer de recibir á profesora Dolores Fernández Tilve e ao seu alumnado nunha visita de máis de dúas horas. Nese tempo o director do Cafi, Ángel Rodríguez Sánchez e o asesor responsable do departamento de Formación e Innovación, Jesús Calvo Mallón, presentáronlle o sistema de formación permanente de profesorado da Rede de Formación da Consellería. Ademáis de explicarlles as diferentes modalidades formativas e focos prioritarios de formación, tamén tiveron oportunidade de introducilos no Modelo de Competencias Profesionais Docentes da Rede, así como no Marco Común de Competencias Docentes que o CAFI está a desenvolver no seo dunha alianza internacional ao abeiro do programa Erasmus+.

 

 

Visita de alumnos universitarios
Visita de alumnos universitarios