O CAFI deséxavos felices festas
Enviado por pablogulin a Mér, 16/12/2015 - 12:47Summary:
Summary:
Summary:
Explorar o ceo desde os Polos creativos
16 de maio
Cidade da Cultura - Santiago de Compostela
Espazo das conferencias: auditorio do Edificio CINC
Espazos dos obradoiros: aulas 6, 7 ,8, 9, 10 Edificio Fontán
8 horas de duración
Summary:
Proposta baseada en estacións con tarefas variadas que permiten practicar as catro destrezas lingüísticas de forma activa, colaborativa e motivadora.
Summary:
Os recursos cREAgal son recursos educativos abertos (REA) desenvolvidos por profesorado galego. Estes REA cobren integramente o currículo de cada materia e baséanse en situacións de aprendizaxe nas que se propón un reto para o alumnado. No repositorio atópanse os recursos para o alumnado e as correspondentes guías didácticas para o profesorado, onde se explica como aplicalos na aula e a súa relación coa programación de exemplo de PROENS.
Para acceder aos contidos cREAgal pulsa aquí: cREAgal
Qué é cREAgal: Vídeo resumo
Summary:
As persoas interesadas en completar a súa formación en lingua inglesa teñen aberto o período de inscrición en diversas actividades e niveis:
Estas actividades están orientadas ao traballo e actualización das distintas destrezas lingüísticas (listening, speaking, reading, writing and mediation).
Máis información relacionada con este tipo de actividades (horarios, datas, características, etc.) en: https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=759
Máis información sobre o proceso de inscrición nas actividades en:
https://centros.edu.xunta.gal/cfrcoruna/aulavirtual/course/section.php?id=17319
N.B.: O período de inscrición para os cursos CALC do 2º cuadrimestre aínda NON está aberto.
Summary:
Está aberto o prazo para a inscrición nas seguintes actividades con prazas libres:
Consulta nas fichas das actividades requisitos, prazos de inscrición, lugares de celebración e datas.
Máis información sobre este tipo de cursos:
https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=759
Para máis información sobre o proceso de inscrición nas actividades consulta esta ligazón:
https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=1968#section-7
Summary:
A Xornada G2402024 HISTORIA, USOS E APRENDIZAXE DA LINGUA ESCRITA que terá lugar o sábado 16 de novembro no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela e que ten como destinatarios o profesorado das etapas de infantil e primaria na que tentaremos respostar a estas preguntas:
Que implica ensinar a ler e escribir?
Estamos formando lectores e escritores competentes?
Sabemos crear contextos que inviten a ler, escribir, falar e escoitar?
Como se respecta a diversidade do alumnado ante o difícil reto de mellorar a competencia lectora e escrita?.
Adxúntovos Programa da Xornada para difusión ao claustro por si fora do voso interese.
Aberto o prazo de inscripción en Fprofe co código G2402024:https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaBusquedaInscricionCursos.do
Summary:
Inscrición en cursos calc e de idiomasEstá aberto o prazo para a inscrición nos cursos de idiomas que organiza o CFR de A Coruña en colaboración coa Escola Oficial de Idiomas da Coruña.
Pódese consultar a oferta de cursos, os horarios e os lugares de celebración na seguinte ligazón:
https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=759
Prazo ampliado ata o 23 de setembro
prazo de inscrición para os cursos do 1º cuadrimestre do curso 2024-2025 remata o 12 de setembro de 2024.
Summary:
OBXECTIVOS:
1.Compartir prácticas verbais e non verbais na aula e na comunidade educativa con sentido estético.
2.Desenvolver recursos e estratexias de apoio para a mediación lingüística.
3.Aprender a conectar coa emoción desde a técnica discursiva.
CONTIDOS:
1.Estratexias orais para a mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe de linguas.
2.Optimización do uso de soportes complementarios á fala en distintos contextos.
3.Estratexias de apoio para a mediación lingüística.
ENFOQUE E FORMATO DO EVENTO:
O enfoque do evento procura atender ao desenvolvemento da competencia comunicativa de todo o profesorado, desbotando a idea de que o público base deste tipo de obradoiros sexa só de especialidade lingüística.
Así, o profesorado asistente de todos os corpos e especialidades poderá atopar cuestións de interese para desenvolver: as súas habilidades verbais, tanto en linguas cooficiais coma en linguas estranxeiras, pensando na aula e tamén na comunidade educativa; as non verbais; as persuasivas e de sentido estético; e as de mediación lingüística, cuestión moi relevante para todo o profesorado.
A estrutura do evento procura responder ao enfoque práctico do seu deseño. Por iso, toda a xornada está constituída por sesións simultáneas que responden a un formato obradoiro ou a un formato charla con alto carácter práctico/dialóxico.
File:
Video:
Oradoiros video
Summary:
O novo marco de competencias profesionais docentes brinda a oportunidade de unir sinerxías entre distintas especialidades arredor do fornecemento da competencia comunicativa do profesorado de todas as áreas / materias.
OBXECTIVOS:
1.Compartir prácticas verbais e non verbais na aula e na comunidade educativa con sentido estético.
2.Desenvolver recursos e estratexias de apoio para a mediación lingüística.
3.Aprender a conectar coa emoción desde a técnica discursiva.
CONTIDOS:
1.Estratexias orais para a mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe de linguas.
2.Optimización do uso de soportes complementarios á fala en distintos contextos.
3.Estratexias de apoio para a mediación lingüística.
INDICADORES COMPETENCIAIS:
Competencia comunicativa - Comunicación non verbal - Básico - Aplica estratexias variadas de linguaxe non verbal para ampliar e clarificar mensaxes verbais.
Competencia comunicativa - Comunicación non verbal - Básico - É consciente do valor semántico da posición e do movemento corporal na comunicación.
Competencia comunicativa - Comunicación non verbal - Básico - Organiza o seu corpo e a súa xestualidade para acompañar e harmonizar o discurso.
Competencia comunicativa - Comunicación verbal - Básico - Acompaña as interaccións entre o alumnado, facilitando, proporcionando realimentación e recursos para a mellora
Competencia comunicativa - Comunicación verbal - Básico - Adapta a comunicación ás necesidades do contexto e das persoas interlocutoras, alternando entre diferentes códigos verbais segundo sexa preciso
Competencia comunicativa - Linguas maternas e estranxeiras - Básico - Emprega as dúas linguas maternas na súa comunicación, segundo as necesidades do alumnado e en contextos non regulados normativamente.
1
Competencia comunicativa - Linguas maternas e estranxeiras - Básico - Manexa estratexias básicas comunicativas en linguas estranxeiras curriculares para comunicarse e interactuar co alumnado segundo as súas necesidades.
Competencia comunicativa - Mediación lingüística. Recursos e estratexias de apoio - Básico - Adapta, parafrasea e transmite os aspectos esenciais do proceso de ensino-aprendizaxe ao alumnado e ás familias
Competencia comunicativa - Mediación lingüística. Recursos e estratexias de apoio - Básico - Coñece e importancia da comunicación aumentativa na relación co alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
Competencia comunicativa - Mediación lingüística. Recursos e estratexias de apoio - Básico - Recoñece as dificultades lingüísticas e comunica a natureza do problema con linguaxe axeitada ao nivel do alumnado
Competencia comunicativa - Sentido estético, dramático e capacidade de emocionar - Básico - Coñece diferentes linguaxes e/ou canles comunicativas que conectan coa realidade do alumnado no seu contexto socioeducativo
Competencia comunicativa - Sentido estético, dramático e capacidade de emocionar - Básico - Entende a necesidade de xerar interaccións variadas con diversos elementos narrativos que manteñan a atención e a persistencia na tarefa proposta en cada momento