Gallego

Cursos CALC 2026/2027

Summary: 

Cursos CALC nivel B2 e C1 para o curso 2026/2027
Gallego

Está aberto o período de inscrición en diversas actividades e niveis orientados ás persoas interesadas en completar a súa formación en lingua inglesa:

1º cuadrimestre:

  • C2601038 - Formación para profesorado en inglés. Nivel B2    
  • C2601039 - Formación para profesorado en inglés. Nivel C1    

 

2º cuadrimestre:

  • C2601036 - Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel B2
  • C2601037 - Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel C1

 

Máis información relacionada con este tipo de actividades (modalidade, horarios, datas, características, requisitos, etc.) en: https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=759

 

CALC 2026
CALC 2026

Astronomía sen etiquetas

Summary: 

Explorar o ceo desde os Polos creativos 16 de maio Cidade da Cultura - Santiago de Compostela
Gallego

Explorar o ceo desde os Polos creativos
16  de maio
Cidade da Cultura - Santiago de Compostela

Espazo das conferencias: auditorio do Edificio CINC

Espazos dos obradoiros: aulas 6, 7 ,8, 9, 10 Edificio Fontán

8 horas de duración

Astronomía sen etiquetas

cREAgal

Summary: 

Explora cREAgal
Gallego

Os recursos cREAgal son recursos educativos abertos (REA) desenvolvidos por profesorado galego. Estes REA cobren integramente o currículo de cada materia e baséanse en situacións de aprendizaxe nas que se propón un reto para o alumnado. No repositorio atópanse os recursos para o alumnado e as correspondentes guías didácticas para o profesorado, onde se explica como aplicalos na aula e a súa relación coa programación de exemplo de PROENS.

Para acceder aos contidos cREAgal pulsa aquí: cREAgal

Qué é cREAgal: Vídeo resumo

cREAgal
cREAgal

Diversos cursos de matemáticas en educación infantil e primaria en CFR A Coruña e Vimianzo

Summary: 

As persoas interesadas teñen aberto o período de inscrición nas seguintes actividades: C2501030 Matemáticas en educación infantil. Vivenciación e manipulación na aula (en Vimianzo) C2501031 Matemáticas en educación infantil. Vivenciación e manipulación na aula (en Coruña) C2501005 A vivenciación do currículo de matemáticas en educación primaria (en Vimianzo) C2501006 A vivenciación do currículo de matemáticas en educación primaria (en Coruña)
Gallego
C2501030  Matemáticas en educación infantil. Vivenciación e manipulación na aula

Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización:  22/10/2025  -  03/12/2025
Data límite de inscrición: 08/10/2025
Lugar: CFR de A Coruña, sección Vimianzo (IES Terra de Soneira)
Prazas:  20

Horas presenciais: 18 Horas non presenciais: 2

 

C2501031  Matemáticas en educación infantil. Vivenciación e manipulación na aula

Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización:  05/11/2025  -  26/11/2025
Data límite de inscrición: 23/10/2025
Lugar: Aula 4.2 CFR de A Coruña
Prazas:  20

Horas presenciais: 18 Horas non presenciais: 2

 

C2501005  A vivenciación do currículo de matemáticas en educación primaria

Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización:  03/12/2025  -  17/12/2025
Data límite de inscrición: 19/11/2025
Lugar: CFR de A Coruña, sección Vimianzo (IES Terra de Soneira)
Prazas:  20

Horas presenciais: 12


C2501006  A vivenciación do currículo de matemáticas en educación primaria

Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización:  15/10/2025  -  05/11/2025
Data límite de inscrición: 24/09/2025
Lugar: Aula 3.2 CFR de A Coruña
Prazas:  20

Horas presenciais: 12


Máis información e matrícula en fprofe
Cursos de matemáticas para infantil e primaria
Cursos de matemáticas para infantil e primaria

Metodoloxías activas en educación

Summary: 

Aberto o prazo de inscripción para os cursos "Metodoloxías activas en educación" con sede: 1. CFR Coruña - sección Vimianzo (no IES Terra de Soneira) 2. CFR Coruña - Edificio UNED
Gallego

Metodoloxías activas en educación

Referencia: C2501032
Temporalización:  23/10/2025  -  08/11/2025
Data límite de inscrición: 25/09/2025
Lugar: CFR de A Coruña na sección de Vimianzo (IES Terra de Soneira)

----------------------------------------------------------

Metodoloxías activas en educación

Referencia: C2501033
Temporalización:  11/10/2025  -  05/11/2025
Data límite de inscrición: 25/09/2025
Lugar: Aula 4.3 CFR de A Coruña

---------------------------------------------------------
Prazas:  20

Horas presenciais: 20

Competencias profesionais e Indicadores de competencias

Competencia didáctica - Acompañamento e avaliación - Básico - Identifica e aplica diferentes estratexias, instrumentos e procedementos de avaliación competencial que permiten valorar o progreso do alumnado, atender a súa diversidade e detectar as necesidades de formación

Competencia didáctica - Didácticas específicas e metodoloxías - Básico - Coñece e aplica diversas propostas didácticas e metodolóxicas a nivel xeral.

Obxectivos

1.Identificar estratexias de xestión da aprendizaxe fomentando a inclusión do alumnado.

2.Deseñar unha proposta didáctica innovadora, tendo en conta o desenvolvemento competencial e a creatividade.

3.Achegar técnicas e instrumentos de avaliación.

Contidos

1.Formación en metodoloxías activas a través do traballo colaborativo, da docencia compartida e da figura alumno/a-titor/a.

2.Deseño dunha proposta didáctica.

3.Técnicas e instrumentos de avaliación.

Observacións prazas: 
Esta actividade procede de: Metodoloxías innovadoras e inclusivas para unha aprendizaxe activa en educación infantil e primaria e Metodoloxías innovadoras e inclusivas para unha aprendizaxe activa en educación secundaria no curso 2023-24

Máis información e matrícula en FPROFE

 

Metodoloxía activas en educación
Metodoloxías activas en educación

Cursos de idiomas

Summary: 

Está aberto o período de inscrición en diversos cursos de destrezas en lingua inglesa.
Gallego

As persoas interesadas en completar a súa formación en lingua inglesa teñen aberto o período de inscrición en diversas actividades e niveis:

  • C2501049 - Formación para profesorado en inglés. Nivel B2   
  • C2501050 - Formación para profesorado en inglés. Nivel C1
  • C2501051 - Formación para profesorado en inglés. Nivel C1
  • C2501052 - Formación para profesorado en inglés. Nivel C2   

Estas actividades están orientadas ao traballo e actualización das distintas destrezas lingüísticas (listening, speaking, reading, writing and mediation).

Máis información relacionada con este tipo de actividades (horarios, datas, características, etc.) en: https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=759

Máis información sobre o proceso de inscrición nas actividades en:

https://centros.edu.xunta.gal/cfrcoruna/aulavirtual/course/section.php?id=17319

 

N.B.: O período de inscrición para os cursos CALC do 2º cuadrimestre aínda NON está aberto.

 

Cursos CALC 2025
Cursos CALC 2025

Curso de idiomas para o profesorado

Summary: 

Prolóngase o prazo de inscrición en diversas actividades relacionadas coa formación do profesorado en linguas estranxeiras.
Gallego

Está aberto o prazo para a inscrición nas seguintes actividades con prazas libres:

  • C2401040 - Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Francés nivel B2
  • C2401041 - Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel B2
  • C2401042 - Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel B2
  • C2401048 - Formación para profesorado en produción e comprensión oral. Portugués. Nivel A2

Consulta nas fichas das actividades requisitos, prazos de inscrición, lugares de celebración e datas.

Máis información sobre este tipo de cursos:

https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=759

Para máis información sobre o proceso de inscrición nas actividades consulta esta ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=1968#section-7

Cursos CALC 2025
Cursos CALC 2025

G2402024 HISTORIA, USOS E APRENDIZAXE DA LINGUA ESCRITA

Summary: 

Terá lugar o sábado 16 de novembro no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela
Gallego

A  Xornada G2402024 HISTORIA, USOS E APRENDIZAXE DA LINGUA ESCRITA que terá lugar o sábado 16 de novembro no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela e que ten como destinatarios o profesorado das etapas de infantil e primaria na que tentaremos respostar  a estas preguntas:

  • Que implica ensinar a ler e escribir?

  • Estamos formando lectores e escritores competentes?

  • Sabemos crear contextos que inviten a ler, escribir, falar e escoitar?

  • Como se respecta a diversidade do alumnado ante o difícil reto de mellorar a competencia lectora e escrita?.

Adxúntovos Programa da Xornada para difusión ao claustro por si fora do voso interese.

Aberto o prazo de inscripción en Fprofe co código G2402024:https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaBusquedaInscricionCursos.do

HISTORIA, USOS E APRENDIZAXE DA LINGUA ESCRITA
HISTORIA, USOS E APRENDIZAXE DA LINGUA ESCRITA

Boletín do CFR de A Coruña

Summary: 

Neste espazo poderá vostede acceder aos diversos exemplares do Boletín do CFR de A Coruña.
Gallego
Neste espazo poderá vostede acceder aos diversos exemplares do Boletín do CFR de A Coruña.
É esta unha publicación que se emite periódicamente. Xeralmente son dous números por ano e no que se poden atopar múltiples referencias a publicacións significativas e de impacto sobre temáticas variadas relacionadas co mundo da innovación, da formación, da didáctica...
Nesta publicación participa o persoal asesor do centro e, mesmamente, contamos con colaboracións externas de profesorado de toda as etapas educativas: educación infantil e primaria, secundaria, e Universidade.
Pretendendemos que sexa unha publicación actualizada e cun enfoque innovador e práctico e agardamos que sexa do seu interese.
 
 

 

Publicacións:

 
imaxe boletín CFR Coruña
Boletín CFR Coruña

Inscrición en cursos CALC

Summary: 

Prazas vacantes en cursos CALC
Gallego

Anúnciase a dispoñibilidade de vacantes nas seguintes actividades polo que se amplía o período de inscrición:

  • C2301015 Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Francés nivel B2
  • C2301056 Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Francés nivel B2
  • C2301057 Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel C1

 

Consultar a data límite de inscrición, requisitos, lugares de celebración e outra información nas respectivas fichas de cada unha das actividades.

 

Inscrición en FPROFE https://www.edu.xunta.gal/fprofe/

 

cursos CALC 2024
Cursos CALC 2024