Gallego

Espazo Educar no CPI As Revoltas

Summary: 

Charla sobre "Alimentación saudable" dirixida a familias.
Gallego

O venres 27 de maio ás 19:00 h. terá lugar unha actividade formativa no salón de actos do CPI As Revoltas.

A actividade está dirixida ás familias do alumnado dos centros educativos da bisbarra, e será impartida pola especialista Sandra Varela Amado.

 

 

Alimentación saudable, As Revoltas
Alimentación saudable, As Revoltas

Axudar a aprender

Summary: 

Venres día 6 de maio ás 17:00 en Camariñas conferencia de Hector Ruíz
Gallego

O venres 6 de maio ás 5 da tarde como parte das actividades Espazo Educar Costa da Morte  que o CFR da Coruña leva a cabo neste curso, o neurólogo Hector Ruíz falará de cómo ensinar a aprender, cómo aprendemos e cómo ensinar ó método científico na escola. Nesta ocasión a charla terá lugar no Museo do Encaixe de Camariñas.

Héctor Ruiz Martín (@hruizmartin) é neurobiólogo, investigador nos campos da psicoloxía cognitiva da memoria e o aprendizaxe en contextos educativos, e director da International Science Teaching Foundation. Tamén dedicou tempo a escribir divulgación sobre o aprendizaxe en ensaios como "Aprendiendo a aprender"(2020) e "¿Cómo aprendemos?. Una aproximación científica al aprendizaje y la enseñanza" (2020). 

Aprender a aprender con Hector Ruíz
Aprender a aprender con Hector Ruíz

Educa TIC

Summary: 

Arteixo Innovación.V encontro de experiencia Educa TIC o 4, 5 e 6 de maio de 2022.
Gallego

Arteixo Innovación. V encontro de experiencia Educa TIC o 4, 5 e 6 de maio de 2022.

Inscricións: Correo electrónico: educacion@arteixo.org ou teléfono: 981 64 72 94 - 981 65 91 41

Data límite: 3 de maio

                   Prazas limitadas ata completar aforo

Encontro presentado por Eva Iglesias, Xefa de informativos de COPE Coruña

4, 5 e 6 de maio de 2022 no Centro Arteixo Innovación Avda Arsenio Iglesias, 46, 15142 Arteixo, A Coruña

E ademáis os días 4, 5 e 6 de maio - Servizo de conciliación para asistentes: Actividades para nenos e nenas con previa inscrición

 

Educa TIC. V encontro de experiencias
Educa TIC. V encontro de experiencias

O enfoque CLIL en diversas áreas curriculares

Summary: 

Inscrición en diversas actividades vinculadas á estratexia Edulingüe 2030 (Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras) e relacionadas co modelo de ensino plurilingüe en diversas áreas curriculares.
Gallego

Está aberto o prazo para a inscrición nas seguintes actividades:

C2103003 - Creating learning opportunities for young learners in Arts and Crafts

C2103004 - Creating learning opportunities for young learners in Physical Education

C2103005 - Creating learning opportunities for young learners in STEAM

C2103006 - Creating learning opportunities with young learners in Musical Education

C2103008 - Enfoque CLIL na aula de Educación Física

C2103009 - Enfoque CLIL na aula de EPVA

C2103010 - Enfoque CLIL na aula de Música

C2103011 - Enfoque CLIL na aula de STEAM

C2103012 - Enfoque CLIL na aula de Xeografía e Historia

 

Consulta nas fichas das actividades prazos de inscrición, lugares de celebración e datas.

 

Para máis información sobre o proceso de inscrición nas actividades consulta esta ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=1968#section-7

 

Plurilingüismo activo
Plurilingüismo activo

Cursos CALC

Summary: 

Apertura dun novo curso CALC de nivel C2.
Gallego

Ábrese o prazo para a inscrición nun novo curso CALC de nivel C2. Para acceder a este curso é necesario posuír o certificado/título que xustifique o nivel de lingua C1, segundo a escala de niveis do MCERL (A1-A2-B1-B2-C1-C2). As persoas que non posúen esta titulación poden inscribirse para facer a Proba de Nivel.

O prazo de inscrición neste curso remata o 23 de setembro de 2021.

 

Máis información sobre os cursos CALC: https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=759

Cursos CALC
Cursos CALC

Proba de nivel cursos CALC (inglés)

Summary: 

Terá lugar o día 20 de setembro de 2021, de 18.00-20.00 no CFR de A Coruña.
Gallego

As persoas que desexen facer a proba de nivel para participar en cursos CALC poderán facer unha Proba de Nivel previa á participación en cursos CALC.

Esta proba terá lugar o día 20 de setembro de 2021, de 18.00-20.00 no CFR de A Coruña.

Para poder realizar esta proba os interesados deberán inscribirse en FPROFE na actividade C2102029 Proba de nivel para participar en cursos CALC.

O resultado desta proba indicará o nivel no que se pode inscribir o/a participante.

 

Máis información en https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=759

Proba de nivel CALC 2021
Proba de nivel CALC 2021

Cursos CALC

Summary: 

Inscrición nos cursos CALC.
Gallego

Ábrese o prazo para a inscrición nos cursos CALC. Para acceder a un curso CALC é necesario posuír o certificado/título que xustifique o nivel de lingua inmediatamente anterior, segundo a escala de niveis do MCERL (A1-A2-B1-B2-C1-C2).

O prazo de inscrición nestes cursos remata o 15 de setembro de 2021.

 

Información sobre os cursos CALC: https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=759

Cursos CALC
Cursos CALC

Guías para a formación do profesorado

Summary: 

Guías para axudar na procura e xestión das actividades de formación do profesorado organizadas polo CFR de A Coruña
Gallego

Ponse a disposición do profesorado unha serie de guías encamiñadas a facilitar a xestión das actividades de formación do profesorado organizadas polo CFR de A Coruña ou para axudar na procura de actividades ofertadas na rede de formación.  

LIGAZÓN ás guías (acceso aberto):

https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=1968

Guías para a formación do profesorado
Guías para a formación do profesorado

Espazo Educar

Summary: 

Curso de iniciación ás ferramentas dixitais educativas
Gallego

Dende o martes 27 de abril e ata o luns 10 de maio, terá lugar un curso de iniciación ás ferramentas dixitais educativas e estará dirixido á nais e pais do alumnado.

O curso terá lugar no CPI Cabo da Area de Laxe na aula de informática do edificio de secundaria.

Será impartido por o formador Óscar Rey Calo.

Espazo Educar
Espazo Educar

Dispoñibles as maquetas dos cursos de ferramentas dixitais, cursos básico e avanzado

Summary: 

Dispoñibles na web do CFR da Coruña as maquetas dos cursos básico e avanzado de ferramentas dixitais para o profesorado
Gallego
maqueta cursos básico e avanzado
maqueta cursos básico e avanzado