Gallego

O CAFI deséxavos felices festas

Summary: 

O CAFI deséxavos felices festas
Gallego
O CAFI deséxavos felices festas
O CAFI deséxavos felices festas

Situacións de aprendizaxe na área de matemáticas en educación primaria

Summary: 

Deseño, planificación e posta en práctica de situacións de aprendizaxe na área de Matemáticas en Educación Primaria, aliñadas co currículo LOMLOE, cun enfoque competencial, contextualizado e inclusivo.
Gallego

Este curso formativo aborda o deseño, planificación e posta en práctica de situacións de aprendizaxe na área de Matemáticas en Educación Primaria, aliñadas co currículo LOMLOE. O profesorado traballará desde un enfoque competencial, contextualizado e inclusivo, integrando problemas reais, metodoloxías activas e avaliación formativa, co obxectivo de mellorar a comprensión matemática do alumnado e favorecer a aplicación funcional dos coñecementos en distintos contextos.

Situacións de aprendizaxe matemáticas primaria
Situacións de aprendizaxe matemáticas primaria

cREAgal

Summary: 

Explora cREAgal
Gallego

Os recursos cREAgal son recursos educativos abertos (REA) desenvolvidos por profesorado galego. Estes REA cobren integramente o currículo de cada materia e baséanse en situacións de aprendizaxe nas que se propón un reto para o alumnado. No repositorio atópanse os recursos para o alumnado e as correspondentes guías didácticas para o profesorado, onde se explica como aplicalos na aula e a súa relación coa programación de exemplo de PROENS.

Para acceder aos contidos cREAgal pulsa aquí: cREAgal

Qué é cREAgal: Vídeo resumo

cREAgal
cREAgal

Diversos cursos de matemáticas en educación infantil e primaria en CFR A Coruña e Vimianzo

Summary: 

As persoas interesadas teñen aberto o período de inscrición nas seguintes actividades: C2501030 Matemáticas en educación infantil. Vivenciación e manipulación na aula (en Vimianzo) C2501031 Matemáticas en educación infantil. Vivenciación e manipulación na aula (en Coruña) C2501005 A vivenciación do currículo de matemáticas en educación primaria (en Vimianzo) C2501006 A vivenciación do currículo de matemáticas en educación primaria (en Coruña)
Gallego
C2501030  Matemáticas en educación infantil. Vivenciación e manipulación na aula

Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización:  22/10/2025  -  03/12/2025
Data límite de inscrición: 08/10/2025
Lugar: CFR de A Coruña, sección Vimianzo (IES Terra de Soneira)
Prazas:  20

Horas presenciais: 18 Horas non presenciais: 2

 

C2501031  Matemáticas en educación infantil. Vivenciación e manipulación na aula

Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización:  05/11/2025  -  26/11/2025
Data límite de inscrición: 23/10/2025
Lugar: Aula 4.2 CFR de A Coruña
Prazas:  20

Horas presenciais: 18 Horas non presenciais: 2

 

C2501005  A vivenciación do currículo de matemáticas en educación primaria

Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización:  03/12/2025  -  17/12/2025
Data límite de inscrición: 19/11/2025
Lugar: CFR de A Coruña, sección Vimianzo (IES Terra de Soneira)
Prazas:  20

Horas presenciais: 12


C2501006  A vivenciación do currículo de matemáticas en educación primaria

Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización:  15/10/2025  -  05/11/2025
Data límite de inscrición: 24/09/2025
Lugar: Aula 3.2 CFR de A Coruña
Prazas:  20

Horas presenciais: 12


Máis información e matrícula en fprofe
Cursos de matemáticas para infantil e primaria
Cursos de matemáticas para infantil e primaria

Metodoloxías activas en educación

Summary: 

Aberto o prazo de inscripción para os cursos "Metodoloxías activas en educación" con sede: 1. CFR Coruña - sección Vimianzo (no IES Terra de Soneira) 2. CFR Coruña - Edificio UNED
Gallego

Metodoloxías activas en educación

Referencia: C2501032
Temporalización:  23/10/2025  -  08/11/2025
Data límite de inscrición: 25/09/2025
Lugar: CFR de A Coruña na sección de Vimianzo (IES Terra de Soneira)

----------------------------------------------------------

Metodoloxías activas en educación

Referencia: C2501033
Temporalización:  11/10/2025  -  05/11/2025
Data límite de inscrición: 25/09/2025
LugarAula 4.3 CFR de A Coruña

---------------------------------------------------------
Prazas:  20

Horas presenciais: 20

Competencias profesionais e Indicadores de competencias

Competencia didáctica - Acompañamento e avaliación - Básico - Identifica e aplica diferentes estratexias, instrumentos e procedementos de avaliación competencial que permiten valorar o progreso do alumnado, atender a súa diversidade e detectar as necesidades de formación

Competencia didáctica - Didácticas específicas e metodoloxías - Básico - Coñece e aplica diversas propostas didácticas e metodolóxicas a nivel xeral.

Obxectivos

1.Identificar estratexias de xestión da aprendizaxe fomentando a inclusión do alumnado.

2.Deseñar unha proposta didáctica innovadora, tendo en conta o desenvolvemento competencial e a creatividade.

3.Achegar técnicas e instrumentos de avaliación.

Contidos

1.Formación en metodoloxías activas a través do traballo colaborativo, da docencia compartida e da figura alumno/a-titor/a.

2.Deseño dunha proposta didáctica.

3.Técnicas e instrumentos de avaliación.

Observacións prazas: 
Esta actividade procede de: Metodoloxías innovadoras e inclusivas para unha aprendizaxe activa en educación infantil e primaria e Metodoloxías innovadoras e inclusivas para unha aprendizaxe activa en educación secundaria no curso 2023-24

Máis información e matrícula en FPROFE

 

Metodoloxía activas en educación
Metodoloxías activas en educación

G2401085 Vivenciación matemática na aula. O sentido da medida e o sentido espacial en educación primaria

Summary: 

Curso de vivenciación das matemáticas na aula. O sentido da medida e o sentido espacial en educación primaria
Vivenciación das matemáticas
Gallego

Para ser competentes en matemáticas, o alumnado debe de adquirir unha serie de competencias específicas a través de saberes básicos. Estes saberes recóllense en 6 sentidos matemáticos que se traballan na aula. Neste curso traballaremos:

  • O sentido da medida baséase na comprensión e na comparación de atributos dos obxectos, entendendo as unidades e os instrumentos necesarios para facer medicións e relacionar as formas e medidas.
  • O Sentido espacial relaciónase cos aspectos xeométricos do mundo e constitúese pola identificación, representación e clasificación de formas, así como as súas propiedades, relacións e movementos.

 

Información importante:

  • Relatora: Marta Pérez Rodríguez
  • Datas:
    • 26 de febreiro
    • 12 de marzo
    • 19 de marzo
  • Horario: de 17:00 a 20:30h
G2401085 Vivenciación de matemáticas na aula.  O sentido da medida e o sentido espacial en E.P

G2402024 HISTORIA, USOS E APRENDIZAXE DA LINGUA ESCRITA

Summary: 

Terá lugar o sábado 16 de novembro no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela
Gallego

Xornada G2402024 HISTORIA, USOS E APRENDIZAXE DA LINGUA ESCRITA que terá lugar o sábado 16 de novembro no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela e que ten como destinatarios o profesorado das etapas de infantil e primaria na que tentaremos respostar  a estas preguntas:

  • Que implica ensinar a ler e escribir?

  • Estamos formando lectores e escritores competentes?

  • Sabemos crear contextos que inviten a ler, escribir, falar e escoitar?

  • Como se respecta a diversidade do alumnado ante o difícil reto de mellorar a competencia lectora e escrita?.

Adxúntovos Programa da Xornada para difusión ao claustro por si fora do voso interese.

Aberto o prazo de inscripción en Fprofe co código G2402024:https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaBusquedaInscricionCursos.do

HISTORIA, USOS E APRENDIZAXE DA LINGUA ESCRITA
HISTORIA, USOS E APRENDIZAXE DA LINGUA ESCRITA

S2401095 Vivenciación matemática na aula. O sentido numérico en educación primaria

Summary: 

Actividade para abordar o ensino e aprendizaxe do sentido numérico en educación primaria, experimentar a vivenciación e manipulación nas aulas de matemáticas de educación primaria e levar a cabo experiencias de vivenciación e manipulación de xeito guiado na aula.
Gallego

Actividade para abordar o ensino e aprendizaxe do sentido numérico en educación primaria, experimentar a vivenciación e manipulación nas aulas de matemáticas de educación primaria e levar a cabo experiencias de vivenciación e manipulación de xeito guiado na aula.

Programa
Programa

A historia, os usos e a aprendizaxe da lingua escrita

Gallego

Data de celebración: sábado 16 de novembro

Lugar de celebración: Palacio de Congresos de Santiago de Compostela

Horario: 9:00 -  20:00h

Horas: 8 horas

A celebración da Xornada: Historia, usos e aprendizaxe da lingua escrita xustificase pola necesidade de crear un espazo onde profundizar no proceso de ensino-aprendizaxe da lectura e a escritura dende un enfoque proposto por Myriam Nemirovsky, baseado nas investigacións de Emilia Ferreiro sobre o modo no que as nenas e nenos aprópianse do sistema de escritura

Obxectivo:

Difundir boas prácticas ao redor do ensino e a aprendizaxe inicial da linguaxe escrita, desde un enfoque significativo e funcional, intercambiando experiencias ao redor deste enfoque metodolóxico

 

Inscrición en fprofe:  G2402024

Programa provisional

 

A historia, os usos e a aprendizaxe da lingua escrita

Boletín do CFR de A Coruña

Summary: 

Neste espazo poderá vostede acceder aos diversos exemplares do Boletín do CFR de A Coruña.
Gallego
Neste espazo poderá vostede acceder aos diversos exemplares do Boletín do CFR de A Coruña.
É esta unha publicación que se emite periódicamente. Xeralmente son dous números por ano e no que se poden atopar múltiples referencias a publicacións significativas e de impacto sobre temáticas variadas relacionadas co mundo da innovación, da formación, da didáctica...
Nesta publicación participa o persoal asesor do centro e, mesmamente, contamos con colaboracións externas de profesorado de toda as etapas educativas: educación infantil e primaria, secundaria, e Universidade.
Pretendendemos que sexa unha publicación actualizada e cun enfoque innovador e práctico e agardamos que sexa do seu interese.
 
 

 

Publicacións:

 
imaxe boletín CFR Coruña
imaxe boletín CFR Coruña