Gallego

O CAFI deséxavos felices festas

Summary: 

O CAFI deséxavos felices festas
Gallego
O CAFI deséxavos felices festas
O CAFI deséxavos felices festas

S2303001 A biblioteca escolar como centro creativo das aprendizaxes

Summary: 

Encontros de 8 horas, dúas tardes de mércores en abril: 10 e 17 /04/2024 de 16.30 horas a 20.30 horas. Lugar: CAFI, Compostela, na biblioteca e na aula nova
Gallego

Dúas sesións prácticas e activas, con Gingko e creacións de  textos audiovisuais multiplataforma; e con Diego Rúa e Iván Pena e gamificación. Como optimizar as tablets en proxectos documentais audiovisuais, que facer arredor da impresora 3D, como integrar as placas de programación na narrativa do xogo... E o cobre adhesivo na biblio? E as construcións Kapla? Por suposto! Inscríbete e comparte.

Cartaz S2303001
S2303001 A biblioteca escolar como centro creativo das aprendizaxes

S2303001 A biblioteca escolar como centro creativo das aprendizaxes

Summary: 

Encontros de 8 horas, dúas tardes de márcoes en abril: 10 e 17 /04/2024 de 16.30 horas a 20.30 horas. Lugar: CAFI, Compostela, na biblioteca e na aula nova
Undefined

Dúas sesións prácticas e activas, con Gingko e creacións de  textos audiovisuais multiplataforma; e con Diego Rúa e Iván Sánchez e gamificación. Como optimizar as tablets en proxectos documentais audiovisuais, que facer arredor da impresora 3D, como integrar as placas de programación na narrativa do xogo... E o cobre adhesivo na biblio? E as construcións Kapla? Por suposto! Inscríbete e comparte.

Cartaz S2303001
S2303001 A biblioteca escolar como centro creativo das aprendizaxes

S2103002 - Encontros BE CAFI 2021 biblioteca escolar. Alfabetizacións múltiples e traballo por proxectos. Nivel II

Summary: 

Encontros de equipos de bibliotecas escolares activas da zona CAFI para poñer en común inquedanzas de nivel competencial 2 arredor das alfabetizacións múltiples e o traballo por proxectos. Se queres coñecer máis a túa veciñanza BE, non te perdas esta cita.
Gallego
  • Encontros de 8 horas: 4h. o 7 de outubro e outras 4h. o 14. Ambos xoves, de 16.30 a 20.30 horas.

  • Presenciais, na 1ª planta do CAFI.

  • Atoparanse os equipos BE CAFI de todas as ensinanzas, corpos e especialidades.

  • Recomendado só para quen xa teña experiencia en educación documental.

  • O prazo de inscrición remata o 24 deste mes. Código en FPROFE: S2103002.

 

ENCONTROS BE CAFI ALFIN ABP 2021
ENCONTROS BE CAFI ALFIN ABP 2021

Felicitación de Nadal 2018

Summary: 

O CAFI deséxavos unhas felices festas!
Gallego
Felicitación de Nadal 2018
Felicitación de Nadal 2018

Obradoiro de TIC ao servizo da biblioteca escolar e ALFIN. V16

Summary: 

Obradoiro práctico para aprender a usar ferramentas dixitais útiles na biblioteca escolar: LibreOffice, Drupal, Moodle, blogs, infografías, Issuu, Slideshare, ThingLink etc Realizarase no CAFI entre o 20 de febreiro e o 28 de marzo.
Gallego

Curso: Obradoiro de TIC ao servizo da biblioteca escolar e ALFIN. V16.

Referencia:  S1601089

Competencias profesionais docentes:

  • Investigador/a e innovador/a - Investigación formativa. TAC e ALFIN
  • Competente en TIC - Software.

Aula onde se celebrará o cursoDuración: 24 horas
Lugar: CAFI, Santiago de Compostela
Prazas: 20

Obxectivos:

1.Implementar o novo modelo de biblioteca escolar, que integra materiais impresos e electrónicos.

2.Aproveitar todas as posibilidades das TIC e da Web 2.0 para a xestión e dinamización da biblioteca escolar, o fomento da lectura e ALFIN/AMI.

3.Contribuír desde a biblioteca escolar á integración das TIC nos procesos de ensinanza e aprendizaxe de todas as áreas e materias, dotando ao profesorado de formación e recursos suficientes e actualizados.

Aula onde se celebrará o curso

Entre o 20 de febreiro e o 30 de marzo celebraremos no CAFI o curso “Obradoiro de TIC ao servizo da biblioteca escolar e ALFIN. V16”.

Será unha actividade eminentemente práctica, activa e participativa; pensada para que as persoas asistentes, docentes de E. Infantil, Primaria, Secundaria ou FP, aprendan efectivamente a usar diversas ferramentas que consideramos de gran utilidade para a organización da biblioteca escolar, a Alfabetización Mediática e Informacional do alumnado, a realización de proxectos documentais e a visibilización da nosa biblioteca.

Imaxe de portada do curso: Obradoiro de TIC ao servizo da biblioteca escolar e ALFIN. V16
Imaxe de portada do curso: Obradoiro de TIC ao servizo da biblioteca escolar e ALFIN. V16

Celebración das VII Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia

Summary: 

Na fin de semana do 17 e 18 de novembro celebráronse en Santiago de Compostela as VII Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia.
Gallego

Na fin de semana do 17 e 18 de novembro reuníronse no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela preto de mil docentes para celebrar as VII Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia, froito da colaboración entre a Asesoría de bibliotecas escolares e o CAFI, coa colaboración da Rede de Formación do Profesorado.

 

Estas VII Xornadas foron inauguradas polo Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, que, no seu discurso, puxo de relevo o papel das bibliotecas na mellora da calidade educativa, agradeceu o compromiso das persoas asistentes, e anunciou a presentación da segunda fase do Plan Lía o para o periodo 2016-2020.

 

Entre a nómina de expertos que colaboraron na actividade, contamos coa presenza de Andrea Giráldez, Xosé Tomás, Silvia González Goñi, Mónica Muñoz Sobrino e Asunción Carballo, Glória Durban, Maria Conceição Tomé, Carlos A. Scolari e Fran Alonso, e cunha selección de boas prácticas das bibliotecas escolares dos centros de ensino público de Galicia.

“Biblioteca Escolar, territorio das Artes” é o lema deste ano para as bibliotecas escolares de Galicia, e sobre esta idea versou a conferencia inaugural de Andrea Giráldez, así como varias das experiencias de centros. Outros relatorios ocupáronse de Alfabetización Informacional, literatura transmedia, biblioteca escolar e currículo, de lectura e de integración, completando un programa que abarca os diversos aspectos que conforman a función da biblioteca escolar.

Nesta ocasión, e por primeira vez, organizamos “A fume de carozo”, unha sesión de comunicacións breves para dar difusión a actividades innovadoras, que foi moi ben recibida e valorada polo público asistente.

Para clausurar estas xornadas interviu Carlos Scolari cun relatorio sobre narrativas transmedia, e Fran Alonso realizou unha magnífica exposición verbo de poesía, educación e tecnoloxía.

Inauguración das VII Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia
Inauguración das VII Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia

Alfabetización informacional (ALFIN) para bibliotecas escolares

Summary: 

Alfabetización informacional (ALFIN) para bibliotecas escolares, curso na Rede a celebrar no 1º trimestre do curso 2016-2017
Gallego

O  curso na Rede  "Alfabetización informacional (ALFIN) para bibliotecas escolares", aberto á participación do profesorado do ensino público de Galicia, celebrarase este primeiro trimestre, na Plataforma de Teleformación Galega, PLATEGA, 

O prazo de inscrición no curso na Rede remata o 25/09/2016.

A referencia é  G1601056.

O alumnado como suxeito activo da súa aprendizaxe debe aprender a traballar coas fontes informativas en alquera formato e soporte.
Básico para desenvolver competencias como a de aprender a aprender. Fundamental na Aprendizaxe Baseada en Proxectos, traballo colaborativo ou atención á diversidade.

Alfabetización Informacional (ALFIN) para bibliotecas escolares.
Alfabetización Informacional (ALFIN) para bibliotecas escolares.

Xornadas de intercambio de experiencias vinculadas a actividades de formación en centros

Summary: 

Prazas dispoñibles! Podedes facer a inscrición en FPROFE Mércores 28 e xoves 29 de setembro | EGAP (Santiago de Compostela)
Gallego

Xornadas de intercambio de experiencias vinculadas a actividades de formación en centros