Gallego

Día das Bibliotecas

Summary: 

Celebración, o 24 de outubro, do DÍA DAS BIBLIOTECAS
Gallego

Como cada ano desde 1997, este 24 de outubro celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA. Unha iniciativa da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil en lembranza da destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada el 1992 durante a guerra.

 

 

 

 

 

 

A celebración ten como obxectivo trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como espazo de encontro coa cultura e concienciar á sociedade da importacia da lectura  como ferramenta indispensable na formación e desenvolvemento das persoas e da comunidade.

 

 

 

 

 

 

 

 

  O mes de outubro dedícase, internacionalmente, ás bibliotecas escolares.

 

 

 

Os días 7 e 8 de novembro celebraremos, en Santiago de Compostela, as V Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia, unha actividade organizada en colaboración, pola Rede de Formación do Profesorado e a Asesoría de Bibliotecas escolares. No programa presentaremos experiencias de calidade das bibliotecas escolares galegas en temas como multialfabetizacións, traballo por proxectos, biblioteca e matemáticas. Contamos tamén coa presenza de expertos como Ricardo Gómez, escritor e matemático; Mónica Baró,profesora de biblioteconomía da UAB e experta en bibliotecas escolares; Javier Guallar , experto en curación de contidos en bibliotecas; ou José Manuel Pérez Tornero, director do Gabinete de Comunicación e Educación. Nestas Xornadas farase tamén a presentación do informe do Consejo de Cooperación Bibliotecaria sobre "Prospectiva das bibliotecas 2020: As dez áreas que máis van cambiar nas nosas biblitotecas nos próximos anos" e a da plataforma "Galiza le" de acceso ao libro electrónico.

 

 

 

 

 

Entre os meses de novembro e decembro realizaremos en Santiago o curso "Biblioteca escolar. Os proxectos documentais". O prazo de inscrición está aberto.

Dia da biblioteca 2014
Dia da biblioteca 2014
Dia internacional da biblioteca escolar.
Dia internacional da biblioteca escolar.
Día de la biblioteca
Día de la biblioteca
V Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia
V Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia

Novo MOOC do Intef

Summary: 

As preguntas de PISA e TIMSS: unha práctica para a aula
Gallego

O INTEF ofrece un novo MOOC, "As preguntas de PISA e TIMSS: unha práctica para a aula". Para acceder a toda a información e facer a inscrición preme na imaxe:

 

 

Novo MOOC do INTEF

Axudas para o deseño e aplicación de proxectos de mellora da aprendizaxe do alumnado

Summary: 

Consulta as bases.
Gallego

Para acceder a toda a información preme na seguinte ligazón que leva á páxina do INTEF.

ACCEDER

 

axudas_intef

Convocatoria de cursos do INTEF

Summary: 

Segunda edición do 2014 de cursos de formación en rede do INTEF.
Gallego

O Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado (INTEF) convoca 5.145 prazas, en 21 cursos, en red de formación permanente do profesorado.

Pódese consultar a convocatoria no B.O.E.  núm. 47, de 24 de febreiro de 2014.

A solicitude de inscrición faise mediante instancia, accesible por Internet.
intef

Convocatorias de interese

Summary: 

Convocatorias de interese
Gallego
  • Axudas para a elaboración de recursos didácticos para a súa incorporación ás plataformas de acceso público do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (ata 18 de setembro de 2014):

http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo-servicios/becas-ayudas-subvenciones/para-profesores/no-universitarios/elabora-recurso-didactico.html

  • XV Concurso Hispanoamericano de Ortografía do ano 2014:

http://blog.educalab.es/cniie/2014/09/02/xv-concurso-hispanoamericano-de-ortografia-del-ano-2014/

  •  XXX Premios “Francisco Giner de los Ríos” á mellora da calidade educativa 2014 (ata 15 de outubro):

http://blog.educalab.es/cniie/2014/08/21/xxx-premios-francisco-giner-de-los-rios-a-la-mejora-de-la-calidad-educativa-2014/

  • Formación do profesorado en rede (prazo de presentación de solicitudes: do 8 ao 22 de setembro):

https://sede.educacion.gob.es/catalogo-tramites/profesores/formacion/no-universitarios/formacion-en-red.html

 

 

 

 

 

 

convocatorias de interese

V Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia

Summary: 

Celebración en Santiago de Compostela das V Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia
Gallego

Os días 7 e 8 de novembro de 2014 temos previsto celebrar en Santiago de Compostela as V Xornada de bibliotecas escolares de Galicia (referencia: G1402014)

A Asesoría de bibliotecas escolares e o departamento de biblioteca escolares do CAFI colaboramos no programa e organización e estamos a traballar co fin de acadar unha actividade de interese e utilidade para o profesorado.

Esta é unha actividade aberta á participación de todo o profesorado; contamos con 1100 prazas e o prazo de inscrición non remata até o 19/09/2014.

V Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia
V Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia

Axudas para a creación de recursos didácticos

Summary: 

Resolución de 16 de xuño de 2014, da Secretaría do Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan axudas para a elaboración de recursos didácticos para a súa incorporación ás plataformas de acceso público do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Gallego
Resolución de 16 de xuño de 2014, da Secretaría do Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan axudas para a elaboración de recursos didácticos para a súa incorporación ás plataformas de acceso público do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
 
 
 
 
axudas
axudas

Plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2014/2015

Summary: 

O prazo de preinscrición é ata o 30 de xuño de 2014. O prazo de presentación de solicitudes remata o 29 de setembro de 2014.
Gallego

Xúntase a Resolución do 6 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2014/15.

  • O prazo de preinscrición é ata o 30 de xuño de 2014.
  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 29 de setembro de 2014.

Que son?

Plans específicos de formación permanente que, partindo dunha avaliación das necesidades do centro, permitan deseñar accións formativas destinadas á actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais do profesorado para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares.

Destinatarios

Centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Cada centro pode solicitar un único plan. Varios centros con necesidades comúns e proximidade xeográfica poderán presentar un plan conxunto.

Características

  • Os plans estarán integrados por un ou dous itinerarios formativos, que atenderán a algunha das liñas de actuación propostas.
  • Cada itinerario formativo constará, como norma xeral, de dúas ou tres actividades formativas (curso, grupo de traballo, seminario).
  • As actividades deberán estar integradas e secuenciadas nun proceso que inclúa a análise e elaboración de propostas didácticas, así como a súa aplicación á aula ou ao centro, e a reflexión e avaliación dos resultados.
  • Os plans presentados terán unha planificación mínima de dous cursos escolares e máxima de catro.
  • Debe participar máis do 40% do Claustro. Cada profesor/a pode integrarse como mínimo nun dos itinerarios que forman o plan.

Liñas de traballo

Os plans de formación tratarán, de xeito prioritario, a seguinte liña de actuación:

Programación, desenvolvemento e avaliación de competencias clave segundo os novos currículos.

Ademais, poderán tratar algunha das seguintes liñas:

  1. Planificación estratéxica das linguas no centro.
  2. Integración didáctica das TIC, e no uso para o traballo cooperativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital.
  3. Atención á diversidade e cambios metodolóxicos asociados.
  4. Convivencia escolar e clima da aula. Relacións coas familias.
  5. Mellora do desempeño profesional docente e actualización científica e didáctica do profesorado.
  6. Mellora da xestión dos centros (con especial atención á xestión directiva) e dos procesos de calidade.
  7. Programas europeos e internacionais: accións e plans de promoción e desenvolvemento.
  8. Biblioteca escolar, alfabetizacións múltiples e aprendizaxe por proxectos.

Máis información

a) As seguintes páxinas web

- Consellería: www.edu.xunta.es

- CAFI: www.edu.xunta.gal/portal/cafi    (apartado FORMACIÓN)

- CFR: A Coruña www.edu.xunta.gal/portal/cfrcoruna. Ferrol: www.edu.xunta.gal/portal/cfrferrol. Lugo: www.edu.xunta.gal/portal/cfrlugo. Ourense: www.edu.xunta.gal/portal/cfrourense. Pontevedra: www.edu.xunta.gal/portal/cfrpontevedra. Vigo: www.edu.xunta.gal/portal/cfrvigo.

b) Os seguintes teléfonos

CAFI: 981522411.

CFR: A Coruña: 981274221. Ferrol: 981370541. Lugo: 982251068. Ourense: 988241533. Pontevedra: 986872888. Vigo: 986202370.

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa: 981546513

c) Os seguintes enderezos electrónicos

CAFI: cafi@edu.xunta.es

CFR: A Coruña: cfr.coruna@edu.xunta.es. Ferrol: cfr.ferrol@edu.xunta.es Lugo: cfr.lugo@edu.xunta.es. Ourense: cfr.ourense@edu.xunta.es. Pontevedra: cfr.pontevedra@edu.xunta.es. Vigo: cfr.vigo@edu.xunta.es.

PFPP 2014 2015
PFPP

Plan anual de formación do profesorado 2014/2015

Summary: 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta o Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2014/2015. Este documento integra a oferta de actividades de formación e responde ás necesidades e demandas do profesorado ao que vai dirixido, así como ás estratexias, plans e programas que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria prioriza.
Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta o Plan Anual de Formación do Profesorado para  o curso 2014/2015. Este documento integra a oferta de actividades de formación e responde ás necesidades e demandas do profesorado ao que vai dirixido, así como ás estratexias, plans e programas que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria prioriza.

 

ACCESO DIRECTO AO PLAN 2014/15

 

 

plan de formacion 2015

Cursos de verán organizados polo INTEF

Summary: 

Cursos de verán de xullo a setembro
Gallego

Durante os meses de xullo e setembro de 2014, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en convenio coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), organiza doce cursos de verán dirixidos ao profesorado e aos centros educativos de todo o territorio nacional.
Para consultar a información:

Enlace ao post do INTEF coa  información sobre os cursos de verán

http://blog.educalab.es/intef/2014/05/21/cursos-de-verano-2014/


Enlace á convocatoria do BOE

http://www.boe.es/boe/dias/2014/05/24/pdfs/BOE-A-2014-5479.pdf

Enlace á sede electrónica    

http://www.mecd.gob.es/educacion-mecd/areas-educacion/profesorado/formacion/formacion-permanente/cursos-congresos/cursos/cursos-de-verano.html

 

 

 

 

 

 

 

 

cursos verán